CRÓNICAS 5ª XDA DA 1ª GALICIA DE VETERANOS E PREVIA DA 6ª : “O ATLÉTICO CARBALLO MÁIS LIDER TRAS UNHA XORNADA CON ENFRONTAMENTOS DIRETOS POR ARRIBA”.

 

O Atlético Carballo amosou o seu poderío o golear ao Club Veteranos Leiloio, (0-7), un dos equipos chamados a estar arriba o final de tempada. Os carballeses recuperan o liderato da 1ª Galicia de Veteranos da Costa xa que se lle deu por gañado o encontro anterior ante o SD Sofán, o cal ían gañando 0-5 cando se suspendeu o quedar sen o número de xogadores regulamentario o equipo sofanista, por lesión e tras comezar con 10 xustos, polo que os carballeses suman 3 de 3. Cae do primeiro posto o CF Cances, que estivo provisionalmente e que ten un encontro menos, xa que o seu encontro desta 3ª xornada non se xogará ata o 1 de Novembro. De gañar este encontrfo seguirían sendo líderes os do Atlético Carballo pois teñen uns números extraordinarios de 20 goles a favor por 0 en contra, polos 7-1 dos de Cances.

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

 

-ENCONTROS ESTELARES-

Veteranos SCD Malpica 0-1 Atlético Carballo SD

Encontro xogado de poder a poder e que puido ter calquer resultado pero un gol de Julián no 70 dáballe 3 puntos para seguir mandando na liga os carbaleses.

Campo : Pedra Queimada, (Malpica)

 

CD Cances 3-3 CF Mazaricos

O Cances deixou escapar 2 puntos nun encontro no qyue no 58´ía gañando por 3-0. Relaxación e tremendo final de encontro dos mazariquenses, que tralos goles locais de Miguel Ángel, (4´), Espasandín, (49´), e de novo Miguel Ángel, (68´), chegaba un panalti que lle valía a Alvite para poñer aos de Mazaricos no encontro, (74´), cerbán, (80´), e de novo Alvite, (90´), poñían as táboas no marcador.

Campo : O Vinculeiro, (Cances-Carballo).

 

-PREVIA 5ª XORNADA-

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”