O Sporting Zas caeu nun encontro no que foi de máis a menos.
GRUPO 1 A
4ª Xornada
Domingo 14 de Novembro
Outes CF 2-2 UC Cee
Hora : 17:00
Campo : “O Conchido”
Colexiado : Óscar Martínez Santos
Eloy adiantou aos da Serra aos 20 minutos e Bruno conseguía neutralizar o gol dos locais antes de ir o descanso, (42´). Xa na segunda metade os ceense conseguían poñerse por diante cun tanto de José a 3 minutos do final e cando parecía que os puntos ían cos visitantes, Lires del Río conseguía empatar “in extremis”, no tempo de desconto.
SCDR Esteirana 6-0 CF Lira
Hora : 16:30
Campo : “Xosé Luis Vara”
Colexiado : Rubén Rodríguez Vaamonde
O equipo esteirán pasoulle por enriba o liracho, en especial na primeira metade na que quedaba todo o peixe vendido. Adiantáronse os de Esteiro aos 13 minutos de xogo cun tanto de Raúl Lestón, e 3 minutos despois un gol en propia porta de Sebas, (16´), xa auguraba unha tarde mala para os visitantes que no 37´, cometían un penalti que materializaba Alberto Farinós, e xusto antes de irse a vestiarios, Codesido facía o 4-0. Xa na segunda metade Raúl Lestón, (75´) e Adrián, (86´), completaban o “set en branco”.
Camariñas FC 2-3 CD Muros
Hora : 16:30
Campo : “Hermanas Patiño”
Colexiado : Óscar Rey Sánchez
Sorprendeu o equipo muradán ao camariñán que viña de duas vitorias consecutivas, nunha primeira metade de postío. Adiantábanse os de Muros aos 16 minutos de xogo por medio de Iván, e poñían terra de por medio 2 minutos despois cun tanto de Xabier. Reaccionaba o equipo local e acurtaba distanzas por medio de Martín, (37´), e conseguían de novo os muradán abrir fenda cun tanto de Ramón, (45´), que era respondido polos camariñáns que de novo acurtaban cun gol de Víctor, pero a pesares dos intentos na segunda metade, non se movería o marcador.
Muxía CF 3-1 UD Monte Louro
Hora : 16:15
Campo : “Hermanas Patiño”
Colexiado : Juan Marcos Ríos Suárez
Encontro moi controlado na primeira metade polo Muxía que se adiantaba por medio de Xan Nogueira ao cuarto de hora e poñía terra de por medio dous minutos despois cun tanto de Isma. Xa na segunda metade o encontro ahríase para os loureses ao acurtar distanzas cun tanto de Miguel Verán. O choque finiquitábao para os muxiáns o vimiancés, Fran-Chute no treito final, (81´), para certificar a primeira vitoria dos da Vila da Barca.
Descansa : CD Baiñas
CLASIFICACIÓN
GRUPO 1 B
4ª Xornada
Domingo 14 de Novembro
SCD Malpica 3-1 Sporting Zas
Hora : 16:30
Campo : “Pedra Queimada”
Colexiado : Iván Ferreiro Santos
Comezou ben o equipo zacense e dispuxo de ocasións para poñerse por diante, pero sufreu a máxima do fútbol, “o que erdoa acaba pagando”, e na primeira chegada dos malpicáns, Lorenzo facía o 1-0, (17´). Antes do descanso chegaba o 2-0. Xa na segunda metade, cos malpicáns facendo baixar o ritmo do choque e buscando unha xogada para matar o choque. O gol que podería meter no encontros aos zacenses chegaba no 88´, pero era un espellismo pois estaban con 9 xogadores no campo, trala expulsión por protestar unha xogada dez minutos antes. Os expulsados eran Dani Mato e Iván Mato. Os malpicáns mataban o encontro no desconto.
SD Castríz 0-1 SD San Lorenzo
Hora : 17:00
Campo : “San Pedro”
Colexiado : Manuel Espasandín Romar
Fixo falla máis dunha hora de xogo para decidir o choque antre xalleiros e verdilleses. Alexis no 63 facía o gol dos de Verdillo, que sería a postre o que lles daba os 3 puntos e o liderato en solitario, trala derrota do Coristanco ante o Cabana, (0-1).
SD Coristanco 0-1 Cabana SD
Hora : 16:45
Campo : “A Rocheira”
Colexiado : Pablo Rama Cotelo
Un cabanés de sangue coristanquesa foi o que baixou da nube ao SD Coristanco que chegaba a este choque como lider indiscutible. Diego Mato aos 56 minutos de xogo facía o gol do Cabana que ven de menos a máis e xa esquece o mal inicio de campionato.
CD Nantón 1-2 UD Cerqueda
Hora : 16:30
Campo : “As Fontiñas”
Colexiado : Iván Ferreiro Santos
José Guillamet poñía por diante aos cerquedenses aos 24 minutos de xogo. Ledicia que lles duaraba pouco, pois José Souto conseguía igualar tras transformar un penalti, 3 minutos despois. Non se enrrugaron os malpicáns e pasada a media hora de xogo facía o 1-2 por medio de Breo, (37´), resultado que xa non se movería na segunda metade.
Descansa : Buño SD
CLASIFICACIÓN
-Foto: Sporting Zas
-Texto : piratasdemuxia