Crónicas 4ª Xornada
UD Corcubión 2-0 UD Cerqueda
Se había algunha dúbida de que o que lle pasou ao Corcubión na primeira xornada non era real, esta semana refrendouno, e trala goleada da ante o Castriz, encadeou dpous empates e a primeira vitoria. Unha vitoria moi traballada e sufrida. O primeiro gol da tarde chegaba aos 4 minutos de xogo, e tras un choque de xogado de poder a poder, podendo caer o empate ou a vitoria local, ocmo así pasou, foi no desconto final, cando Luis Lago pechaba o encontro batendo a Mario Rodríguez.
CD Muros 0-2 SD San Lorenzo
Primeira derrota dos muradáns, que sumaban 3 empates nos 3 encontros disputados, nun choque no que con tan só 4 minutos gastados Alejandro Taibo, abría o marcador, resultado co que se ían a vestiarios. Na segunda metade, unha pena máxima a favor dos visitantes, era materializada por Luciano, (61´), para sumar a terceira vitoria do curso para os de Verdillo.
UD Monte Louro 1-2 Cabana SD
Choque de moita disputa o que se viveu no Agra de Filgueira, e no que se adiantaban os cabaneses aos 25 minutos de xogo, cun tanto de Raúl Corzón. Pouco duraba a ledicia pois o seu homónimo, Raúl Fernández, desviaba un disparo a porta e batía ao seu compañeiro Diego Suárez, (37´), para poñer as táboas cas que se chegaba ao descanso. Xa na segunda metade e con ocasións para ambos, era Diego Méndez o que facía o definitivo 1-2, (77´).
SD Oza 2-5 SD Castriz
Segue sen collerlle o tino a competición o equipo ocense, e topouse cun Castriz moi forte de cara a porta e deixaba practicamente resolto o choque no primeiro periodo. Braulio en duas ocasións, (13´e 16´), e Adrián, (21´), deixaban as cousas moi costa arriba aos da parroquia carballesa. David López, (28´), paracía dar reacción aos locais, pero Juan Álvarez, mandaba aos equipos a ducha cun craro 1-4, (44´). David López repetía para o Oza a hora de xogo e Alejandro Pérez facía o 2-5 pouco despois, (74´).
Corme CF 2-1 Ponteceso SD
Derbi de rivalidade que se levaron os cormeláns que asestaron os goles en intres claves da poprimeira e segunda metade. Alejo Cambón facía o primeiro as portas do descanso, (39´), e Israel facía o segundo mediada a segunda metade. Tratou de meterse no encontro o equipo pontecesán, pero ante unha rochosa defensa cormelana, o gol que lles daba opcións a poder rascar algo chegaba demasiado tarde, no desconto por medio de Martín Puente.
UC Cee 0-1 Outes FC
Tiña unha dura proba o lider da competición, único equipo que sumaba 3 de 3 no que vai de liga, e superouna con moito traballo e ante un bo Cee, que tras irse a vestiarios co empate inicial, veu como na primeira chegada dos da Serra, Joao Vitor batía a Maikel Cambeiro, (48´), no que a postre sería o único gol do encontro, para manter aos outeses no máis alto en solitario e con pleno de vitorias.
Muxía CF 1-2 Camariñas FC
Funcionoulle a táctica a Juanillo, na Arliña, onde non hai moito sacaba un bo trunfo en semifinais da Copa co Fisterra. Desta volta co seu Camariñas, taponáballe as saidas o Muxía e facía dano unha e outra vez polas bandas. Tras unha primeira metade de control máis ca de ocasión e co vento a favor dos camariñáns, pasouse a unha segunda onde os do outro lado da ría soubero manexar mellor o coiro, e Mario tras un centro dende a banda batía a José Lema, de maneira impecable, (73´). Tentou meterse no encontro o equipo muxián, pero seguía sufrindo co fútbol por banda dos camariñáns, que voltaban a aseestar outro golpe en forma de gol, por medio de David Pasantes, (80´). O gol muxián chegaba demasiado tarde, no desconto e dende o putno de penalti, onde non fallou, Manu Nogueira.
Volantes de Baño FC 2-1 SD Coristanco
Levouse o duelo de dous dos fortes da categoría o Volantes, en especial gracias a unha boa primeira metade na que se puxo 2-0 con goles de David Pais, (24´), e Diego Iglesias, (34´), e soubo na segunda aguantar os arreons dos da Terra da Pataca, que se metían no encontro por medio de Mario Rodríguez, (74′), pero o encontro afeouse e pouco despois Mario Rodríguez por parte visitante e Pablo Martínez por parte local, verían ambos en 3 minutos, dous cartóns, e deixarían aos seus equipos con 10.
CLASIFICACIÓN
PREME AQUÍ e poderás ver os resultados do fútbol senior da costa e feminino.
-Fotos e Texto : piratasdemuxia
-Foto Corme-Ponteceso : Eduardo Cambón