CRÓNICAS 4ª XORNADA DA 3ª DIVISIÓN : VITORIAS DE FISTERRA, BERGANTIÑOS, DERROTA DO FABRIL E EMPATE DO SILVA.

 

 

SD Fisterra 3-1 UD Paiosaco

Día duro climatoloxicamente falando, no Arasolis, no que os de Jaime Sánchez acadaban os 3 primeiros puntos do campionato para os “verdiños”, cáseque 4 lutros despois. Adiantouse o equipo fisterrán no derbi cos de Peisaco aos 21 minutos de xogo cun tanto de Julián, gol co que se chegaría ata o descanso. Psada a hora de xogo Herbert facía o 2-0, (61´), para dar tranquilidade o equipo. Non foi ata o 75 cando o equipo verdibranco acurtaba distanzas e poñíase de cheo no encontro, cun tanto de Iván Torres, pero un minuto despois Julián facía o que sería o definitivo 3-1. Un gol moi protestado polos visitantes e que supoñía a expulsión do adestrador Juan Emilio Riveiro e pouco despois a do xogador Edu Días, que deixaba en inferioridade aos de Peisaco, (81´).

Bergantiños CF 3-1 Racing Vilalbés

Remontada do equipo carballés, que se coloca segundo a 2 puntos do Somozas que goleaba ao Viveiro no encontro da xornada, (1-5), no que estaba o liderato en xogo. Un Bergan que xogaba máis de media hora cun home menos por expulsión con dobre cartón de Tari, (22´e 59´). Adiantábanse aos 19 minutos de xogo os vilalbeses cun tanto en propia porta do propio Tari. Gol que neutralizaba antes do descanso Yelco. Tari, que estivo nas boas e nas malas, facía a igualada antes da sua expulsión, (59´), e xa cun home menos, Marcos Remeseiro, facía de penalti o gol da vitoria 3 minutos despois.

Fabril 0-1 CSD Arzúa

Un gol no deconto supuxo a primeira derrota para o Fabril de Juan Carlos Valerón e Manuel Pablo. Manuel Casal era o autor do gol dos da “Terra do queixo”, que deixaban o filial deportivista esnafrados na derradeira xogada do encontro cando xa se contaba co mal menor do empate.

Agrupación Estudiantil 1-1 SD Silva

Topouse cun tanto moi pronto o equipo do Ventorrilo no Municipal Santa Isabel, gol acadado por Justo Pardeiro aos 2 minutos de xogo, que era igualado por Manuel Rodríguez a media hora de xogo. Non se moveu o marcador na segunda metade e sumaba así o clube coruñés a cuarta igualada en 4 encontros

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia.


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies