CRÓNICAS 4ª XORNADA DA 3ª DIVISIÓN FEMININA : “MUXÍA, DUMBRÍA, CORME E CABANA DISTÁNCIANSE”.

 

Aquí tedes tódalas crónicas cos comentarios dos adestradores. De antemán agradecer a tódolos colaboradores as suas aportacións para facer estas crónicas tan extensas e con diferentes puntos de vista. Xornada pouco prolífica en canto a goles con tan só 24, dos que 16 foron en tres encontros, os xogados en Noia, Dumbría e Fisterra, nesta 4ª tirada da 3ª División Galega Feminina G2.  Muxía e Dumbría, seguen da man con pleno de vitorias coas da Capital de Nemancos primeira spor unha diferenza de +3 con respento as da Terra do Vakner. Por detrás a tan só 2 puntos Corme e Cabana e xa abrindo fenda de 3 puntos, (1 encontro), coas rapazas da Escola de Fútbol “Juan Cabrejo”. Destacar a primeira vitoria do CF Mazaricos no “derbi de proximidade”. Por outra banda Juan Salvadores, ao que lle desexamos toda a sorte do mundo e agradecemos as suas colaboracións, deixou o UD Cerqueda e no seu eido estivo o “eterno”, Dani García”, xogador do equipo senior dende que ten recordo, presidente, utilleiro…o ano pasado adestrador das rapazas, e volveu a selo.

 

-CRÓNICAS 4ª XORNADA-

 

SD Fisterra 0-2 Cabana SD

Fran Pequeño, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido moi disputado que o pouco de comezar encaixamos un gol pero seguimos traballando. No minuto 20 quedamos cunha xogadora menos trala expulsión da nosa porteira, e tendo que poñerse a miña dianteira baixo paus. Tralo lanzamento de un penalti que pararía seguimos ca acabeza alta e sobre a media hora de partido empatamos, e a falta de 7 minutos para o descanso poñíamonos por diante 2-1. Trala saida do descanso as miñas seguiron traballando, e dominando por momentos o partido. Despois de traballar duro non fomos capaces de aguantar e encaixamos 2 goles a falta de pouco tempo, o que lles daba a vitoria a dous minutos do final, isto deixábanos con un mal sabor de boca. Felicitar as miñas rapazas polo gran traballo feito no partido, cabeza alta e seguir traballando para seguir mellorando co paso dos partidos”.

José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Adiantouse pronto o Cabana cun tanto de Irene pero o Fisterra reaccionou e rondou a porta cabanesa. Nunha indecisión entre a porteira e defensa fisterrana aproveitou Alison pa facerse co balón e cando xa se dispoñia a marcar foi agarrada pola porteira local. Penalti e expulsión que parecía que iba deixar o choque sentenciado, pero a xogadora que ocupou o posto de porteira atallou o lanzamento de Aroa. Veuse arriba o Fisterra e cun tiro lonxano que se lle colou a Míriam entre as pernas empataban, e pronto se poñerían por diante cun gol o recoller un rexeite do longueiro. As cabanesas estaban despistadas e o empuxe local pese a estar con 10 impoñíase. Xa no segundo tempo o partido entrou nun ida e volta que aproveitou Adriana para empatar, e xa nos últimos minutos, a porteira Míriam saca unha falta lonxana que bota e pasalle por enriba a improvisada porteira local”.

SD Fisterra : Lucía Fernández, Paula, Lidia, Andrea, Jenifer, María Elena, Xaira, Jimena, Aroa, Lucía Marcote e Irene. Suplentes: Ana Isabel, Tamara, Zeltia, Rosa María e Tatiana.

Cabana SD : Míriam, Idania (Sara), Sheila, Aroa, Valeria (Aitana Suarez), Inma, Iría (Aitana Muiño), Irene, Alison (Jessi), Adriana, Sarai (Natalie).

Goles : 0-1, Irene, (7´); 1-1,Andrea, (30´); 2-1, María Elena, (38´); 2-2, Adriana, (67´); 2-3, Miriam, (88´).

Árbitro : Manuel Castro. Tres cartóns vermello amosou, algo pouco visto no fútbol feminino. Dous deles foron para xogadoras fisterranas, un para a porteir Lucía Fernández nun penalti que comete no 21, e outro no desconto final a Andrea Romero. Polo Cabana expulsou a xogadora Sheila no 70, que polo visto no acta foi tras ser cambiada.

 

Próximos encontros

CF Muxía-SD Fisterra

EF Concello Camariñas “Juan Cabrejo”Cabana SD

 

******

 

O Dumbría feliz no vestiario tralo trunfo.

 

CF Dumbría 4-0 EF C. Camariñas “Juan Cabrejo” 

Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría) : “Non eran poucas as baixas no equipo local para afrontar esta cuarta xornada, pero non son menos os argumentos que puxeron sobre o campo para solucionar un partido que arrincou con algo de nervio e imprecisión, pero que se foi madurando por parte das locales para resolver dominando ambas partes.
A defensa evitou calquer intento de achegamento comandada por unha Martina que veu como o largueiro na 1ª parte a privou de ir o descanso en ventaxa tras un bonito testarazo.

No arranque da 2ª Adriana faría pronto xustiza tras unha xogada colectiva aproveitando un rexeite. A portentosa “ponteportense”Kelly cun zapatazo dende o pico da area ampliou vantaxe. E Juliette faría tamén o seu gol para dar tranquilidade. Nunha xogada aillada Noa cortou cun agarrón a marcha dunha atacante rival vendo cartón amarelo a pesar de ir respaldada de Martina e Adriana. O disparo de Nuria foise alto sendo a xogada de máis perigo dun Camariñas espoliado pola sua numerosa afición. E outra porteña, Claudia, que viña demostrando a calidade con regates e varios intentos puxo o definitivo 4-0 cun golazo marca da casa. Puntos importantes e portería a cero antes da xornada de descanso”.

Juan Cabrejo, (Adestrador do EFC Camariñas) : “Foi un partido onde a pesar de derrota o equipo plantoulle cara ao favorito a quedar campeón cun traballo extraordinario a nivel defensivo. O primeiro gol do Dumbría nos minutos iniciais do segundo tempo cambiou o transcurrir do partido, e finalmente acabaríamos recibindo tres goles mais. Pese a derrota, o equipo sigue crecendo e dando pasiños adiante con moitas xogadoras que é a primeira vez que saltan a un terreo de xogo na súa vida”.

CF Dumbría : Lía, Carril, Noa, Martina, Sabela, Adriana, Yoli, María das Carisas, Kelly, Claudia e Juliette.
Entraron: Lissette, Reyes, Serena, Lucía e Icía.

EF C. Camariñas “Juan Cabrejo” : Keren, Uxía, Rosana, Elena, Paula Mouzo, Laura, Nuria, María, Cristina e Leticia. Suplentes : Alejandra, Lola, Ainoa, Beatriz e Daniela.

Goles : 1-0, Adriana, (48´); 2-0, Kelly, (55´), 3-0, Juliette, (66´); 4-0, Caludia, (90´).

Árbitra : Manuel Trillo. Amosoulle un amarelo a Noa do CF Dumbría.

 

Próximos encontros

EF Concello Camariñas “Juan Cabrejo”-Cabana SD

CF Dumbría : Descansa

 

******

 

O  Cerqueda feminino que xogou contra o Corme.

 

UD Cerqueda 0-2 Corme CF

Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido no que as nosas rapazas non estiveron cómodas en ningún momento do partido. Na primeira parte comezamos ben, pero non fomos quen de ter o control de partido necesario, e en poucos minutos xa se nos puxo o marcador adverso. O equipo intentouno, ainda sabendo que non tíñamos o día”.

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido malo pola nosa parte donde o único positivo foron os 3 puntos, deixando a portería a cero e dándolle minutos a todas. Entrenar duro ésta semana e a pensar no seguinte“.

UD Cerqueda : Valeria, Jimena, Tatiana, Tania, Irene, Lorena, Raquel, Vanesa, Uxía, Inés e Mariña. Suplentes: Sonia, Paula Casal, María Isabel e Alba.

Corme CF : Belén, Lucía, (Aurora), Laura (Salomé), Aroa, Ana, Nerea (Candela) Irene, Carla, Nati, (Cecilia), Cris, ( Mónica), e María.

Goles : 0-1, Natalia, (18´), 0-2, Cristina, (27´).

Árbitro : Vitor Recarei. Amoosulle un carón amarelo a Laura do Corme

 

Próximo encontro

Corme CF-CF Noia B

UD Cerqueda-UD Crocubión

 

******

 

Saque de curruncho das pontecesanas.

 

SD Dubra 0-1 Ponteceso SD

Marcos Antelo “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Primeiro partido para as do Puenteceso fóra da casa nesta nova categoría, Terceira Galega, contra o Dubra, nun campo que se fixo bastante pequeno para as visitantes que só puideron sumar ao marcador un tanto. Non foi o mellor partido das xogadoras de Curro xa que non tiveron acertadas na área visitante e que tenden a crecerse moito máis en terreo de xogo cunhas medidas máis extensas . A pesar diso tiveron múltiples oportunidades e demostraron que xogando en corto poden facer un mellor xogo e xerar un perigo constante .O único tanto do encontro viría na primeira metade por parte da killer do Puenteceso, Andrea, que o axustou moi ben ao segundo pau, un tiro que a porteira do Dubra non foi quen de poder atallar. As locais, que a penas saíron do seu campo gracias a un bo traballo das Pontecesás, puideron empatar o partido tras fallo nun pase no que a defensa e a gardameta visitantes non se comunicaron moi ben. Foi a propia central do Puenteceso, Ainhoa, que tras dar un pase peligroso salvou o gol no que case se convirtiría nun inxusto empate polo visto no terreo de xogo .

Tivemos moitas ocasións claras e chegadas por ambas bandas constantemente , dous goles, un de Claudia e outro de Myre, anulados por dubidosos fóra de xogo e un tiro de Laura Amado que a porteira das de Val do Dubra faría un auténtico paradón evitando a sentencia no marcador final. Foi un encontro no que a arbitraxe non foi moi favorable para as visitantes xa que sufriron os constantes erros do colexiado facendo que a distancia no marcador finalmente non fose maior“.

 

Ledicia nas pontecesanas pola vitoria a domicilio.

 

Ponteceso SD : María, Noe (Mantiñan 57′), Myre, Ainhoa, Laura R (Noemí 57′), Berdeal, Eva, Muíño, Oanes, Claudia (Saray, 82”), Andrea (Amado 82′).

Goles : 0-1, Andrea, (31´).

Árbitro : Eusebio Rodríguez. Expulsou a local, Lucía Rosa no 63 con vermello direto.

 

Próximos encontros

AD Nicrariense-SD Dubra

Ponteceso SD-Outes FC

 

*****

 

Outes FC 0-4 UD Corcubión

Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Empezou un partido bastante igualado, no que se peleaba moito no medio campo, con incursions rapidas dos dous equipos. A primeira parte foi a rachas, durante dez minutos as rapazas do corcubion apretaron moito, sobre todo coa sua banda esquerda,que Uxia defendeu con moito esforzo e bastante bo resultado. Ana tamen demostrou o que sabe facer, realizando varias paradas de gran mérito. No minuto 20 recibimos o primeiro gol pero refixemonos ben e tivemos varias ocasions claras para empatar e incluso adiantarnos. Recibimos un duro castigo xusto antes do descanso con dous goles moi desafortunado pola nosa parte.

A segunda metade, foi mais do anterior, con moitisima pelexa polos dous equipos, pero soubemos manter o tipo bastante ben. O final de novo a número 10 do Corcubión nun contragolpe moi rápido meteu o ultimo gol do partido”.

Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “Partido ao que chegábamos con moitas baixas, no que dominamos sen sair do campo contrario ata chegar 3-0 con goles de Maria, Alex e Trini a pase de Noa. Puideron ser máis pero a porteira do Outes estivo bastante acertada. Xa na segunda baixamos moito o ritmo e a intensidade pero sen que a nosa porteira tivese que facer moito. Algunha ocasión contada a favor nosa como un penalti parado ata o 0-4 final de Maria a moi bo pase de Cris“.

Outes FC : Ana, Claudia Otero, Alicia, Uxía, Xeila, María Molinos, Erika, Carla, Carmen, María Romero, María Engracia. Suplentes: Nerea, Paula, Soledad, Natalia e María José.

UD Corcubión : Elena, Alexandra, Victoria, Daniela, Cristina, Paula, Noa, María, Claudia, Helena, e Andrea. Suplentes: Carla Lema e Ana.

Goles : 0-1, María, (17´); 0-2, Paula, (44´), 0-3, Alexandra, (45´); 0-4, María, (90´).

Árbitro : Óscar Costa. Amosoulle amarelos a Xeila e Natalia do Outes.

 

Próximos encontros

Ponteceso SD-Outes FC

UD Corcubión-UD Cerqueda

 

*****

 

Primeiro trunfo da tempada das mazariquenses.

 

CF Mazaricos 1-0 AD Nicrariense

Juan Tunas “Rachón”, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido intenso na Picota. Empezaba un partido donde os dous equipos se basaban en balons longos das porteiras intentando buscar as espaldas das defensas contrarias para crear peligro. Unha primeira parte sen apenas ocasions e con moito mediocampismo. Xa na segunda parte as de mazaricos darian un pasiño adiante o que faria que tiveran mais ocasions pero tamen tomando mais riscos que apunto lle estiveron de dar mais de un susto. A 5 do final Mariña foi a mais lista de todas e meteuse entre a central e a porteira para darlle un gol as marelas que supón a primeira victoria da temporada. Partido moi serio das nosas donde a seriedade defensiva e creer hasta o final nos deron os tres puntos”.

CF Mazaricos : Valeria, Graciela, Sílvia, Tamara, Ánxela, Lua, Claudia, Leire, Antía, Iria Hermida, Mariña. Suplentes: Paula Maneiro, Paula Rodríguez, Iria Buján, Katia e Fátima.

Goles : 1-0, Mariña, (83´).

Árbitro : Óscar Rey. Amosoulle un amareloa  Mariña do Mazaricos.

 

Próximo encontro

AD Nicrariense-SD Dubra

Bergantiños FC B-CF Mazaricos

 

******

 

CF Noia B 3-4 CF Muxía

 Este encontro xogouse por acordo antre os clubes na tarde do Día do Pilar, (12/10/2023), e dél xa vos trouxemos a información no seu día. Un encontro no que as muxianas que viñan goleando nas anteriores xornadas, non se aroparon nunca cómodas, pero a calidade de Barca Toba e Patri Romaní resaltous para remontar un 2-1 en contra con dous goles de cada unha.

CF Muxía : Sheila, Andrea Domínguez, Patri Romaní, Barca Toba, Marta, Nerea Pazos, Raquel, Paula, Sara, Nerea Barrientos e Marcela. Suplentes: Elisa, Irene, Xeila, Andrea Insua, e Adriana.

Goles : 1-0, Uxía, (28´); 1-1, Barca Toba, (38´de penalti); 2-1, Xiana, (45´); 3-1, Uxía, (63´); 3-2, Barca Toba, (75´); 3-3, Patri Romaní, (82´); 3-4, Patri Romaní, (desconto).

Árbitro : Diego García. Cartóns amarelos a Uxía, polas locais e a Sheila e o adestrador Jose “Congui” polas visitantes.

 

Próximo encontro

CF Muxía-SD Fisterra

******

 

Descansou : AD Nicrariense

 

*****

 

-CLASIFICACIÓN E RESTO DE RESULTADOS : PREME AQUÍ

-CALENDARIO COMPLETO : PREME AQUÍ

 

*****

 

-Montaxe e Texto : Xosé Búa “Pirata”

-Foto Cerqueda : Dani García

-Fotos Ponteceso : Marcos Curro

-Foto Mazaricos : Jorge Villa “Gorrión”

-Foto Dumbría : Fran Figueroa