CRÓNICAS 4ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : “SPORTING ZAS NOVO LIDER TRALO EMPATE DO PORTEÑO QUE SE QUEDOU SEN PÓLVORA EN BUÑO”.

 

-CRÓNICAS 4ª XORNADA-

SD Laxe 2-1 CF Lira

Fíxoselle moi longo o encontro ao Lira, que tras adiantarse por medio de Jesús González aos 16 minutos de xogo, vía como este era expulsado con vermello direto no 36. Os lirachos que chegaron a Laxe con só 2 xogadores de refresco, vían como lles empataban os laxenses por medio de Mikel, antes da expulsión, (23´), e na segunda metade as forzas e o ímpetu dos laxenses fixeron que estes remontasen cun tanto de Bieito, (78´), sendo esta a primeira derrota liracha.

 

CD Nantón 4-0 SCD Malpica

Segue en caida libre un Malpica que ademáis quedou con 10 aos 15 minutos de xogo, por expulsión con vermello direto de Sergio Negreira, cando xa perdía por 1-0, con gol de Fran Gavín, (4´), e quedaba con 9 ca expulsión de Adrián Martínez, que vía o segundo amarelo no 67. Aí xa caían por 4-0, cos goles de Fran Gavín, (37´), e de Diego Pastoriza, que facía un dobrete, coma o seu compañeiro, (42´e 54´). Con todo eso, con 9 no campo, non recibiron ningún gol os da “Vila da vida”.

 

SCD Buño 0-0 CF Porteño

Perde o liderato o equipo da Ponte da Porto, en pos do Sporting Zas, ao mollárselle a pólvora, pois é o equipo máis goleador da liga, e viña cunha media de 6 goles por encontro. O encontro foi xogado de poder a poder e puido caer de calquer lado, e o seu treito final, volveuse máis brusco, con numerosas faltas e os conseguintes paróns no xogo. 

 

XORNADA SABATINA

SD Camelle 1-1 Atlético Pereiriña FC

Nunha tarde máis de sofá e manta que de xogar o fútbol, enfrontáronse no Rodeiro, campo moi complicado con chuvia, camelláns e ceenses, e todo o que tiveron que loitar co terreo de xogo, cas inclemencias meteorolóxicas, e con eles mesmos, decideuse nun minuto, o que vai do 50 ao 51, pois Adrián Pasántes adiantaba aos de Camelle no 50, para ledicia dos fieis siareiros camelláns, aos que pouco lles duaraba a ledicia, pois un minuto despois, e despois de sacar de centro, empataban por medio de Brais Lagoa os de Pereiriña.

 

CF Castrelo 0-0 CD Baiñas

Duro encontro o que se viveu no Municipal de Vimianzo, anegado pola auga caida duarante todo o día, e no que os veciños de Castrelo sumaban un gustoso punto, moi traballado, e os de Baiñas, que chegaban como claros favoritos, freaban e por enriba perdían a doous xogadores, que foron expulsados no desconto final, Héctor e Brais.

 

SD Ameixenda 1-5 Sporting Zas

Prácido encontro para o Sporting Zas, ao que non lle afectou a climatoloxía adversa, e que xa deixou o choque resolto na primeira metade, cun craro 0-3, con goles de Ánxo, (4´), Álvaro, (24´) e Adrián, (42´). A volta de vestiarios, Darío, xa deixaba todo resolto, (57´). De penalti Crístian Caamaño, poñía o gol da honra dos da parroquia ceense, e no 80, Iván Caamaño facía o definitivo 1-5. Os zacenses son os novos líderes, tralo empate do CF Porteño en Buño, (0-0).

 

Sporting Seaia CF 0-5 Xallas FC “B”

Soubo nadar mellor no Pedra Queimada o equipo xalleiro, que se ía o descanso con 0-2, con goles de Kevin, (25´), e Steven, (44´). A hora de xogo Adrián Forján, facía o terceiro, e completaban a “manciña”, Kevin, (71´) e Alejandro, (85´).

 

CLASIFICACIÓN

 

-Resultados de todo o Fútbol da Costa masculino e feminino : PREME AQUÍ.

-Tódolos resultados do Fútbol Base da Costa : PREME AQUÍ

 

-Foto e Texto : piratasdemuxia