Mazaricos CF 2-0 Volantes de Baño CF
Hora : 16:30
Campo : “Pedra d´ouro”, (Pino do Val-Mazaricos)
Colexiado : Óscar Santos Rodríguez. Amosoulle 4 cartóns amarelos aos visitantes, por 1 o conxunto local.
Nunha tarde fría pero solleira os da montaña derrotaban aos da costa, nun derbi moi disputado e no que Manolo Sueiro batía a Alberte aos 28 minutos de xogo. Puido darse calquer resultado ata que no 70 Mario facía o segundo dos mazariquenses. Con todo esto o choque non decaeu ata o pitido final.
SD Negreira 4-0 CD Belvís
Hora : 16:30
Campo : “Jesús García Calvo”, (Negreira)
Colexiado : Pablo Botana Rey. Amosoulle 2 cartóns amarelos a cada conxunto.
Deixou finiquitado o duelo o equipo nicranense no primeiro tempo con goles de Diego, (17´) o transformar un penalti, e complicábaselle a cousa aos visitantes cando Marcos introducía o balón en propia poprta aos 35 minutos de xogo. Alberto santes do descanso facía o terceiro, (43´). Xa na segunda metade co encontro máis ca controlado polos de Negreira, Gonzalo finiquitaba o choque, (67´).
SD Soneira 0-2 CD Baio
Hora : 16:30
Campo : “Platas Reinoso”, (Baio)
Colexiado : David Vázquez Lema. Amosoulle 2 cartóns amarelos o Soneira, por 1 o Baio.
Derbi dos de toda vida, con ambente nas bancadas e moita dispuata do balón. Foi mellor o equipo baiés no final da primeira metade na que se adiantaba por medio de Martín Fuentes, (38´) e soubo aos poucos do reinicio rematar a faena, cun tanto de Fran Chouza, (55´). Non decaeru en ningún intre o choque, no que puido haber máis goles.
CF Dumbría 1-0 SD Tordoia
Hora : 16:15
Campo : “O Conco”, (Dumbría)
Colexiado : Alberto Baña Tajes. Non sacou o tarxeteiro a paseo.
Un gol de Darío Capelo foi suficiente para que os dumbrieses sigan pugnando co SD Negreira no coliderato da liga. Non foi rival doado o equipo tordoiés que sumaba 2 vitorias nos 3 encontros anteriores.
Corme CF 0-2 Ponteceso SD
Hora : 16:30
Campo : “O Cairo”, (Corme)
Colexiado : Sergio Bermúdez Seoane. Amosoulle ao Corme CF un total de 4 cartóns amarelos e 1 vermello direto ao delegado do campo, Manuel F. Suárez e 5 amarelos aos pontecesáns.
Derbi moi disputado e con moito contacto físico, que se decideu no derradeiro treito do encontro cando Eloy Álvarez adiantaba aos da Terra de Pondal. O gol da sentenza chegaba xa antes do pitido final, no descotno e viña tras un penalti que transformaba Fran Montes.
Recollida solidaria de alimentos
No derbi antre Corme e Ponteceso os afeccionados do Corme CF en colaboración co clube recolleron alimentos para o Banco de Alimentos “Rías Altas”, da Coruña, como xa o fixeron tamén na xornada do sábado nos encontros das categorías de base.
CLASIFICACIÓN
-Foto : Jorge Villar “Gorrión”
-Texto : piratasdemuxia