2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA
-4ª Xornada-
O Dumbría segue crecendo tras empatar en Cee.
A 5ª xornada xogarase o 6 de Novembro, xa que esta vindeira fin de semana haberá parón polo Samaín. Si xogará o CF Mazaricos, que adiou o seu encontro ante o Rois para o vindeiro Domingo 30 de Outubro.
Grupo 2
UD Cerqueda 0-3 Sporting Cambre
Enfrontábanse no Xaviña de Buño os polos opostos da clasificación, o Sporting Meicende, lider indiscutible, que o gañou todo, e unas das colistas, que ainda non saben o que é puntuar, e con eses ingredientes, o máis normal era a vitoria visitante. Así foi, pero plantaron cara as cerquedenses ante un poderoso equipo. A primeira metade acabou 0-2 con goles de Naiara, (30´), e Ana Belén, (40´). Os poucos da reanudación, Iolanda facía o terceiro e definitivo, (52´).
Ponteceso SD 4-1 Xuventude Crendes CF
Histórica primeira vitoria do equipo pontevcesán que se fraguou nunha boa primeira metade, na que Andrea, por partida dobre, (20´e 24´), e Laura Ramos, (33´), deixaban a contenda encarrilada, para que nada máis voltar de vestiarios, Sílvia, deixara o encontro finiquitado. O gol da honra das visitantes chegaba no 80, por medio de Marta.
Estrea puntos no casilleiro o equipo pontecesán que sube a 12ª praza, por enriba de Cerqueda e Curtis, que non puntuaron ainda.
CCD Curtis 0-9 Corme CF
Gustouse e goleou o Corme Feminino ante as colistas. A primeira metade acabou 0-4, con goles de Natalia, Naroa, (2), e Cristina. Naroa repetiria na segunda metade con dous goles máis, e tamén marcaría, Carla, (2) e Julia.
As cormalanas suben a 7ª praza con 6 puntos a un só punto do UD Carral, que ocupa a derradeira praza de promoción.
Grupo 4
UC Cee 1-1 CF Dumbría
Plantoulle cara o equipo dumbriés, a un Cee, que viña con unha marcha máis co resto e que sumaba os seus choques por vitorias contundentes, con 29 goles a favor e tan só 1 en contra, pero desta volta tiveron que traballar a reo para savra un punto, pois foron as dumbrioesas as que se adiantaban no marcador, por medio de Paula Fandiño, (36´). O gol da igualada non chegaba ata a hora de encontro e conseguíao Sharay.
As ceenses ocupan a 3ª praza a 2 puntios do lider Xallas FC e do Cacheiras SD, 2º clasificado, e as dumbriesas ocupan a 7ª praza con 7 puntos, a 2 do ED As Miúdas que pechan os postos de promoción.
Xallas FC 3-1 AD Nicrariense
Encontro moi serio da xalleiras que se aupan a primeira praza por golaveraxe, co Cacheiras SD de compañeiras, cos mesmos 12 puntos,d e 4 vitorias en 4 xornadas. Yasmina abría o marcador para as de Santa Comba aos 11 minutos de xogo, e a media hora a sua compañeira Michelle, facía o 2-0, co que se chegaba ao descanso. Na primeira xogada de ataque da segunda metade, Noa facía o 3-0, (46´), e o gol das visitantes, chegaba en propia porta da xalleira, Candela aos 72 minutos de xogo.
ED As Miúdas 9-0 SD Dubra
Golada sen paliativos das muradanas, que se poñen en praza de promoción de ascenso, sumando a 3ª vitoria en 4 encontros. Lara en propia porta, e Patri, (2), ern as artífices do 3-0 co que se ía o descanso. Elba, Patri, Saray, Bárbara, Ximena e Marcela, facían os 6 da segunda.
As muradanas ocupan a quinta praza con 9 puntos, pechando a promoción, a 1 das cuartas e terceiras, e a 4 das segundas e das líderes.
CD Rois – CF Mazaricos
Este encontro xogarase o vindeiro 30 de Outubro a partires das 12:00 horas no campo de A Braña.
-Foto : Veteranos Dumbría
-Texto : piratasdemuxia.