CF Dumbría 5-0 CD Baio
Repaso do Dumbría a un descoñecido Baio, nunha extraordinaria segunda metade dos de Pablo Conde. Igualada a primeira metade, na que se adiantaban os dumbrieses por medio dun penalti que transformaba o fisterrán, Diego Estévez, (17´). Na segunda metade Estévez repatía a volta de vestiarios, (50´), e no 75, Raúl Añón, xa deixaba practicamente sentenzado o choque. Os desánimos no equipo baieses, deron pé a outros dous goles de Diego estévez, (79´e 81´), que firmaba así un “poker de goles”.
Xallas FC 2-1 SD Negreira
Trunfo “in extremis” dos xalleiros, que continuan así na estela do lider CD Lalín, que xunto os de Santa Comba, son os únicos que suman 4 de 4, sendo os lalinenses primeiros por golaveraxe. Carlos Riero adiantaba aos xalleiros no 19 e Brais empataba para os nicranienses pouco despois, (37´), o transformar unha pena máima. Cando todo apuntaba a un repartio de puntos, chegaba no desconto unha pena máxima, e non lle tremían as pernas a Esteban Capelo, para batir a José Dacuña, e seguir sumando trunfos.
SD Cruces 1-1 CF Mazaricos
Salvou un punto sobre a liña o equipo mazariquense cando todo apuntaba a unha vitoria local. Tras non moverse o marcador na primeira metade, pasouse a unha segunda na que Dani Soto adiantaba aos crucenses, (70´). Tirouse arriba o equipo mazariquense e o choque volveuse máis duro, con contínuas faltas e cortes do xogo, pero aparacía no desconto, Esteban Pereiro, para poñer as táboas no marcador.
Soneira SD 1-1 SCDR Esteirana
Reparto de puntos no derbi costeiro e no que os esteiráns xogaban máis de 20 minutos cun menos por expulsión de Adrián por dobre cartón, (55´e 69´). Adiantábanse os vimianceses por medio de Javi “Rubio”, aos 9 minutos de xogo, e o gol da igualada chegaba antes do descanso, por medio de Raúl Lestón, (38´), que segue en doce de cara o gol. Na segunda metade non se movería o marcador. A expulsión fixo perigar o resultado para os sureños, pero aguantaron as embestidas soneirenses.
RESTO DE RESULTADOS
CF Vista Alegre 0-4 CD Lalín
SD Tordoia 2-0 SR Calo
SD Agolada 0-0 Cidade de Ribeira CF
Puebla FC 2-0 CF Silleda
CLASIFICACIÓN
-Foto e Texto : piratasdemuxia