-Crónicas 4ª Xornada-
Xornada tremendamente goleadora con 43 e na que só dous equipos quedaron sen ver porta, o Volantes e o Baiñas. Seguen fortes Mazaricos e Castríz, que van da man na cabeza da táboa e con pleno de vitorias ambos. Histórica malleira do Corme o Cee, desas que hai que frotar os ollos para creelo, desas que tes que mirar a ver se lle colou un número o redactor, e máis tendo en conta cos cormeláns só sumaban 1 punto. Tamén goleou o Mazaricos o que o fai ser lider por golaveraxe, e igualmente o Muxía, que comezou a liga titubeante na casa con dous empates, pero que xa duas vitorias como vioisitante. Sen puntuar temos o Outes, Cabana e Volantes, que cubren así as derradeiras prazas da clasificación. No encontro do sábado o Camelle evitou a cuarta vitoria do Monte Louro cunha remontada trepidante o desconto final do encontro.
Rodrigo que fixo un “Hat-trick” rematando a gol ante Alexandro.
CF Mazaricos 6-0 Volantes de Baño FC
Completo encontro dos mazariquenses de principio a fin e con 2 goles en cada tempo o que fixo que os de Baño non tivesen opcións a nada. O lider con pleno de vitorias, (xunto co Castríz), foi demoledor. Rodrigo cun “Hat-trick” foi a estrela do encontro. Antes do senior xogaron amistosos os prebenxamín, benxamín e alevín de ambos equipos.
Goles : 1-0, Adrián, (34´); 2-0 Sueiro, (40´); 3-0, Rodrigo, (47´); 4-0, Rodrigo (55´); 5-0, Mario, (77´); 6-0, Rodrigo, (86).
Corme CF 10-2 UC Cee
Descalabro total dun Cee que chegou a Corme con 14 xogadores, dous deles porteiros, e que só fixo un troco. A primeira metade dos cormeláns foi para lembrar tendo en conta a entidade do rival. O descanso os do Roncudo fóronse cun resultado inimaxinable, sobre o papel, 6-0, con goles de Alejo, (3, o primeiro no minuto 9 de penalti), Sergio, Israel e Borja. Nada máis comezar a segunda metade Sergio repetía, e Bruno facía o 7-1, que como resposta viña o 8-1, obra de Yago, para que Ezequiel fixera o segundo dos ceenses. Un gol en propia porta de Julio e outro de Israel pecharon a goleada histórica dos de Corme.
VF Porteño 1-0 CD Baiñas
Era un dos choques da xornada pois a pasada tempada ambos loitaron polo título ata o derradeiro encontro de liga. Foi moitas xornadas lider o equipo da Ponte do Porto, pero perdeuno na penúltima xornada. Un baixón final dos de Javi Baña propiciou que o Baiñas se levase o título. Houbo friccións antre uns e outros, e había gañas deste encontro por ambas partes. Desta volta os porteños leváronse a vitoria para, para seguir por enriba na clasificación, e amosando que ambos equipos van a dar moita guerra nesta tempada. Un gol de Brais Tajes nada máis comezar o encontro mantén aos da Ponte na terceira praza a 2 puntos de Mazaricos e Castríz que comandan a liga.
Goles : 1-0, Brais Tajes, (8´).
Outes FC 1-3 Camariñas FC
Traballada vitoria do Camariñas que se adiantaba aos poucos de comezar o encontro cun gol de Djibril. Empataba Santamaría para os da Serra antes do descanso, e non sería ata pasada a hora de xogo cando Yuyo poñía por diante aos camariñáns. Non foi ata o desconto cando marcaba Mario e sentenzaba o choque que estivo aberto ata ese instante.
Goles : 0-1, Djibril, (8´); 1-1, Santamaría, (36´); 1-2, Yuyo, (64´); 1-3, Mario, (90´).
Manu Nogueira, (esq), na disputa dun balón con Miguelito.
Cabana SD 1-5 CF Muxía
Non daba atopado o seu fútbol o Muxía pero desta volta volveu a ser o equipo da pasada tempada e tras cuaxar unha boa primeira metade na que se ía ao descanso coa ventaxe de 0-2 con goles de Fran Moreira, o primeiro de penalti aos 3 minutos de xogo, e despois de encaixar o 1-2 a hora de xogo, reaccionaba rápido para volver a abrir fenda no marcador, e acababa goleando no treito final aproveitando os espazos que lle deixaba o equipo cabanés na procura de meter un gol que os puxese de cheo no encontro, pero topáronse cun Muxía que foi superior en moitas facetas do xogo. imón era o que acurtaba para os da casa e Pose, Iván Sambad e Michael completaban a goleada para os visitantes.
Goles : 0-1, Fran Moreira, (3´de penalti); 0-2, Fran Moreira, (33´); 1-2, Simón, (61´); 1-3, Isma Pose, (75´); 1-4, Iván Sambad, (87´); 1-5, Michael, (desconto).
SD Coristanco 2-2 Ponteceso SD
Deixouse quedar 2 puntos o Ponteceso ante un Coristanco que xogou máis de 70 minutos con 10 e no desconto con 9, por expulsión primeiro de Nico, (dobre cartón no 19´), e a de Daniel Vázquez xa no final. Adiantouse o equipo pontecesán, por medio de Hadrián aos pouco de comezar e non era ata a segunda metade cando Rodrigo igualaba a contenda. No treito final Hadrián repetía para os da Terra de Pondal, e parecía que este gol sería a sentenza, pero apareceu Alejandro para empatar e premiar o tremendo esforzo dos da Terra da Pataca.
Goles : 0-1, Hadrián, (7´); 1-1, Rodrigo, (70´); 1-2, Hadrián, (86´); 2-2, Alejandro, (desconto).
CD Muros 2-4 SD Castríz
Plantoulle cara o Muros a un dos equipos mellor en forma deste inicio de campaña, que xunto co Mazaricos comandan a liga con pletno de vitorias. Xavi poñía por diante aos muradáns no ecuador da primeira metade e Braulio xusto antes do pitido para o tempo de lecer igualaba a contenda. Xa na segunda metade, pasada a hora de xogoIván Facal poñía por diante aos xalleiros, pero voltaba a responder o equipo locatario cun tanto de Alonso, pero ainda que parecese que se ía a chegar co empate o final, no desconto Braulio e Sebas Rial, facían dous tantos para sumar a cuarta vitoria de 4 choques, deixando os de Muros co mel nos beizos. Nos muradáns veu vermello direto o adestrador Ángel Sanandrés no final do encontro.
Goles : 1-0, Xavi, (25´); 1-1, Braulio, (45´); 1-2, Iván Facal, (64´); 2-2, Alonso, (82´); 2-3, Braulio, (desconto); 2-4, Sebas Rial, (desconto).
-Xogado o sábado-
SD Camelle 3-2 UD Monte Louro
Encontro trepidante e entretido para os afeccionados o que se veu no Rodeiro de Camelle, unha vez máis cun ambente excelente. Iker Lado adiantaba aos de Louro o transformar un penalti xusto antes de irse a vestiarios. Gol psicolóxico, din os entendidos na materia, pero desta volta non foi así pois o veterano da costa, Carlos de Dido empataba as primeiras de cambio o voltar de vestiaarios. Álvaro farinónos pasada a hora de xogo voltaba a poñer por diante aos de Bibi, pero a emoción chegou para os camelláns no desconto pois a Roberto Baña, colexiado do encontro, non lle tremía o silbato para pitar un penalti, que transformaba Estiben. O gol deixaba descolocados aos sureños e Sergio ainda tiña tempo para facer o definitivo 3-2. Os camelláns xogaron cun menos dende o 74 cando vía un vermello direto Carlos Suárez, que levaba pouco máis dun cuarto de hora no campo.
Goles : 0-1, Iker, (44´); 1-1, Carlos de Dido, (48´); 1-2, Álvato Farinós, (61´); 2-2, Estiben, (90´); 3-2, Sergio, (desconto).
CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ
CALENDARIO COMPLETO : PREME AQUÍ