CRÓNICAS 4ª XDA DA PRIMEIRA FUTGAL G2 : “MUXÍA E CAMARIÑAS EMPATAN NO DERBI, O FISTERRA ESTREA VITORIA NA CASA E ESTEIRANA E CASTRIZ NON ARRANCAN”.

PRIMEIRA FUTGAL G2

4ª XORNADA 

  • CSD Arzúa 5-3 SD Tordoia

  • CF Cire de Melide 2-0 SD Castriz

  • SR Calo 4-3 SCDR Esteirana

  • Muxía CF 0-0 Camariñas FC

  • SD Fisterra 2-0 Boimorto CF

  • SD Cacheiras 1-1 Vizoño SD

  • Bastavales UD 3-1 Club do Mar

  • Bertamiráns FC 2-1 Praiña Sporting Club

  • Racing San Lorenzo 3-2 CCD Queixas

Comentario xeral da xornada

A 4ª xornada deixounos unha cabeza da táboa aínda máis apretada , co SR Calo mantendo o liderado con pleno de vitorias, seguido de preto por Arzúa e Bertamiráns. Nos partidos cos representantes da costa, destacou a remontada do Calo ante unha Esteirana que tivo o 1-3 a favor e acabou cedendo no desconto, o empate sen goles no derbi da ría entre Muxía e Camariñas no que a pólvora foise toda na traca de San Miguel que se estaba a celebrar en Muxía, e a primeira vitoria do Fisterra na casa, sólida diante dun Boimorto que non atopou opcións. Pola contra, o Castriz segue sen puntuar tras caer en Melide.

CRÓNICAS

 

CF Muxía 0-0 Camariñas FC

Declaracións dos adestradores

  • Sergio “Pataca” (Muxía CF):
    “Partido igualadísimo. Na primeira parte estivemos mellor e puidemos adiantarnos ata en tres ocasións, pero seguimos gafados cara á portería. Anuláronnos un gol por fóra de xogo que era legal. Na segunda parte o Camariñas estivo máis cómodo e tivo un tiro ao longueiro, nós tamén por medio de Congui puidemos levar os tres puntos.”

  • Juan Cabrejo (Camariñas FC):
    “Derbi ante un gran equipo como é o Muxía, disputado cun gran ambiente. O vento tamén foi protagonista: na primeira parte, co Muxía a favor, eles dominaron máis co balón e buscaron facernos dano polas bandas. Tivemos algunha contra perigosa. Na segunda, cambiaron as tornas, dominamos e buscamos encerrar ao rival, pero non acertamos, sobre todo nun tiro ao longueiro de Víctor. Bo punto nun campo moi difícil, que nos dá ánimos para o próximo partido.”

Goles: 0-0

 SD Fisterra 2-0 Boimorto CF

Primeira vitoria clara para o Fisterra no Arasolis. Os verdes adiantáronse cedo cun tanto de Guille e, nada máis volver do descanso, ampliaron distancias por medio de Luis Lago. O propio Lago sería expulsado cun vermello directo no minuto 65, pero o Boimorto non soubo aproveitar a superioridade.

Goles:
1-0, Guille (15´)
2-0, Luis Lago (47´)

Expulsado: Luis Lago (SD Fisterra, 65´, vermello directo)

 SR Calo 4-3 SCDR Esteirana

Partido tolo e cheo de alternativas. O Calo golpeou primeiro cun tanto de Adrián García, pero a Esteirana reaccionou con tres goles seguidos: Uxío, Antón e Pachi puxeron o 1-3 que parecía encarrilar o triunfo visitante. Sen embargo, no tramo final aparecería de novo Adrián García cun dobrete en apenas dous minutos para empatar o choque. Xa no desconto, Rosendo completaba a remontada para manter o pleno do Calo.
A Esteirana quedou cun home menos no minuto 85 pola expulsión directa de José Antonio.

Goles:
1-0, Adrián García (5´)
1-1, Uxío (9´)
1-2, Antón (14´)
1-3, Pachi (57´)
2-3, Adrián García (63´)
3-3, Adrián García (64´)
4-3, Rosendo (90´)

Expulsado: José Antonio (SCDR Esteirana, 85´, vermello directo)

 CF Cire de Melide 2-0 SD Castriz

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) :
Mal partido do Castriz e xusta victoria do Cire Melide. Empezou reñido o encontro o primeiro cuarto de hora, pero pouco a pouco foise afianzando o equipo local e nós amosamos os nervios e inseguridades do mal inicio de liga. Con balón moi imprecisos e sin balón correndo detrás do balón sin estar ben posicionados. Chegaría o 1-0 nun grave erro táctico noso. Fixemos varios axustes, logramos pasar o peor momento e chegar ó descanso co partido aberto.

Na segunda parte cando empezabamos a mellorar, outro grave erro individual deixoulle ós locais o 2-0 en bandexa. Coma ó perro flaco, pouco despois o árbitro acabou de rematar o partido cunha moi inxusta expulsión a Brais por dobre amarela.

Con nada que perder, sacudímonos os nervios e os nosos mellores minutos chegaron nesa última media hora cun home menos. Tivemos dúas boas ocasións para intentar meterlles algo de medo, pero unha a sacou un defensa baixo paus e a outra o porteiro cunha boa estirada na escuadra.

Toca reflexionar sobre este mal inicio de liga e empezar a tomar decisións”.

Goles:
1-0, Parrado (23´)
2-0, Óscar Carro (51´)

Expulsado: Brais (SD Castriz, 61´, segunda amarela)

Clasificación

  • 1-SR Calo – 12 pts

  • 2-CSD Arzúa – 10 pts

  • 3-Bertamiráns FC – 10 pts

  • 4-SD Tordoia – 7 pts

  • 5-CF Cire de Melide – 7 pts

  • 6-Bastavales UD – 6 pts

  • 7-Racing San Lorenzo – 6 pts

  • 8-Club do Mar – 5 pts

  • 9-Camariñas FC – 5 pts

  • 10-SD Cacheiras – 4 pts

  • 11-CF Muxía – 4 pts

  • 12-Boimorto FC – 4 pts

  • 13-CCD Queixas – 4 pts

  • 14-Praiña SC – 4 pts

  • 15-SD Fisterra – 4 pts

  • 16-Vizoño SD – 4 pts

  • 16-SCDR Esteirana – 1 pts
  • 16-SD Castriz – 0 pts
PREVIA 5ª XORNADA 
Domingo 05/10/2025

Os partidos dos equipos da Costa:

  • SD Castriz – Bastavales UD

  • Camariñas FC – SD Fisterra (derbi)

  • SCDR Esteirana – CF Muxía (derbi)

 

-Fotos e texto : Xosé Búa “Pirata”