CRÓNICAS 4ª XDA DA LIGA DA COSTA E MOITO MÁIS : “O CAMARIÑAS NOVO LIDER EN SOLITARIO”.

O Cee caia ante o Baio no Platas Reinoso.

 

O Camariñas golea a un descoñecido Mazaricos e ponse lider en solitario trala primeira derrota da tempada do Soneira, que contaba as xornadas por vitorias. A vitoria pola mínima do Monte Louro, (0-1), en Vimianzo pon aos loureses terceiros cos mesmos 9 puntos cos da Terra dos Moscoso. O empate do Corcubión co Porteño, (2-2), fai que xa non haxa equipos na liga co casilleiro de puntos a cero. Tamén acadaba esta xornada o Baio a sua primeira vitoria do que vai de liga na que sumaba un empate da primeira xornada e duas derrotas consecutivas.

 

LIGA DA COSTA

-4ª Xornada-

-06/10/2024-

CD Muros 1-5 Xallas FC

Cabana SD 1-1 Outes FC

Corme CF 0-1 CF Lira

Camariñas FC 5-0 CF Mazaricos

SD Coristanco 0-1 Ponteceso SD

UD Corcubión 2-2 CF Porteño

CD Baio 3-2 UC Cee

Soneira SD 0-1 UD Monte Louro

 

 

-CRÓNICAS-

 

Soneira SD 0-1 UD Monte Louro

Tivo que sufrir o Monte Louro para levarse os 3 puntos do Municipal de Vimianzo pero foi quen de aguantar e adiantarse no marcador aos 76 minutos de xogo cun tanto de Iker Lado, para logo defender o resultado ata un longo tempo de desconto e poñerse a un punto do novo lider, Camariñas e cos mesmos 9 putnos co Soneira que vai segundo por golaveraxe.

 

Camariñas FC 5-0 CF Mazaricos

Gran encontro dos camariñáns ante un Mazaricos que non acostuma a conceder tanto pero veuse superado polos de Cabrejo, en especial na segunda metade. Djibril facía o un a cero pasada a media hora de xogo, (39´), resultado co que se chegaba o descanso. Xa na segunda metade Mario Suárez facía o segundo, (50´), e o que deixaba xa tocado de todo aos de Marcos Domínguez era o terceiro, obra de novo de Mario, (75´), xa que pouco despois chegaba o cuarto, marcado por Martín, (80´). Xa con todo o peixe vendido, Djibril facía o da “manciña”, (87´), para colocar aos camariñáns líderes con 10 puntos de 12 posibles.

 

CD Muros 1-5 Xallas FC

Moi bo encontro do Xallas que desarbolou ao Muros en menos de media hora poñéndose 0-3, con goles de Doro, (6´de penalti), e Dani Barbeira por partida dobre, (11´e 29´). esto unido a que o muradán Juan Rey vía o vermello direto antes do descanso, fixo que os de Bruno Prego tivesen un prácido encontro. Adrián facía o cuarto no 78, e un minuto despois Javier García, (79´), poñía o gol da honra. Adrián Couto no 82 pechaba a goleada xalleira, para sumar a primeira vitoria do seu retorno a Liga da Costa. 

 

Cabana SD 1-1 Outes FC

  Adiantouse o cadro outés o filo do descanso cun tanto de Álvaro Sanchiño, (40´), e non era ata o 66 que empataba para os cabaneses Mario. Puido caer o partido de calquer banda pero o final non se rompería o marcador. O Outes sufría a expulsión de Kevin Lariño no desconto final por dobre cartón amarelo, (91´e 93´).

 

Corme CF 0-1 CF Lira

Un gol do veterano, Roberto Amoedo no 72 dáballe os 3 puntos a un Lira que se asenta na parte alta e que non deixaba facer a un Corme que veu como no treito final o encontro curtábase moito con faltas propias que supuxeron ata 4 cartóns amarelos nos instantes finais.

 

SD Coristanco 0-1 Ponteceso SD

Chegaba o Ponteceso a Rocheira cos duas derrotas consecutivas e tan só un punto do empate da xornada inicial ante o Cabana, (1-1), pero foi quen de asaltar o campo coristanqués gracias a un solitario tanto de Martín Souto, (72´). Tentárono os coristanqueses pero topáronse cun moi serio equipo pontecesán.

 

UD Corcubión 2-2 CF Porteño

Empate épico dos corcubioneses que lles supuxo ademáis o primeiro punto da tempada para deixar a liga sen equipos faltos de abrir o casilleiro. Púxose na primeira metade o Porteño 0-2 con goles de Alfredo, (38´) e Pardiñas, (39´). Repúxose do mazazo ds primeira metade o equipo de Lema e foi quen de empatarlle a un Porteño que si en algo destaca e no bo entramado defensivo, e fixérono os corcubioneses tras acurtar por medio de Iago Lema, (49´), a volta de vestiarios e despois empatar no descotno final por medio de Fernando, e cando xogaban cun menos por expulsión con vermello direto de Samuel, (88´).

 

CD Baio 3-2 UC Cee

Precisaba o Baio xa dunha vitoria tras un inicio malo e consigueuna por corxe, remontando por duas veces a un Cee que se adiantaba por medio de Fidalgo, (5´), empataba Antelo para os baieses, (15´), e voltaba a poñerse por diante o equipo ceense cun gol de Ezequiel, (61´). Xa no treito final, Martín MC, conseguía empatar, (87´), e sen tempo a reaccionar para os de Rafa Suárez, Aitor facía o da remontada baiesa, (88´), para levarse a primeira vitoria do curso.

 

-CLASIFICACIÓN-

-3ª Xornada-

 Camariñas CF : 10 puntos

 SD Soneira : 9 puntos

 UD Monte Louro : 9 puntos

 CF Lira : 8 puntos

 SD Coristanco : 7 puntos

 CF Porteño : 6 puntos

 Corme CF : 6 puntos

 Xallas FC : 5 puntos

 CD Muros : 4 puntos

10º CD Baio : 4 puntos

11º Ponteceso SD : 4 puntos

12º CF Mazaricos : 4 puntos

13º Cabana SD : 3 puntos

14º UC Cee : 3 puntos

15º Outes FC : 3 puntos

16º UD Corcubión : 1 puntos

 

 

-PREVIA-

-5ª Xornada-

-13/10/2024-

CD Muros-Cabana SD

Outes FC-Corme CF

CF Lira-Camariñas FC

CF Mazaricos-SD Coristanco

Ponteceso SD-UD Corcubión

CF Porteño-CD Baio, (Sábado 12/10 ás 17:00)

UC Cee-Soneira SD

Xallas FCUD Monte Louro

 

P.D. : Por mor dunha operación nun ollo e ata que todo quede ben non podo estar moito tempo fronte o ordenador, este é o motivo de non traer as crónicas coma normalmente. Tiramos de actas e dalgún comentario que nos chega. De todos modos o adestrador que queira mandarnos o seu comentario, (como xa fan algúns), será leido e resumido dentro do posible.

 

-Fotos eTexto : Xosé Búa “Pirata”