CRÓNICAS 4ª XDA 3ª DA COSTA : “O XALLAS LIDERA EN SOLITARIO COS 3 EQUIPOS MALPICÁNS A SUA ESTELA”.

 

Aquí tes as crónicas da xornada da 3ª da Costa, desta maneira provisional a espera de poder voltar coma todos estes anos a traervolas cos comentarios dos adestradores, que nalgúns casos estánnos mandando o seu comentario do choque.

Siguen fortes o Xallas, e Cerqueda, liderando en solitario os xalleiros con pleno de vitorias nas 4 xornadas disputadas, e os cerquedenses segundo pero con 3 encontros xogados, e con pleno en todos eles. Destacar a vitoria do Malpica que se encarama o terceiro chanzo da clasificación aproveitando a derrota do veciño Buño a mans do Zas, o que fai que haxa un triple empate a 9 puntos antre os 3 equipos malpicáns, pero co Cerqueda cun encontro menos.

 

-CRÓNICAS 4ª XORNADA-

 

O Cerqueda no San Paio de Refoxos.

 

SD Ameixenda 0-4 UD Cerqueda

Encontro dominado polo equipo cerquedense que se foi o descanso co choque solucionado cun craro 0-3 con goles de Eloy, Suso e Palermo. Na segunda metade só se veu un gol, pero houbo ocasións para que os visitantes marcaran algún máis, dispoñendo de varios tiros a madeira. Eloy que abrira o marcador, foi o encargado de pechalo. Nos da parroquia malpicana Marcos sufru un pinchazo i é dúbida para o seguinte encontro.

Goles : 0-1, Eloy, (12´); 0-2, Suso, (38´); 0-3, Palermo, (44´); 0-4, Eloy, (51´).

 

SCD Buño 1-3 Sporting Zas

Gran encontro de trabalo e sufrimento do Zas que tivo que remontar na primeira metade o gol inicial de Miguel Dourado aos poucos de comezar o choque e fíxoo pasada a media hora de xogo con goles de Javier Suárez e Lucas, este último de penalti. O choque estivo aberto en todo intre e en especial nos derradeiros 25 minutos, pois os zacenses que xa chegaban o envite con só dous trocos, e facían un nos derradeiros minutos de xogo, quedaban cun menos no 73 por expulsión con dobre cartón de Touriñán. O gol da sentenza chegaba no desconto por medio de Ronny.

Goles : 1-0, Miguel Dourado, (9´); 1-1, Javier Suárez, (26´); 1-2, Lucas, (38´ de penalti); 1-3, Ronny, (desconto final).

 

SCD Malpica 3-0 Atlético Pereiriña FC

Deixou encarrilado o encontro o equipo malpican na primeira metade, na que se ía a vestiarios coa ventaxe de 2-0 con goles de Ibra, que tras unha segunda metade de control, nadar e gardala roupa, completaba un “Hat-trick”, pera pechar o encontro, cando xa poucas eran as esperanzas de puntuar dos da parroquia ceense. A tenor da acta os da Pereiriña sufrían a expulsión de Chrístian, sen chegar a entrar no campo e no minuto 87.

Goles : 1-0, Ibra, (2´); 2-0, Ibra, (17´); 3-0, Ibra, (90´).

 

SD Soneira 6-2 CD Nantón

Encontro sen moita historia e no que acabou a primeira metade 3-1, con ese gol nantonén antes do pitido do descanso e que daba pé a pensar que se vería outra cousa, pero na segunda metade o equipo vimiancés amosou o seu poderío rematador.

Goles : 1-0, Brais, (4´); 2-0, Basti, (29´); 3-0, Ricardo, (40´); 3-1, Redondo, (45´); 4-1, Basti, (60´); 5-1, Alberto, (71´); 6-1, Basti, (83´); 6-2, Andrade, (86´)

 

-Encontros do sábado-

 

SD Laxe 0-2 Xallas FC

Cuarta vitoria consecutiva dos de Jorge Quintáns que dorme líderes e seguirán pase o que pase gracias ao empate do filial do Sofán na tarde deste sábado, que eran os únicos que os podían igualar no máis alto. Fernando adiantaba aos xalleiros na segunda metade tras unha primeira na que non se movía o marcador. Non se clarexou a cousa a favor dos do interior ata o desconto cando Rubén Sande poñía o definitivo 0-2 ante un Laxe que sempre buscou a igualada para meterse de cheo a pola vitoria.

Goles : 0-1, Fernando, (55´); 0-2, Rubén, (90´).

CF Lira 3-1 Sporting Seaia CF

Encontro que se resolveu na primeira metade na que o Lira fixo un gran encontro e que chegou a poñerse 3-0, con goles de Gael, Rubén e Roberto. Mario xusto antes de irse ao descanso puxo o 3-1 que daba esperanzas para a segunda metade pero os lirachos ofreceron moito oficio e non se movería o marcador.

Goles : 1-0, Gael, (6´); 2-0, Rubén, (8´); 3-0, Roberto, (39´); 3-1, Mario, (45´).

SD Oza 1-1 SD Sofán B

Encontro que se lle puxo de cara ao filial do Sofán a media hora de xogo e que veu como os veciños e de Oza que teñen como feudo o propio campo sofanista, lles empataban 10 minutos despois. A segunda metade non tivo goles pero si movemento e emocións. Os de Barca quedaban cun menos a hora de xogo e él mesmo era expulsado pouco despois. A pesares das adversidades o resultado non se movería.

Goles : 0-1, Adrián, (32´); 1-1, Nacho, (40´).

 

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

Calendario completo : PREME AQUÍ

 

-Foto Cerqueda : O clube

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”