CRÓNICAS 3ª XORNADA LIGAS DA COSTA GRUPO 1A E GRUPO 1B : “ESTEIRANA E CORISTANCO LIDERAN OS GRUPOS”.

O SD Coristanco lidera o Grupo 1B,

 

GRUPO 1 A

Domingo 07 de Novembro 

CF Lira 0-2 CD Baiñas

Hora : 16:30

Campo : “Lombáns”, (Carnota)

Colexiado : Manuel Espasandín Romar. Expulsou con vermello direto aos locais, Alberto, (44´) e Manuel Cartamil, (98´).

Moi costa arriba se lle puxo o encontro o CF Lira cando xusto antes do decanso vía como perdía o meta Alberto con vermello direto e caendo por 0-1 con gol do baiñés, Raúl, (27´), mediado este primeiro tempo. Xa na segunda metade e buscando a igualada chegaba a segunda expulsión, a do zagueiro Manuel Cartamil. O gol que pechaba o encontro para os de Baiñas, chegaba no 88´, por medio de Carlos Antelo. Chegaba así a primeira vitoria para os da parroquia vimiancesa, que xa saben o que é, gañar, perder e empatar, nos 3 choques que levan xogado.

 

UC Cee 0-2 SCDR Esteirana

Hora : 12:00

Campo : “Sampaio de Refoxos”, (Xallas-Cee)

Colexiado : David Cancela García

Aguantoulle o pulso o equipo ceense ao esteirán que non se levou o encontro ata o suspiro final. Non choque xogado de poder a poder, sentoulle mal o equipo ceense o treito final. pois era no 88 cando os das Salinas poñíanse por diante no marcador, cun tanto de Carlos Lestón. Sin nada que perder fóronse arriba os da Vila da Xunqueira e Brais no desconto mataba o encontro, para deixar os de Esteiro líderes en solitario, sendo os únicos que contan por vitoria os 3 encontros.

 

CD Muros 2-1 Outes FC

Hora : 16:30

Campo : “Eleuterio Balayo”

Colexiado : José Luis Pita Rey

Tras unha primeira metade na que non se moveu o marcador chegou unha segunda na que Rober Solís adiantaba aos da Serra cun tanto de penalti, (55´), o seu sexto gol en 3 encontros. Pouco durou a ledicia na casa Outes, pois 3 minutos despois un novo penalti, desta volta a favor dos da casa, era transformado por Xabier, (58´). Cando todo apuntaba que ía a haber reparto de puntos, Gesto batía a Alejandro, para que os puntos se quedasen no desconto para os da casa.

 

UD Monte Louro 0-1 Camariñas FC

Hora : 17:00

Campo : “Hermanas Patiño”

Colexiado : Miguel Ferrol Muñíz

Chegaba o Camariñas a Louro coa moral alta trala goleada do seu primeiro encontro, (descansou na 1ª xornada), e fronte estaba dos que ainda non sabe o que é puntuar. Plantou cara a derrota o clube lourés que veu como os camariñáns se levaban o choque no descotno cun gol de Mario Suárez, un trunfo para o presidente Vicente Carril, que cumplía estes días 93 anos de idade, ao cal felicitamos dende aquí, xa que sabemos que é un gran seguidor da nosa web dende sempre.

 

Descansa : Muxía CF

 

CLASIFICACIÓN

 

GRUPO 1 B

Domingo 07 de Novembro 

Cabana SD 5-1 SD Buño

Hora : 16:30

Campo : “As Redondas”, (Neaño-Cabana)

Colexiado : Chrístian Sendón Villar

Gran encontro do Cabana que na primeira metade pasoulle por enriba a un Buño que se adiantaba o cuarto de hora de encon tro por medio de José Suárez, e que vía como lle remontaba o equipo cabanés goleando con tantos de Diego Castro, (29´), Diego Mato, (34´) e Raúl, (39´). Na segunda metade os cabaneses repregados dominaron o xogo e mataban definitivamente o choque no 58 cun tanto de Sergio. O gol da “manciña” chegaba no deconto por medio de Rubén. Primeiros 3 puntos para os de Cabana, que xogaban o seu segundoo encontroi, tras haber descansadpo na primeira xornada.

 

SD San Lorenzo 2-2 SD Coristanco

Hora : 16:15

Campo : “As Pedreiras”, (Verdillo-Carballo)

Colexiado : Bruno Méndez Castro

Curtaron os de Verdillo o inicio fulgurante dos da Terra da pataca, que viñan de gañar por 4-0 os seus dous primeiros encontros. O gol que lles impedía seguir sumando de 3 chegou no desconto do encontro cando os coristanqueses gañaban por 1-2. Adiantouse o equipo verdillés, que chegaba tamén con duas vitorias nos seus 2 encontros xogados,  aos 22 minutos de xogo cun tanto de Eloy. Tanto que neutralizaba Dani Castiñeiras para os visitantes pasada a media hora de xogo, (37´). O gol da remontada para os coristanqueses chegaba aos poucos do reinicio, por medio de Gonzalo, (48´) e o xarro de auga fría para os visitantes chegaba no desconto, cun tanto de novo de Eloy, que se encargaba de pechar o resultado tras haber sido él o que o abrira. Con este empate son estes dous conxuntos os que lideran a liga con 7 puntos.

 

Sporting Zas-SD Castríz

-Aprazado-

Hora : 17:00

Campo : “San Andrés”

Colexiado : Óscar Rey Sánchez

Non se xogou o encontro por causas alleas o mesmo, segundo apuntaban dende o Sporting Zas e o SD Castríz : “O partido que se desputaba mañá en San Andrés foi cancelado por causas alleas ao encontro!! Confirmarase a nova data para a disputa do encontro!”, comentaba o Sportig Zas nas suas redes sociais, e era contestado polo clube xalleiro : “Moitas gracias ós compañeiros do Sporting Zas por entender a situación e acordar a suspensión do partido con tanta rapidez e facilidades pola súa parte”.

 

UD Cerqueda 1-2 SCD Malpica

Hora : 16:30

Campo : “Xaviña”, (Buño-Malpica)

Colexiado : David Castreje Ferrío

Leváronse o derbi malpicán os da costa, nun choque moi disputado e no que os de Malpica daban o primeiro paso o adiantarse por medio de Laik, (27´), o único tanto que se vía na primeira metade. Xa na segunda, a hora de xogo os locais conseguía poñer a igualada no marcador por medio de Chrístian e abrir un novo horizonte no duelo. Pouco llees durou a ledicia aos locais, xa que dez minutos despois, Aday batía a Óscar para facer o 1-2 que a postre sería definitivo.

 

Descansa : CD Nantón

 

CLASIFICACIÓN

 

-Foto : Comunicación Sporting Zas

-Texto : piratasdemuxia