CRÓNICAS 3ª XORNADA FASE DE ASCENSO A 1ª GALICIA : “ESTEIRANA E MUXÍA SEGUEN FORTES E GOLEAN”.

Michael Vilela abreu a conta dos muxiáns.

 

Acabouse a primeira volta desta liguiuña polo ascenso e as cousas están craras, SCDR Esteirana e Muxía CF son os equipos máis fortes, e que non se enfrontarán antre eles nas 3 que quedan, polo que son os dous rivais a batir. Ambos golearon nesta xornada, e ambos tiveron un intre do encontro no que o rival se lles subeu as barbas, que reaccionaron a tempo.

 

FASE DE ASCENSO A 1ª GALICIA

 3ª Xornada

Muxía CF 4-2 SD Coristanco 

Hora : 17:00

Campo : A Arliña, (Muxía)

Árbitro : Óscar Rey Sánchez

Vitoria dos muxiáns que suman a terceira consecutiva na loita polo ascenso, ante un gran rival, que se veu sometido polos da Vila da Barca que se adiantaban por medio do veterán xogador muxián Michael aos 17 minutos de xogo. Isma Pose aos 38 facía o 2-0 co que se chebaba ao descanso. Os poucos da reanudación Edu, facía un craro 3-0, (53´). Reaccionaba o equipo coristanqués, que se acercaba perigosamente aos muxiáns, con dous goles de Mario, (54´e 63´). Fran Moreira no treito final sacaba do osbtracismo aos locais, que desperdiciaran unha gran ventaxe.

 

SCDR Esteirana 7-3 Cabana SD

Hora :17:00

Campo : Xosé Luis Vara, (Esteiro)

Árbitro : José Luis Pita Rey

Sorpresiva derrota, polo abultado, dun Cabana que Tras ver como os esteiráns se poñían 3-0, con goles de Oliver, (12´), Raúl Lestón, (23´), este de penalti, e Adrián Riomayor, (34´), reaccionaban e conseguín poñerse 3-2, con goles de Manuel Romero, ambos de penalti, (34´ e 53´). Tras este acercamento o Esteirana pasou o rodillo con 4 goles en 15 minutos, obra de Raúl Lestón, (73´), Pablo Rama, (80´e 84´), e Óscar Farinós, (88´), antes deste último, Sergio facía o terceiro dos cabaneses.

 

CD Muros 2-3 SD Castriz

Hora : 17:00

Campo : Eleuterio Balayo (Muros)

Árbitro : Manuel Castro Mouzo

Adiantouse o conxunto muradán cando só ían gastados 5 minutos de xogo, por medio de Iván Fernández, empataban os xalleiros 5 minutos despois por medio de  Braulio, (10´), e Xabier pronto voltaba a poñer por diante aos locais, (21´), pero a ledicia non duraba moito, pois Iván Pastoriza, (29´), voltaba a poñer as táboas no marcador, e outro Iván, neste caso Facal, facía antes do descanso o que sería o definitivo 2-3, (44´), xa que a pólvora mollouse e xa non se movería o marcador na segunda metade, a pesares do frenético do primeiro tempo.

 

Clasificación 

SCDR Esteirana : 13 puntos

Muxía CF : 11

SD Castriz : 5

Cabana SD : 5

SD Coristanco : 4

CD Muros : 2