CRÓNICAS 3ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “TAN SÓ O OUTES FC SEGUE CON PLENO DE VITORIAS”.

 

3ª Xornada

Volantes de Baño FC 2-2 UD Corcubión

Deixa atrás o equipo corcubionés a incrible goleada sufrida na primeira xornada en Castriz, (11-1), sumando o segundo empate consecutivo, e desta volta a piques estivo de levarse os 3 puntos, ante un Volantes que sempre foi por detrás no marcador, e que tiña que igualar na segunda metade o 0-2 da primeira metade dos xorcubioneses con goles de Iago Lema, (23´), e Nacho Rodríguez, (42´). Rodrigo acurtaba distanzas no 64, e non era ata o 87, cando Ismael Mayo batía a Bruno Suárez, para igualar a contenda.                                                      

 

UD Cerqueda 2-0 CD Muros

O Cerqueda xa sabe o que é gañar, tras un choque moi serio, ante un Muros que se estaba a amosar como un equipo moi bentraballado. Eloy Boedo, facía o primeiro da tarde no 20, resultado co que se chegaría o descanso. Non foi ata o treito final cando Julián facía o 2-0, (82´), e así asegurar a vitoria.

 

Cabana SD 3-2 SD Coristanco

Trepidante choque que puido acabar en táboas, pero que se levaban os cabaneses no desconto. Diego Méndez de penalti abría o marcador para os das Redondas aos 5 minutos de xogo. Daniel Castiñeiras no 15 empataba para os coristanqueses e antes do descanso había reparto de golpes. Poñíase de novo por diante o Cabana, cun tanto de Sergio, (40´), e igualaba de novo o Coristanco por medio de Marcos Corral, (44´). Tras a procura do gol da vitoria por ambos conxuntos na segunda metade, o gol da vitoria chegaba para os da casa por medio de Diego Méndez.

 

SD Castriz 2-0 UD Monte Louro

Choque igualado que non se despexou ata o treito final. TRas irse a vestiarios con 0-0, n on foi ata o 82 cando Adrián García, abría o marcador para os xalleiros. Cos muradáns a procura do empate, e xa en tempo de desconto, chegaba o gol de Álvaro, para os locais, e que finiquitaba a contenda.

 

Ponteceso SD 3-0 SD Oza

Chegou a primeira vitoria para o recén descendido da 1ª Galicia, e ante o recén ascendido da 3ª da Costa. Na primeira xogada do encontro, Alberto Recarey, (1´), adiantaba aos da Terra de Pondal. Hadrián, o límite da primeira metade facía un claro 2-0, (41´). Non foi ata o 70 cando de novo Hadrián, batía a Brais Vázquez, e pechaba o encontro.

 

Outes FC 2-0 Corme CF

Proba de lume para o lider indiscutible e único equipo que suma como vitorias as 3 xornadas disputadas. Martín, (11´), abría o marcador, e o seu compañeiro Iván Capelo, (38´), abría fenda no marcador, antes de irse o descanso. Na segunda metade non se moveu o marcador, a pesares da insistencia dos cormeláns por facer un gol que os puxese de cheo na loita polos puntos.

 

Camariñas FC 2-3 UC Cee

Viña dunha vitoria e un empate o equiupo camariñán ante un Cee que chegaba cunha vitoria e unha derrota.

Bonito encontro e moi disputado o que viron os afeccionados no Hermanas Patiño, e no que se adianteban os de Juanillo aos 16 minutos de xogo cun tanto de Víctor Bouzas. Pouco duraba a ledicia, pois o fisterráns, Isaac Fábregas, con duas dianas en 10 minutos, remontaba o gol camariñán, 818´e 26´). A volta de vestiarios chegaba o empate por parte do “killer” camariñán, Djibril, que xa suma 5 goles en 3 xornadas, pero de novo a frustración para uns e a ledicia para outros, chegaba no 70, cando de novo Isaac, batía a jorge Vázquez, e poñía o que a postre sería o definitivo 2-3.

 

SD San Lorenzo 2-1 Muxía CF

Derrota fatídica do equipo muxián, e con polémica. Tras adiantarse os da Vila da Barca no 11 de encontro por medio de Fran Romero, e poñerse 0-2, cun novo gol de Fran, que o colexiado anulou por unha fora de xogo moi protestada polos muxiáns, vía como lles empataban no 44, cun tanto de Raúl Iglesias, a saida dun saque de curruncho. Na segunda metade non se movía o marcador, pero o encontro seguía moi intenso, e quedaban cun menos os da costa, trala expulsión por protestar con dobre amarela a Maikel Mouzo, (62´e 62´). A pesares de xogar cun menos foi o mellor intre dos de Muxía, que atta erraban un penalti, e a mala sorte, cando todo apuntaba a que acabaría en táboas, chegaba un gol en propia porta de Víctor Alcaina, xa no desconto, (94´).

 

CLASIFICACIÓN

 

PREME AQUÍ e poderás ver os resultados do fútbol senior da costa e feminino.

PREME AQUÍ e poderás ver os resultados do fútbol base da costa.

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia