CRÓNICAS 3ª XORNADA DA 3ª DA COSTA : “PORTEÑO, ZAS E BAIÑAS MANTEÑEN O PLENO DE VITORIAS”.

 

CRÓNICAS

CF Lira 0-0 SD Camelle

O Camelle freou a un Lira que chegaba con duas vitorias nas duas primeiras xornadas da liga. Ambos equipos chegaban escasos de efectivos, os locais con 3 recambios e os camelláns con 2, e as defensas foron mellores cos ataques.

 

SCD Malpica  0-2 SD Laxe

O equipo malpicán volveu a caer e xa son 3 derrotas consecutivas, é xunto co seu veciño Seaia e Ameixenda, os únicos que ainda non saben o que é puntuar, nestrars tres xornadas xogadas. Os laxenses que chegaban con duas derrotas nas duas xornadas anteriores, levábanse o trunfo tras unha boa primeira metade na que facían os goles que lles daban a vitoria. Bieito, no 20 e no 32 era o artífice dos goles da vitoria, xa que na segunda metade non se movería o marcador.

 

CD Baiñas 2-0 CD Nantón

Duelo de rachas, os baiñeses chegaban con duas vitorias nas duas xornadas anteriores e con cero goles en contra, e os nantoneses con duas derrotas e 9 goles encaixados. O choque caeu do lado do equipo que traía mellor coeficiente, e que se adiantaba por medio de Kevin aos 34 minutos de xogo. O gol da sentenza chegaba antes da hora de xogo, por medio de Raúl, (57´), para manter aos de Baiñas, no grupo de cabeza, o trio que suma xornada por vitoria, co Porteño, (lider por golaveraxe) e Sporting Zas.

 

Xallas FC “B” 2-1 SD Ameixenda

Melloría no equipo ceense que lle plantou cara o filial do Xallas FC, e que tras encaixar por medio de Adrián Forján, aos 8 minutos de xogo, conseguía empatar pronto, por medio de Jesús Márquez, (18´). a ledicia duroiulles ben pouco, pois 4 minutos despois, Ángel Cuns, facía un 2-1, que non daba pinta de que se quedase así, pero non se movería o marcador na segunda metade, a pesares de que houbo ocasións por ambos lados.

 

Sporting Zas 1-0 CF Castrelo

Traballada vitoria do segundo clasificado, nun choque no que se adiantaban por medio de Manuel Fuentes, (47´), na primeira xogada do segundo tempo, e no que o treito final se volveu brusco, e con un expulsado por cada escadra. Brais Espasandín polos locais, (desconto), e Álvaro Quintáns polos visitantes, (80´). Ambos con vermello direto.

 

CF Porteño 6-3 Sporting Seaia CF

Segue imparable o equipo da Ponte do Porto, e xa suma 18 goles a favor, nos 3 choques disputados, e dos que Álan Suárez, e Lucas Caamaño, suman 12 deses 18. Álan que xa tiña 6, sumou 2 máis e Lucas, cos 3 desta xornada suma 5. Ademáis Lucas era o que abría a goleada con 3 goles consecutivos, (18´, 27´e 38´). Isaac Piña, que marcaba dous para os seaieses, (40´e 54´), o do final da primeira metade e o do inicio da segunda, parecía que metía aos malpicáns no encontro, pero aparecía Álan, despois dun treito calmo, para facer o 4-2, (73´), e dous minutos despois, Javier García, 75´), sentenzaba o encontro. Álan repetía no 88´, e José Suárez, no desconto, marcaba para os seaieses o definitivo 6-3.

 

Atlético Pereiriña FC 0-0 SCD Buño

Empate nun choque moi trabado, con continuas faltas, en especial no treito final. Os oleiros quedaban con un home menos no 72, cando José Suárez vía o segundo cartón amarelo. Xa no desconto os buñeses ainda sufrirían outra expulsión, a de Fran Santiago, tamén por dobre amonestación. A pesares diso non se movería o marcador.

 

CLASIFICACIÓN

 

PREME AQUÍ e poderás ver os resultados do fútbol senior da costa e feminino.

Crónicas 4ª xornada Liga da Costa : PREME AQUÍ

 

-Fotos e Texto : piratasdemuxia