Sábado 06 de Novembro
SD Camelle 3-2 SD Ameixenda
Hora : 16:30
Campo : “O Rodeiro”, (Camelle)
Colexiado : Chrístian Sendón Villar
Partido tremendamente disputado no que os da Ameixenda foron moi superiores nos primeiros compases e froito diso puxéronse cun claro 0-2 con goles do muxián Castreje, (14´) e Saulo, (24´), pero apareceu no Camelle o de sempre, Felipe Barreiro, que primeiro cunha vaselina sobre o meta visitante, (28´), e despois con outra nunha xogada xenila con saqie de porta. prolongación e remate de media vaselina do proipo Barreiro, (39´), poñía as táboas no marcador antes de irse a vestiarios. Co encontro sen dono, con moitas perdas de balón e co xogo de ida e volta, Adrián Pasantes facía o gol da remontada, tras recibir en banda esquerda, interbarse polo pico do área e disparar a porta co exterior do pe esquerdo e madra o balón o fondo das mallas pegado o poste longo, un auténtico golazo, (45´). A segunda metade foi un sen vivir para uns e outros, chegadas een finalizar, loita continua, choques, fútbol direto, penalti pedido polos da Ameixenda, pero non se movería o marcador. No SD Camelle, Pablo Barbeito saeu os 11 minutos de xogo por un pinchazo na perna.
CF Castrelo 0-2 SD Oza
Hora : 17:00
Campo : “Municipal de Vimianzo”, (Vimianzo)
Colexiado : Daniel Martínez Ferreiro
Encontro tremendamente disputado que se decideu no desconto e no que o gol dos de Oza aos 6 minutos de xogo por parte de Kevin foi decisivo, pois os vimianceses buscaron todo o encontro neutralizar este gol, pero foi no desconto final cando un gol de Jesús Amado sentenzaba definitivo o choque.
SD Laxe 2-2 Atlético Pereiriña
Hora : 16:30
Campo : “Cabo d´area”, (Laxe)
Colexiado : Juan Marcos Ríos SuárezO equipo laxense foiselle o choque tras un esforzo enorme de loita por remontar o gol inicial dos visitantes que se adiantaban aos 13 minutos de xogo por medio de Carlos Blanco. Empataba no 19´ Bieito e conseguía o gol da remontada Paredes antes da hora de xogo, (54´), pero era sacar de centro e na primeira xogada de ataque consegñuía empatar o equipo da Pereiriña, por medio de novo de Carlos Blanco, (55´), resultado que xa sería definitivo.
Domingo 07 de Novembro
UD Corcubión 3-1 Sporting Seaia CF
Hora : 16:30
Campo : “Novo Cubaleiro”, (Corcubión)
Colexiado : Óscar Santos Rodríguez
Trunfo cómodo do Corcubión que xa deixou encarrilada a vitoria nada máis comezar o segundo tempo e tras poñerse 2-0 no primeiro tempo con goles de Iago Lema, (23´), e Adrián Castro, (33´). Nada máis reanudarse o choque tralo descanso, César Lojo, “mataba” calquer tipo de reacción dos seaieses, que facía o seu gol as portas do pitido final, por medio de Sergio, (87´).
Xallas FC “B” 1-3 Porteño CF
Hora : 17:00
Campo : “A Fontenla”, (Santa Comba)
Colexiado : Manuel Rodríguez Rojo
Non o tivo doado o Porteño para levarse os 3 puntos a pesares de xogar máis dunha hora con un máis, trala expulsión de Jose Andrade con vermello direto no 26´, (tamén foi expulsado nese intre o delegado xalleiro, Jesús Alonso. Nese intre xa gañaban os da Ponte do Porto por 0-2 con goles de Alan, (17´e 21´). Non se veu abaixo o equipo de Santa Comba e recurtaba distanzas aos 55 minutos de xogo. Non foi ata o desconto final cando os porteños “mataban” o choque, cun tanto de penalti transformado polo propio Alan, que completaba un “Hat-trick”.
CLASIFICACIÓN
-Foto e Texto : piratasdemuxia