2ª DIVISIÓN GALEGA FEMININA
-3ª Xornada-
O Corme caeu ante un bo Pastoriza.
Grupo 2
Xuventude Crendes CF 6-1 UD Cerqueda
Chegaba con tan só 13 xogadoras o equipo cerquedense a Abegondo, e aguantou ben a primeira metade, na que o primeiro gol das de Crendes chegaba no 44. A segunda metade xa foi un suplicio dende o seu comezo, e en cuestión de 10 minutos o resultado xa era de 5-0. O gol das costeiras, que chegaba no 82, era un tanto en propia porta de Carla.
Sporting Cambre “B” 3-1 Ponteceso SD
Bo encontro das pontecesanas, que recibían o primeiro gol as postremerías da primeira metade, por parte de Carla, (42´), que repetía a volta de vestiarios, (53´). Non se viñan abaixo as da Vila de Pondal, e conseguían meterse no encontro cun tanto de Laura Ramos, (78´). Puido chegar o empate, pero foron as de Cambre as que matarían o encontro a pouco do final, por medio de novo de Carla, (87´), que conseguía un “Hat-Trick”.
Corme CF 1-5 SDC Pastoriza
Encontro controlado en todo intre polo Pastoriza que amosou a sua veteranía con respecto as cormelanas. O descanso chegábase co parcial de 0-1, con goles de Alba García. Xa na segunda metade, Diana Rey facía outro par deles e Naroa facía o gol das cormelanas, (86´). O definitivo 1-5, chegaba por medio de Candela no desconto.
Grupo 4
CF Dumbría 1-5 Cacheiras SD
Tras unha primeira metade igualada, na que se adiantaban as dumbriesas por medio de Paula Fandiño, (20´), e que neutralizaban as visitantes por medio de Raiane, dous minutos despois, resultado co que se chegaba o descanso, pasouse a unha segunda metade na que as visitantes foron máis efectivas e fixeron valer a sua veteranía na categoría. Carla, Raiene, (2), e Sofía, eran as autoras dos goles do Cacheira no segundo periodo.
AD Nicraniense 1-6 UC Cee
Goleada da ceenses que lle vale para estar no liderato, empatadas a 9 puntos, co Xallas, (2º), Cacheiras e Praiña Sporting Club. Xa deixaron o choque resolto as da Vila da Xunqueira, con goles de Nerea (2), Lucía Canosa e Lucía Martínez. A hora de xogo Nerea completaba un “Hat-Trick”, e representaba o 5-0, para que Paula García fixese a falla dun cuarto de hora para o final o gol das nicranienses. Alba Trillo completaba o “ste” no desconto.
SD Dubra 0-11 Xallas FC
Resultado que non nos gusta, sexa afavor das nosas ou en contra, porque é demasido abultado e rompe a ética do fútbol que une e fai amizade, (ao noso entender). Olalla, (3), e Michelle, fixeron o 0-4 co que se foi o descanso. Na segunda marcaron : Yasmina, (2), Olalla, Saskia, Michelle, (2) e María Rial.
CF Vista Alegre 1-6 ED As Miúdas
Deixou o choque resolto o equipo muradán na primeira metade con goles de Marcela, Leticia, Elba e Patri. Alysson de penalti facía o gol das santiaguesas, Leti facía o quinto das muradanas, e Patri de penalti facía o definitivo 1-6.
CF Mazaricos 0-1 Victoria CF “B”
Un gol aos 38 minutos de xogo, deulle o trunfo as santiaguesas nun choque que puido caer de calquer lado, e no que as de Manuel buscaron con insistencia o gol do empate, que non chegaría a pesares de merecelo.
-Foto : Eduardo Cambón
-Texto : piratasdemuxia.