CRÓNICAS 3ª XORNADA 1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO : VITORIAS DE BAIO, ESTEIRANA E XALLAS NO DERBI ANTE O MAZARICOS, E DERROTAS DE DUMBRÍA E SONEIRA.

Primeira vitoria da Esteirana.

 

1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO

3ª Xornada

SCDR Esteirana 2-1 SD Tordoia

Chegou a primeira vitoria para os de Esteiro, e fíxoo no derradeiro suspiro, cando xa se firmaban táboas. Raúl Lestón, adiantaba aos das Salinas a hora de encontro, pero pouco duraba a ledicia, pois Óscar empataba para os do interior, 8 minutos despois. O gol da vitoria local, non chegaba ata o desconto, e era obra de novo de Raúl Lestón.

 

CD Baio 3-0 CF Vista Alegre

Gran vitoria doa baieses que xa deixaban encarrilado o encontro na primeira metade, con goles de Martín MC, (12´), e Iván Rodríguez, (25´), para na sgunda, controlar, e asestar o golpe definitivo a un cuarto de hora do final, por medio de José Antonio, (75´), para sumar a primeira vitoria do curso.

 

SD Negreira 3-1 CF Dumbría

Non lle saeu unha as dereitas ao equipo dumbries, que vía como se adiantaban os nicranienses cun gol en propia porta de Raúl Añón, aos 24 minutos de xogo. Gonzalo facía o 2-0 antes do descanso, (40´), e a volta de vestiarios, outro gol en propia porta, desta vez de Samuel, (51´), poñía moi costa arriba o encontro para os de Dumbría, que acurtaban distanzas no 65, por medio do fisterrán, Diego Estevez, pero non chegaría un segundo gol que os puxera no encontro.

CF Mazaricos 0-3 Xallas FC

Vaise facendo forte co paso dos encontros o equipo xalleiro, e se na primeira zornada gañaba con moitos problemas o derbi ante a Esteirana, (0-1), desta volta sumaba a terceira vitoria en 3 xornadas gastadas, ante un Mazaricos, que se veu superado. Esteban Capelo facía o 0-1 no 28, resultado co que se chegaría ao descanso. Xa na segunda metade Jorge Colón pasada a hora de xogo facía o segundo, (66´), e él mesmo completaba a goleada no descanso, ante un Mazaricos que buscou o gol que o puxera no encontro, pero non chegou.

Cidade de Ribeira CF 2-1 Soneira SD

Primeira derrota dos vimianceses que se viron superados polos ribeirenses, que tiñan en Anthony a sua mellor peza, pois era o que facía o 1-0 no minuto 33, e sentenzaba o encontro no 72´. O gol dos de Vimianzo, cheaba demasiado tarde para tentar sacar algo en limpo, facíao Ricardo no desconto.

Resto de choques

SR Calo 1-3 SD Cruces

Cordeiro CF 3-0 SD Agolada

CF Silleda 2-4 Flavia SD

CD Lalín 2-1 Puebla FC

 

CLASIFICACIÓN

 

 

PREME AQUÍ e poderás ver os resultados do fútbol senior da costa.

PREME AQUÍ e poderás ver os resultados do fútbol base da costa.

 

-Foto Esteirana : A Voz da Esteirana

-Fotomontaxes e Texto : piratasdemuxía.

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies