CRÓNICAS 3ª XORNADA 1ª GALICIA DE VETERANOS DA COSTA : “O ATLÉTICO CARBALLO ESTÁ QUE SE SALE”.

 

O Atlético Carballo amosou o seu poderío o golear ao Club Veteranos Leiloio, (0-7), un dos equipos chamados a estar arriba o final de tempada. Os carballeses recuperan o liderato da 1ª Galicia de Veteranos da Costa xa que se lle deu por gañado o encontro anterior ante o SD Sofán, o cal ían gañando 0-5 cando se suspendeu o quedar sen o número de xogadores regulamentario o equipo sofanista, por lesión e tras comezar con 10 xustos, polo que os carballeses suman 3 de 3. Cae do primeiro posto o CF Cances, que estivo provisionalmente e que ten un encontro menos, xa que o seu encontro desta 3ª xornada non se xogará ata o 1 de Novembro. De gañar este encontrfo seguirían sendo líderes os do Atlético Carballo pois teñen uns números extraordinarios de 20 goles a favor por 0 en contra, polos 7-1 dos de Cances.

 

CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ

 

-ENCONTROS PENDENTES-

CD Nantón-Veteranos SCD Malpica

-Xornada 2-

01/11/2023 ás 10:30 horas

Campo : As Fontiñas

 

CD Cances-Deportivo Carballo

-Xornada 3-

01/11/2023 ás 10:30 horas

Campo : O Vinculeiro

 

-PREVIA 4ª XORNADA-

 

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”