O ACD San Román sorprendía o Sporting Zas, un dos 3 equipos que gañaran os dous primeiros encontros de liga. A vitoria foi para o San Román por 1-0 cun tanto de Óscar Suarez aos 80 minutos de xogo e evitou que os zacenses seguiren con pleno. Tamén o Soneira Veteranos, outro dos que traía 2 vitorias en dous enconrtos, era quen de seguir a senda de vitorias seguidas e caía ante o ACD de Veteranos de Ponteceso, no encontro estelar da xornada por 1-3, eso fai que San Ramón, (que goleaba o Oza a domicilio), e Ponteceso lideren a clasificación con 9 puntos de 9 posibles. Sobre o encontro dicir que foi mellor o Ponteceso na primeira metade na que se foi a vestiarios co resultado de 0-2. Un penallti transformado por Isidro no minuto 79 poñía aos vimianceses no partido, pero no 88 Javi García facía o 1-3 que xa sentenzaba o encontro.
Por abaixo os empates do Castríz na sua visita ao Cabana, (1-1) e do Corme na casa ante o San Lorenzo, (1-1), fan que o único equipo que non estreou o casilleiro sexa o Oza. Sorprende ver aí abaixo cun soó punto ao Dumbría que caía pola mínima no seu feudo ante o Coristanco e suma duas derrotas e un empate.
CLASIFICACIÓN : PREME AQUÍ
-PREVIA 4ª XORNADA-
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Foto Ponteceso : Fin Lema