CRÓNICAS 3ª XDA DA 1ª GALICIA DE VETERANOS DA COSTA : “O CORME LIDER EN SOLITARIO CON PLENO DE VITORIAS”.

1ª GALICIA VETERANOS

3ª Xornada

05/10/2025

SD Sofán 0-2 CD Nantón
SD Fisterra Vet. 2-0 CV Leiloio 
Sporting Bértoa 5-1 Dep. Carballo
Corme CF 3-2 Vet. SCD Malpica
A Piña 2-3 Cabana SD
Mazaricos CF 2-0 Soandres CF 

Comentario xeral da xornada

A terceira xornada da 1ª Galicia de Veteranos deixou ao Corme CF como o único equipo con pleno de vitorias, tres de tres, e consolidado no máis alto da táboa, tras superar nun partido moi igualado a un Malpica que vendeu cara a súa derrota (3-2).

O CD Nantón continúa firme e tamén invicto, ao sumar unha importante vitoria a domicilio ante o Sofán (0-2), situándose como segundo clasificado a só dous puntos do líder. O Cabana SD, pola súa banda, protagonizou outro dos grandes triunfos da xornada ao impoñerse nun choque vibrante ante A Piña (2-3), nun duelo directo entre dous conxuntos da zona alta.

O Fisterra Veteranos recuperou sensacións cun solvente 2-0 fronte ao Leiloio, mentres que o Mazaricos CF estreou o seu casilleiro de vitorias superando ao Soandres CF, que segue sen puntuar. A goleada da xornada chegou en Bértoa, onde o conxunto local acadou un claro 5-1 sobre o Deportivo Carballo, que non logra saír do fondo da táboa.

En resumo, unha xornada con moitos goles, varios duelos directos pola zona alta e un Corme CF que mantén o seu ritmo intratable.

PREVIA

4ª XORNADA 
Domingo, 12 de outubro de 2025
  • CV Leiloio – Corme CF (10:00 h)

  • Cabana SD – Sporting Bértoa (10:00 h)

  • Soandres CF – SD Sofán (10:00 h)

  • CD Nantón – A Piña (10:30 h)

  • Vet. Malpica – Mazaricos CF (11:00 h)

  • Dep. Carballo – SD Fisterra Vet. (12:00 h)

-Foto de arquivo e texto : Xosé Búa “Pirata”