Aquí tedes tódalas crónicas cos comentarios dos adestradores. Nas que falta algún iremos poñéndoos segundo nos cheguen. Na web tamén podedes ver as crónicas do resto de equipos da costa da 1ª e 2ª División Galega. De antemán agradecer a tódolos colaboradores as suas aportacións para facer estas crónicas tan extensas e con diferentes puntos de vista…as veces. Un total de 38 goles se marcaron nesta 3ª tirada da 3ª División Galega Feminina G2, na que os únicos que seguen a vitoria por encontro son o Muxía e o Dumbría, as muxianas saen a 6 goles por encontro e tan só recibiron un en contra, ao igual cas dumbriesas e o Cabana SD. Por detrás de muxiana s e dumbriesas veñen Corme, Camariñas “Juan Cabrejo” e Cabana, todos a 2 puntos das líderes. O Dubra puntuou e xa non ten o casilleiro a cero, que sí o teñen, Nicrariense, Noia B e Outes.
-CRÓNICAS 3ª XORNADA-
Plantilla do Cabana SD na vitoria ante o Noia..
Cabana SD 2-0 CF Noia B
José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Adiantouse pronto o Cabana tras unha xogada de Adriana e Irene que esta última rematou o fondo das mallas. As locais levaban o peso do partido e o Noia non inquedaba a Míriam. Xa no segundo tempo as visitantes deron in paso adiante e rondaban a portería cabanesa, facendo intervir a Míriam, ata que nun contraataque local fanlle penalti a Irene, e ela mesma encargase de tiralo e non falla pechando o partido”.
Cabana SD : Míriam, Idania (Marina), Sheila, Aroa, Valeria (Natalie), Inma, Alejandra (Saray), Irene, Alison, Adriana (Aitana Muiño), Iría (Jessi).
CF Noia B : Nerea, Marta, Aida, Noa, Maria, Aitana, Uxía Maneiro, Noelia, Uxía Paz, Elena e Queiruga. Suplentes: Ángela, Carlota, María Santos, Leila e María Soñora.
Goles : 1-0, Irene, (6´); 2-0, Irene, (desconto final, de penalti).
Árbitro : Alejandro Tato. Non amosou cartóns.
Próximos encontros
SD Fisterra-Cabana SD
CF Noia B-CF Muxía
******
Bergantiños B que se enfrontou o Dumbría.
Bergantiños FC B 0-7 CF Dumbría
Nacho Boedo, (Adestrador do Bergantiños FC B) :“Equivoqueime totalmente no planteamento, xa que quixen tratar de meter atrás ao Dumbría atacando con carrileiras e así evitar que puidesen sair á contraataque. Obviamente fallei xa que non fomos capaces de manter o balón máis de 3 pases. Na segunda parte xa fomos con 5 defensas para cortar un pouco a sangría que eu mesmo proboquei, tentando xogar dunha maneira da que non estamos preparadas contra equipos dese nivel. Entraban moi fácil entre central e lateral porque non cerrábamos ben os espacios. Preparei o partido pensando ofensivamente e deixei de lado o defensivo. Dumbría favorito a gañar a liga”.
Fran Figueroa, (Adestrador do CF Dumbría) : “Novamente os tres puntos se viñeron para Dumbría tras outro encontro dominado por completo con oficio polas visitantes, que a pesares do calor, souberon impoñer o seu xogo e dispuxeron de ocasións para materializar máis dos sete que trouxeron. Kelly que volvía tras sanción abreu a lata pasando o primeiro minuto de xogo demostrando as ganas que trae acumuladas. Tamén volvía María das Carisas xa recuperada tras lesión, e a pesares de non marcar formou parte de xogadas que finalizaron con éxito. E esa foi a tónica do resultado, bonitos goles de xogadas colectivas para seguir sumando cara o obxectivo”.
Bergantiños FC B : Sofía, Sabela, Arancha, Noa, Valeria, Aroa Varela, Clara, Aroa García, Antía, Ainhoa e Jimena. Suplentes: Ariadna, Nuria, Paola, Ainhoa e Sara.
CF Dumbría : Lía, Lucía, Noa, Mai, Martina, Adriana, Fandi, Eva Lema, Kelly, Claudia e María das Carisas. Suplentes: Lissette, Juliette, Serena, Reyes e Yoli.
Goles : 0-1, Kelly, (2´); 0-2, Paula Fandiño, (32´), 0-3, Adriana, (36´); 0-4, Martina, (43´); 0-5, Yolanda, (66´); 0-6, María, (70´); 0-7, Paula Fandiño, (71´).
Árbitra : Vitor Recarei. Non amosou cartóns.
Próximos encontros
Descansa : Bergantiños FC B
CF Dumbría-EF Concello Camariñas “Juan Cabrejo”
******
Barca Toba fixo un “repoker” de goles no día do seu cumplenos.
CF Muxía 7-0 UD Cerqueda
Jose “Congui”, (Adestrador do CF Muxía) : “Empezamos dominando con ocasións claras, duas para nós, e elas unha clara co 0-0, que sacou a nosa porteira sobre a liña de gol. O noso primeiro gol chegaba cun penalti que marcaba Barca. A raíz do gol empezamos a tocar máis e tres minutos despois chegaria o segundo, tamén de Barca. Antes do descanso chegaría o 3-0, tras unha xogada de Patri. Tras o descanso e co marcador a favor o equipo vense arriba e dominamos o xogo toda a segunda parte, o equivo rival non tirou a portería e pola nosa parte chegaria un gol máis de Patri, e tres de Barca. Destacar o partido de Barca Toba que anotaria un “repoker” con 5 goles no dia do seu cumpleanos“.
Juan Salvadores, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido que tivo unha primeira media hora moi bonita con un Muxía que me esperaba potente pero que resultou ser máis potente do que me esperaba, non o coñecia, porque acabo de chegar, fan cun 4-3-3 moi memorizado, un movemento pouco habitual no que a mediocentro sea o que penetra en parede dende o eixe. Fan moi ben os pases atrás, pases filtrados. Gustoume moito con esa peculiaridade. Nós somos un equipo acabado de refacer e fixeron unha primeira media hora moi digan e creo que o primeiro gol tiña que subir ao noso favor, xa que a rede non se move soa, e ademáis non había vento, non o podo asegurar pero creo que o balón entrou. Non é protesta nin desculpa porque igual perdes 7-1 i é absurdo. Arbitrar sen asistentes é moi difícil . Só por señalar que as rapazas fixeron un primeiro terzo do encontro digno, e puido chegar ese gol. O Muxía está dous niveis por enriba do nso equipo, e non creo que sexamos dos que van quedar dos últimos. Un equipo moi atlético, son unhas “espadas” afiladísimas todas cunha forma física impresionante, e ningunha que desentone, e logo hai 5 ou 6 que son boísimas. Terei que ver o resto pero paréceme do mellor cun nivel tremendo e penso que vai quedar antre os 3 primeiros, pola experienza que teño noutras categorías e noutras comunidades. En resumo o Muxía foi formidable e nós estivemos ben ata que nos durou o gas”.
CF Muxía : Sheila, Andrea Domínguez, Patri Romaní, Paula, Raquel, elsa, Barca Toba, Irene, Xeila, Nerea e Adriana. Suplentes : Denise, Sara, Andrea Insua e Sara.
UD Cerqueda : Valeria, Jimena, Tatiana, Paula, Tania, Irene, raquel, Vanesa, Uxía, Inés e Mariña. Suplentes: Carla, María Isabel e Alba.
Goles : 1-0, Barca, (37´de penalti); 2-0, Barca, (40´), 3-0, Patri Romanía, (44´); 4-0, Barca, (75´); 5-0, Barca, (78´); 6-0, Patri Romanía, (85´); 7-0, barca, (90´).
Árbitro : Andrea Barbeira. Non amosou ningún cartón.
Próximo encontro
CF Noia B-CF Muxía
UD Cerqueda-Corme CF
******
As capitanas con Tato, colexiado do encontro.
Ponteceso SD 3-1 CF Mazaricos
Marcos Antelo “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Volta a competición, na xornada 3, coas enerxías recargadas tras descansar o fin de semana pasado, esta vez ante o Mazaricos. O Puenteceso saíu ao terreo de xogo con moitas ganas. A temperatura non era a máis cómoda para o xogo pero a pesar diso as locais comezaron a xerar ocasións dende os primeiros minutos. O primeiro tanto chegou no minuto 10 nunha desas oportunidades, Andrea da un pase atrás que finalizou Oanes para abrir o marcador. Nos minutos restantes da primeira parte houbo múltiples posibilidades de gol por parte de Oanes, Andrea e Muiño pero non houbo sorte de cara a portería. O Mazaricos a penas xerou perigo pero levaba moito mellor o cansancio que as xogadoras do Puenteceso.
Na segunda parte tocaba aumentar a distancia de goles porque un fallo podía igualar o partido en calquera momento. No minuto 63, Muiño, conseguiría, tras un pase de Noemí, o segundo tanto do partido para achegar a vitoria máis cara as xogadoras locais. No minuto 82 as do Mazaricos aproveitaron un saque de falta para marcar o seu gol do partido. Cinco minutos despois, cambiando as tornas do segundo gol, Muiño foi quen lla pasou a Noemí para marcar o terceiro e último gol do partido. Boas sensacións nun encontro onde houbo moitas ocasións de gol por parte das xogadoras de Curro que non souberon ser aproveitadas”.
Juan Tunas “Rachón”, (Adestrador do CF Mazaricos) :Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “Primeira parte moi mala das nosas que sairon moi durmidas e donde o resultado o descanso puido ser moi diferente ao 1-0 que se reflexou no marcador. Despois do paso polos vestiarios o Mazaricos subeu en intensidade e meteuse no ritmo do partido, pero un segundo gol das locais parecería definitivo. A pouco do final un gol a balón parado metianos de novo no partido e incluso tivemos opcións de acadar o empate, pero o Ponteceso sentenciou nos últimos compases”.
Ponteceso SD : María, Noe (Laura R 55´), Myre, Ainhoa, Berdeal (Amado 89´), Silvia (Mel 89´), Eva, Muíño, Andrea (Noemí 55´), Oanes, Claudia (Saray 67’).
CF Mazaricos : Valeria, Graciela, Silvia, María, Ánxela, Celia, Claudia, Antía, Iria, Fátima, Mariña e Noemi. Suplentes: Carlota, Paula, Celia, María Antelo, Hermida e Iria.
Goles : 1-0, Claudia, (10´); 2-0, Andrea, (75´), 2-1, Mariña, (82´); 3-1, Noemi, (87´).
Árbitro : Alejandro Tato. Amonestou a Graciala do Mazaricos, (60´).
Próximos encontros
SD Dubra-Ponteceso SD
CF Mazaricos-AD Nicrariense
*****
Corme CF 8-0 Outes FC
Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido donde o resultado e o do menos, queríamos recuperar sensacións en canto a xogo, involucrando a todo o equipo en reparto de minutos, e en esa dirección traballamos o partido. Entramos moi metidas ata a lesión de Aroa os 10 minutos de partido, aí e como si nos descentráramos e o Outes metiuse de cheo no partido durante os seguintes 15 minutos, incluso tendo un man a man contra Belén, pero no último treito do primeiro tempo volvemos a controlar o xogo.
A segunda parte sí que foi nosa 100%, conseguindo por moitas fases do segundo tempo ser o equipo que buscamos ser!!. Moi contentos polo debut de Mónica que nos vai sumar moito éste ano, e que incluso se estrenou con un gol.
Dende aquí quería felicitar o Outes, que a pesar de ser un equipo de reciente formación con todas as xogadoras de iniciación, non se encerraron atrás e intentaron sempre buscar portería rival”.
Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Empezamos o partido floxiñas e pronto nos meteron 2 goliños, despois a primeira parte foi moi competida, con duas ou tres ocasións de gol pola nosa parte, que se as metéramos cambiaba o ritmo do partido. Na segunda parte o paso do tempo acabounos coas forzas e viñeron o resto dos goles”.
Corme CF : Belén, Carla Vázquez, Laura, Aroa, (Lucía), Ana (Aurora), Nerea, Irene, Salomé (Candela), Cris, Carla, e María, (Mónica).
Outes FC : Ana, Claudia Otero, Alicia, Uxía, Xeila, María Molinos, Erika, Carmen, María Romero, Valeria e Natalia. Suplentes: Lara, Claudia Carou, María Engracia e Mariña.
Goles : 1-0, Cristina, (2´); 2-0, María, (3´), 3-0, Salomé, (43´); 4-0, María, (61´); 5-0, Carla, (73´); 6-0, Nerea, (75´); 7-0, Nerea, (77´); 8-0, Mónica, (86´).
Árbitro : Óscar Rey. Non amosou nigún cartón.
Próximos encontros
UD Cerqueda-Corme CF
Outes FC-UD Corcubión
*****
EF C. Camariñas “Juan Cabrejo” 7-3 SD Fisterra
Juan Cabrejo, (Adestrador do EFC Camariñas) : “Partido no que volvemos a senda da vitoria nunha mañàn de domingo moi calurosa. Bo traballo defensivo do noso equipo e debido a eso conseguimos ter moitas ocasións na transición ofensiva. Creo que fomos xustos merecedores da vitoria e contento có traballo de todas e cada unha das xogadoras que participaron neste partido”.
Fran Pequeño, (Adestrador do SD Fisterra) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.
EF C. Camariñas “Juan Cabrejo” : Keren, Beatriz, Uxía, Rosana, Elena, Paula Mouzo, Laura, Nuria, Laura Pose, María e Leticia. Suplentes : Alejandra, Lola, Diana, Cristina e Ana Belén.
SD Fisterra : Lucía Fernández, Paula, Ana Isabel, Tamara, Andrea, María Elena, Xaira, Jimena, Aroa, Lucía Marcote e Irene. Suplentes: Sílvia, Antía, Rosa María e Tatiana.
Goles : 1-0, Paula Mouzo, (8´); 2-0, Elena, (10´), 2-1, Andrea, (17´); 3-1, Paula Mouzo, (21´); 4-1, María, (31´); 5-1, Laura, (44´); 6-1, Nuria, (70´); 6-2, Andrea, (75´); 6-3, Andrea, (77´); 7-3, Elena, (85´).
Árbitro : Álex Areosa. Non amosou cartóns.
Próximo encontro
CF Dumbría-EF Juan Cabrejo
SD Fisterra-Cabana SD
******
UD Corcubión 0-0 SD Dubra
Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “Primeiro partido que xogabamos na casa, xa que na pretemporada non chegamos a xogar. Partido que dominamos, ante un Dubra moi defensivo que só esperaba algún erro pola nosa parte. Intentámolo de todas as maneiras, con ocasións de todas as cores pero non puidemos abrir a lata. Pouco a pouco imos collendo experiencia de fútbol 11 e sentíndonos máis cómodas no campo”.
UD Corcubión : Elena, Alexandra, Victoria, Marta, carla, Cristina, Paula, María, Helena, Noa e Andrea. Suplentes: Elidsa, Claudia, Nicole, Daniela e Ana.
Goles : 0-0
Árbitro : Manuel Trillo. Non amosou ningún cartón.
Próximo encontro
Outes FC-UD Corcubión
******
Descansou : AD Nicrariense
*****
-CLASIFICACIÓN E RESTO DE RESULTADOS : PREME AQUÍ
-CALENDARIO COMPLETO : PREME AQUÍ
*****
-Montaxe e Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Foto Muxía-Cerqueda : Xosé Búa “Pirata”
-Foto celebración gol Muxía : Marina Busto
-Fotos Ponteceso-Mazaricos : Marcos “Curro”
-Foto Bergantiños B : Prensa Bergantiños FC