Tal e como xa vos vimos infiormando, por uns problemas no editor deribado duns traballos de mantemento da web por parte do noso servidor, non podemos cargar artigos de moito peso, polo que faisenos imposible traer as crónicas como acostumamos, polo que pedimos desxulpas e a espera de que durante esta semana quede todo arranzado.
Patri Romaní fixo 3 dos goles do Muxía ante o Cerqueda.
CRÓNICA 18ª XORNADA
Segue sen fallar o Corme que goleaba a domicilio ao Outes, (0-6), para sumar a 14ª vitoria en 17 encontros, e sendo o único equipo costeiro feminino que ainda non coñece a derrota, tendo en conta as 3 categorías con equipos da costa. As de Rubén Souto lideran con 45 puntos, un máis co Dumbría que goleaba ao filial do Bergantiños, (6-0), para seguir meténdolle presión as cormeláns, ao igual co Muxía que derrotaba a domicilio ao Cerqueda, (3-5), pero con máis traballo ca o que aparenta o marcador, pois o encontro dilucidouse a favor das da Capital de Nemancos nos instantes finais, cun gran encontro, unha vez máis, de Patri Romaní. Na primeira metade as de Congui e Isma Pose chegaron a ir perdendo 2-0, resultado que conseguiron neutralizar antes de irse a vestiarios. As muxianas a 4 puntos das líderes e a 3 das segundas, están a botar de menos as muxianas a Barca Toba, lesionada e a que aproveitamos para desexarlle unha pronta volta.
No duelo pola 4ª praza enfrontábanse Mazaricos e Ponteceso nun choque que puido caer de calquer lado pero que acabou sendo do lado das de Marcos “Curro”, (2-3), que se levaban os 3 puntos e rompían a igualdade na clasificación, para deixar as pontecesáns na cuarta praza con 34 puntos, 3 máis cas mazariquenses. Por detrás van Corcubión, (26 puntos), e Camariñas, (23), que colleitaban sendas derrotas nas suas visitas ao Dubra as corcubionesas, (3-1), e ao Fisterra, (2-1), as camariñanas. Ambos choques ben puideron acabar en igualada, pero foron máis efectivas de cara a gol as locais.
No encontro xogado o sábado o Cabana sacaba un punto ante o filial do Noia, (2-2), nun choque n o que se adiantaba na primeira metade o equipo da Terra do Berberecho, pero as de José Manuel Vázquez, na segunda metade conseguían remontar, pero xa cando parecía que os puntos ían viaxar a Cabana chegaba unha desafortunada xogada cun rexeite que aproveitaban as noiesas para poñer a igualada, (2-2).
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”