CRÓNICAS 3ª DIVISIÓN : EMPATES DE PAIOSACO E FISTERRA E SUSPENDIDO O BERGANTIÑOS-SOMOZAS POR UN POSITIVO NO EQUIPO VISITANTE.

 

Bergantiños CF-UD Somozas

Suspendido o que era o “encontro da xornada”, no que estaba o liderato en xogo, xa que ambos equipos empatan no máis alto da competición. O choque foi suspendido ao dar positivo en coronavirus un dos integrantes do UD Somozas, o cal segundo o seu adestrador : “esrá aillado e xa non mantivo contacto cos compañeiros dende o pasado Domingo, o haber estado cun positivo o luns e facerse a proba”, a cal lle deu positivo.

Este choque xogarase o 3 de Xaneiro ás 17:00 horas, tal como informou o clube carballés, que tamén xogará o vindeiro 27 de Nadal o choque que ten aprazado co Polvorín FC, en Lugo a partires das 17:00 horas. Unha vitoria ou un empate neste choque daríalle o liderato en solitario ós de Carballo.

Agrupación Estudiantil 1-1 SD Fisterra

Encontro moi igualado no que a primeira metade foi de puro trámite. Na segunda os equipos sairon máis a polo gol e adiantaríase o equipo fisterrán, cun penalti que materializaba Juan de Dora aos 68 minutos de xogo. Apretou o equipo local na procura do empate e acadouno no derradeiro treito do choque, por medio de Trapero, (83´).

CD As Pontes 1-1 UD Paiosaco

Mereceu máis o Paiosaco na sua visita ao “Poboado”, nun choque no que se adiantaban os locais por medio de Mitogo, que transformaba unha pena máxima no comezo da segunda metade, (53´). Reaccionou rápido o clube de Peisaco, que merecía ir por diante no marcador e conseguía empatar 4 minutos despois do tanto local, por medio de Jesús, (57´). Buscou a vitoria o equipo peisaqués, pero esta non chgaría, sumando un punto na loita antre ambos pola permanenza.

O sábado xogábanse 3 dos 6 encontros da 11ª xornada da 3ª División no Grupo Norte. O Fabril derrotaba ao Viveiro CF por 3-0 con goles de Adri Castro e Rayco, (2), todos eles na primeira metade. Pola sua banda o SD Silva caía na sua visita ao Racing Vilalbés, (2-0), con goles de Santiago e Diego, un deles no primeiro periodo e o outro a falla dun cuarto de hora para o final. Pola sua banda o Polvorín derrotaba a domicilio ao CSD Arzua, (1-2), nun choque no que se adiantaban os lucenses cun tanto de Vhrístian a media hora de xogo. Empataba no comezo da segunda metade o Arzúa por medio de Brais, pero un penalti tranformado por Manuel Antonio no derradeiro treito do encontro, dáballe a vitoria ao filial do CD Lugo.

 

CLASIFICACIÓN

-Foto e Texto : piratasdemuxia


Attachment

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies