CRÓNICAS 3ª DA COSTA : “VITORIA DO CAMELLE SOBRE O LIRA E SORPRESAS DO CASTRELO E MALPICA EMPATÁNDOLLE A ZAS E LAXE RESPECTIVAMENTE”.

Oitava vitoria dos camelláns.

 

Tres encontros había tan só nesta xornada sabatina, e os 3 da 3ª da Costa, que xa se ten prodigado máis en xogar aos sábados, e foi a menos. Nestes encontros o SD Camelle defacíase do CF Lira cun bo encontro dos camelláns que se adaptaron mellor as condicións do Rodeiro e sorpresivos empates do SCD Malpica ante o SD Laxe e do CF Castrelo ante o Sporting Zas.

 

Ledicia dos camelláns trala vitoria.

 

SD Camelle 4-1 CF Lira

Non tardaba moito en adiantarse o equipo camellán no marcador. O veterán do equipo, Carlos de Dido aos 8 minutos de xogo facía o primeiro, e pouco despois xa poñía terra de por Stiven dende o punto de penalti, (26´), tras unha mano visitante dentro do área. Antes do descanso Rodri “Crejo”, facía o terceiro, (43´), e deixaba pracicamente resolta a contenda.

Na segunda metade os camelláns repregáronse e buscaron roubar o balón para buscar contras aproveitando a velocidade de Rodri, e o Lira era o que levaba o peso do encontro. Xogo embarullado, pero sen faltas de relevancia. Alexis marcaba no 71 un gol que lle podía abrir as portas aos lirachos a loitar polos puntos, pero a resposta camellana foi inmediata, e Sergio, facía o definitivo 4-1, catro minutos despois do gol dos sureños. Estes 3 puntos poñen aos camelláns na loita por alcanzar a promoción, co empate do Zas en Vimianzo.

 

SD Laxe 0-0 SCD Malpica

Falábamos a pasada semana da mellora no xogo dos malpicáns, cos reforzos chegados estes días datrás, e si xa o fixeron ben a pasada semana ante o Camelle, (1-2), desta volta ante un candidato a loita pola promoción, foron quen de mater a porta a cero, por primeira vez no que vai da tempada, sumar un novo punto, (terceiro empate), e acabar sen perder por terceira vez na campaña. Ademáis ten máis mérito o chegar o encontro con tan só un recambio no banco, que non chegou a xogar, polo que os 11 iniciais loitaroon ata o final, nunha mala tarde, climatoloxicamente, e con forte vento.

Así o viron os adestradores :

Lilo, (SD Laxe) : Partido que xogamos con ritmo baixo, tentando ter a posesión, sin desmarques de ruptura, sen desbordes e pouco perigo creamos, unha ocasión na primeira metade, por medio de Miguel, e outra na segunda, na botas de Gora e pouco máis. Eles tamén crearon pouco perigo, somentes atacar con xogadas de estratexia a balón parado. Foi un partido a verdade sen ritmo, sen vertaicalidade, feo para o espectador” . 

Jorge Calvete, (SCD Malpica) : “Partido marcado polo temporal, moita disputa e poucas chegadas a area. A máis clara, unha que saca Lou de banda rápido e erra Jorge Parga no man a man co porteiro. Eles chegaban sin claridade, algún balón longo que sae Lamas por baixo, sin pasar apuros. Na segunda parte achuchamos e tivemos unha de Baye, que remata alto, e a última é máis clara, unha contra na que Baye saca metros a defensa e erra o centro cando Jorge estaba listo para rematar. Non pasamos apuros e faltounos acerto cara a porteria”.

 

CF Castrelo 1-1 Sporting Zas

Así viron os adestradores o encontro :

José Manuel Ordóñez, (CF Castrelo) : “Partido condicionado polo vento. A primeira parte dominou o Zas co vento a favor pero sin moitas ocasións. Nós apenas conseguimos chegar a diante. Na segunda fomos superiores co vento a favor, creando moitísimas ocasións pero non estivemos finos na definición. Marcaríamos o 1-0 con gol de Guillén e tivemos outras para sentenciar. A partires do minuto 30 apretou o Zas e dominou. No 85 ocasión nosa clara para sentenciar, e do que puido ser o 2-0, fpomos o 1-1, na xogada seguinte. E de ahí o final pouco máis. Quedou o Zas no 89 con 10, o ser expulsado Brais por unha forte entrada.

Martín Vecino, (Sporting Zas) : “Encontro incómodo polo forte vento. Encontrámonos o que prevíamos, un Castrelo repregado e buscando as contras. Tivemos varias ocasións na primeira parte para abrir marcador, pero non puido ser. Na segunda parte tocábanos vento en contra, e encontrámonos cun gol en contra, o cuarto de hora. A partires de aí, maioritaria posesión para nós tentando o gol do empate, e conseguímolo no 80, por medio de Álvaro”.

 

 

-Axenda de todo o Fútbol senior masculino e feminino da Costa : PREME AQUÍ

-Axenda de todo o Fútbol 11 de base da Costa : PREME AQUÍ

 

-Fotos : Gonzalo Lemus

-Texto : piratasdemuxia