CRÓNICAS 3ª DA COSTA : “O XALLAS REAFÍRMASE O ASCENSO DIRETO, O SONEIRA SITUASE SEGUNDO E O OZA SOPESA ABANDOAR A COMPETICIÓN”.

 

O encontro desta 20ª xornada da 3ª da Costa era o que enfrontaba ao Sofán B, que chegaba como segundo clasificado, e ao Xallas, lider indiscutible, e agora máis. O sofanistas gastaban a sua bala direta para acercarse aos xalleirose xogandio como locais, pero os de Churian non deixaron pé a sorpresa e xa deixaron visto para sentenza o choque no primeiro tempo, xa que se ía a vestiarios cun parcial de 0-2, con goles de Barbeira e Asiera. A hora de xogo Rubén Sande xa sentenzaba co terceiro e ainda que Manu Cancela acurtaba distanzas para os de Barca, Adrián Forján finiquitaba o choque nos instantes finais para abrir unha fenda de 13 puntos co segundo, que pasa a ser o Soneira, a falla de 10 xornadas para o final.

A derrota do Sofán fixo máis importante o choque antre o Soneira e o Corcubión, o primeiro buscando meterse no posto de ascenso diretoa a Liga da Costa e o segundo para engancharse de cheo a esa loita, na que sigue ainda que perde comba. O encontro caeu do lado vimiancés como puido caer do lado corcubionés, pois Iago Lema erraba con 0-0 unha pena máxima que podería ter trocado o rumbo do encontro. Non errou Yuyo que en 4 minutos finais facía os dous goles dos da Terra dos Moscoso, para subir a 2ª prza e adicarlle a vitoria a Basti recentemente operado dun xeonllo.

 

O Cerqueda veuse beneficiado polos resultados para a loita pola promoción.

 

Outro que perdeu comba na loita polo ascenso direto foi o SD Oza, que caía na sua casa ante o Cerqueda , que se aproxima os postos de promoción, beneficiado polo seu resultado e os que ocupan postos de Play-off. Os cerquedenses oitavos con 25 puntos ca vitoria sobre os carballeses póñense a3 puntos dos ocenses e do Malpica que están na 5ª e 6ª praza con 32 na promoción de ascenso. O encontro tivo un tempo para cada equipo. Na primeira metade dominou o Cerqueda e adiantouse tras unha gran xogada de Joel e a segunda foi do Oza que conseguía empatar por medio de Lavandeira. Cando todo apuntaba a un empate apareceu Palermo para darlle os cerquedenses a ilusión renovada de optar a entrar en promoción.

O Oza fixo un comunicado que nos envía un afeccionado e no que lle informa o presidente da RFGF que “estámos estudando retirar o equipo da competición, xa que consideramos que non se está a tratar como se debe. Ata o momento estivemos calados pero chega un momento que nos replantexamos o continuar ao ver que todo son adversidades e contrariedades para un colectivo que está a competir no campo e traballar fora dél para que todo transcurra con normalidade. O equipo ocense refírese no comunicado ao “traballo que hai que realizar para conseguir diñeiro para poder ter unha equipación e poder competir na liga, i eso é o que o Oza quer, competir e divertirse, non pelexamos toda a tempada para que o único que se consiga sexan inxustizas”. Dende o clube da parroquia carballesa queixanse no comunicado de que “xa son moitas as xornadas nas que o Oza estase a ver perxudicado, donde non se poden aguantar tales manifestacións, aludindo a que agredimos aos rivais. Dos colexiados, sobre os que gardamos un respeto e os cales sabemos que non poden estar en todo, pero a balanza inclínase a un lado e sempre perxudica a SD Oza”. Acaban decindo no comunicado do Oza que “por todo isto estamos estudando retirar ó equipo, posto que non vemos xustiza algunha”.

 

O Sporting Zas engánchase a loita pola promoción.

 

Dos seis de arriba tampouco o Malpica era quen de conseguir puntuar, e caía ante o Sporting Zas que se aferraba coma a un clavo ardendo a derradeira esperanza de poder chegar a postos de promoción. A vitoria a domicilio dos zacenses pon a estes a 6 puntos do Malpica e Oza que marcan con 32 puntos as duas derradeiras prazas da ansiada promoción e a un punto máis do Corcubión, cuarto clasificado. No choque comezou mellor o Malpica pero foi o Zas o que se adiantaba por medio de Dani Mato, e cando mellor estaban os zacenses chegaba o empate por medio de Diego, pero a reacción zacense que se sentía mellor non tardaba en chegar e antes do decanso Juan facía o 1-2. Na volta o campo estivo mellor o Malpica pero soubo defenderse ben o equipo zacense e axudarse da mala meteoroloxia para sair da Pedra Queimada con opcións a loita pola promoción ante un rival direto.

Non desaproveitou o Lira os pinchazos de 4 dos 6 de arriba para poñerse as portas dos postos de promoción na 7ª praza con 30 puntos, a dous de Malpica e Oza e a 3 do Corcubión. Os lirachos fixeron sangue do Nantón e endosáronlle un craro 4-0 con goles de Oliver, (3) e Juan. O Nantón segue a sufrir na dianteira, (suma 19 goles), e na defensa, (leva recibidos 62 goles).

O Laxe suma a sua sexta vitoria do campionato e empata co seu rival o Buño a 20 puntos, en terra de ninguén para dous equipos que o pasado ano loitaron polo ascenso. O encontro foi como para un empate pero foi máis efectivo o Laxe que se adiantaba antes da media hora de xogo por medio de Bieito e a pesares de ter ocasións para irse o descanso gañando vía como pasada a media hora de xogo lles empataban o encontro cun gol de Javi a saida dun saque de curruncho. Na segunda metade estivo mellor o Buño e parecía que se ía a poñer por diante pero en troques era Guzmán o que facía o 1-2. No treito final cos oleiros volcados puido chegar o empate pero non sería así.

O día que o Ameixenda saque 3 puntos será noticia, pero desta vez ainda non foi. Aguantou ben na primeira metade a pesares de que pronto se adiantaba o Sporting Seaia por medio de Juni, resultado co que se foron a vestiarios, pero na segunda e ralo gol de Charro nada máis voltar a rodar o balón, a chuvia foi de SW, de W e de goles. Luis, Juan Castreje, Charro e Juni, completron o 0-6 final.

-Foto : Sporting Zas

-Foto : UD Cerqueda

-Texto : Xosé Búa “Pirata”