CRÓNICAS : 3ª DA COSTA, (5ª Xda) : “Vitorias de, Monte Louro, Mazaricos, Seaia e Zas e empate antre Buño e Muros, nos encontros dominicais da xornada”.

3ª DA COSTA

(Terceira Futgal “A Costa”)

Xornada 5

Sábado 10/10/2026

Volantes de Baño FC 0-2 SD Laxe

Inter de Brens 2-7 SD Camelle

Bergantiños FC “B” 8-0 Club Deportivo Razo

Crónicas destes encontros : PREME AQUÍ

Domingo 11/10/2026

CD Nantón 0-3 UD Monte Louro

SCD Buño 2-2 CD Muros

CF Mazaricos 2-0 CD Baiñas

Sporting Seaia CF 3-1 UD Cerqueda

Lira CF 2-5 Sporting Zas

.

CRÓNICA XERAL

A 5ª xornada da 3ª da Costa, correspondente á Terceira Futgal “A Costa”, deixou unha tarde dominical con goles, emoción e encontros de moita loita. O UD Monte Louro impúxose con claridade no campo do CD Nantón, que xunto co CD Razo son os únicos equipos sen puntuar, o Sporting Zas levou os tres puntos de Lira cunha goleada e o Sporting Seaia CF fixo seu o derbi malpicán ante o UD Cerqueda. Pola súa banda, o CF Mazaricos superou o CD Baiñas na recta final, mentres que o SCD Buño e o CD Muros repartiron os puntos nun choque que rematou con táboas e expulsión visitante que chegou a ir 0-2.

A xornada do domingo completouse despois dos tres encontros disputados o sábado, nos que o SD Laxe, o SD Camelle e o Bergantiños FC “B” sumaran os tres puntos. As crónicas dos partidos sabatinos poden consultarse na crónica dos encontros do sábado.

CRÓNICAS INDIVIDUAIS

CD Nantón 0-3 UD Monte Louro

O UD Monte Louro sumou unha importante vitoria a domicilio ao derrotar por 0-3 ao CD Nantón e engánchase a zona da loita por todo. O conxunto visitante encarrilou o encontro na primeira metade, con dous tantos que lle permitiron marchar ao descanso cunha boa vantaxe, e sentenciou na segunda parte.

O Monte Louro, que xa gañaba por dous goles ao descanso, pechou o triunfo co tanto de Iker Lado aos oito minutos da reanudación. Tres puntos que lle permiten seguir na zona alta da clasificación, igualado a 10 puntos co CF Mazaricos.

Goles: 0-1, Saúl, (9´); 0-2, Sanmartín, (29´); 0-3, Iker Lado, (53´).

SCD Buño 2-2 CD Muros

O SCD Buño e o CD Muros asinaron táboas (2-2) nun partido no que os visitantes chegaron a ter dous goles de vantaxe, pero os locais reaccionaron antes do descanso e completaron a remontada parcial na segunda metade. O encontro tamén estivo marcado pola expulsión con vermello directo de Francisco Rodríguez, do CD Muros.

O Muros puxérase por diante con dous tantos, pero Salah recortou distancias pouco antes do descanso e, xa no segundo tempo, asinou o seu dobrete para establecer o definitivo empate. O Buño sumou así un punto nun encontro no que tivo que traballar para neutralizar a vantaxe visitante.

Goles: 0-1, Dani Fernández, (9´); 0-2, Xavier, (35´); 1-2, Salah, (44´); 2-2, Salah, (56´).

CF Mazaricos 2-0 CD Baiñas

O CF Mazaricos tivo que esperar á segunda metade para abrir o marcador ante o CD Baiñas, nun encontro que resolveu na recta final con dous tantos. Raúl adiantou os locais e Samuel sentenciou a un minuto de cumprirse o tempo regulamentario.

O triunfo permite ao Mazaricos alcanzar os 10 puntos e manterse na parte alta da táboa. O Baiñas, pola súa banda, quedou sen premio nun choque que se mantivo aberto ata os últimos minutos.

Goles: 1-0, Raúl, (61´); 2-0, Samuel, (89´).

Sporting Seaia CF 3-1 UD Cerqueda

O Sporting Seaia CF impúxose por 3-1 ao UD Cerqueda no derbi malpicán da xornada. Os locais comezaron con moita forza e, cando apenas transcorreran once minutos, xa mandaban por dous goles. O Cerqueda reaccionou e recortou distancias, pero o marcador non volveu moverse ata o tempo engadido.

Edu Souto abriu o marcador aos dous minutos e Borja ampliou a vantaxe pouco despois. Darío devolveu a emoción ao derbi co 2-1, resultado co que o encontro seguiu vivo ata o final.

A segunda metade foi moi física e trabada, cunha sucesión de duelos e interrupcións. O colexiado Iván Guerra mostrou seis das oito cartolinas amarelas que ensinou durante todo o encontro nese segundo período. Xa no minuto 97, Canedo pechou o triunfo do Seaia co definitivo 3-1.

Tres puntos importantes para o Sporting Seaia, que se mantén con nove puntos, mentres que o Cerqueda continúa con catro.

Goles: 1-0, Edu Souto, (2´); 2-0, Borja, (11´); 2-1, Darío, (21´); 3-1, Canedo, (97´).

 

Gol de Iván Redondo de penalti.

CF Lira 2-5 Sporting Zas

O Sporting Zas conseguiu unha contundente vitoria por 2-5 na súa visita ao CF Lira , nun encontro con moitos goles e un marcador que foi medrando especialmente na segunda metade. Os visitantes construíron unha vantaxe de tres tantos antes de que o Lira reaccionase nos minutos finais, pero o Zas acabou impoñendo a súa pegada ofensiva.

Iván Redondo abriu o marcador no primeiro cuarto de hora e Pablo Fuentes ampliou a diferenza pouco antes do descanso. Na reanudación, Adrián Rama fixo o 0-3, deixando o encontro moi costa arriba para o Lira.

Os locais non baixaron os brazos e Óliver recortou distancias no minuto 87. Logo, Iván Redondo transformou un penalti no 92´ para devolverlle tranquilidade ao Zas. Javi García volveu marcar para o Lira no 96´, pero Youssef estableceu o definitivo 2-5 no 97´.

Un triunfo de moito valor para o Sporting Zas, que alcanza os nove puntos e continúa na zona media-alta da clasificación. O Lira queda con seis puntos tras unha xornada na que lle tocou sufrir ante a eficacia visitante.

Goles: 0-1, Iván Redondo, (13´); 0-2, Pablo Fuentes, (40´); 0-3, Adrián Rama, (47´); 1-3, Óliver, (87´); 1-4, Iván Redondo, (92´ de penalti); 2-4, Javi García, (96´); 2-5, Youssef, (97´).

.

Clasificación

1º Bergantiños FC “B”: 15 puntos
2º SD Laxe: 15 puntos
3º CF Mazaricos: 10 puntos
4º UD Monte Louro: 10 puntos
5º Sporting Zas: 9 puntos
6º CD Baiñas: 9 puntos
7º Sporting Seaia CF: 9 puntos
8º CD Muros: 8 puntos
9º SCD Buño: 8 puntos
10º SD Camelle: 7 puntos
11º CF Lira: 6 puntos
12º UD Cerqueda: 4 puntos
13º Volantes de Baño FC: 3 puntos
14º Inter de Brens: 2 puntos
15º Club Deportivo Razo: 0 puntos
16º CD Nantón: 0 puntos

.
3ª DA COSTA
Xornada 6

Domingo 18/10/2026

UD Monte Louro – Inter de Brens

Club Deportivo Razo – CD Nantón

CD Muros – Bergantiños FC “B”

CD Baiñas – SCD Buño

SD Laxe – CF Mazaricos

UD Cerqueda – Volantes de Baño FC

Sporting Zas – Sporting Seaia CF

SD Camelle – Lira CF

–

-Foto e vídeo : Prensa Sporting Zas

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

–