3ª DA COSTA
18ª xornada
Domingo 08/02/2026
Inter de Brens 0-3 CD Baiñas
UC Cee 0-6 Atlético Pereiriña FC
CF Muxía “B” 2-3 SCD Buño
CD Nantón 4-4 SD Camelle
CF Lira 0-2 SD Oza
SD Coristanco 1-1 Volantes de Baño FC
UD Cerqueda 1-2 SD Laxe
Descansa : Sporting Seaia CF
Por problemas facemos unha crónica máis recortada e cos comentarios que nos chegaron, e iremos sumando segundo nos cheguen máis.
CRÓNICA XERAL
A 18ª xornada da 3ª da Costa confirmou a firme candidatura do Oza ao ascenso directo e deixou a loita polos postos de promoción máis axustada ca nunca. O conxunto ocense cumpriu co seu papel vencendo por 0-2 no campo do Lira, sumando tres puntos clave que lle permiten abrir fenda na cabeza da clasificación e aproveitar tanto o descanso do Coristanco na xornada anterior como o empate desta fin de semana.
Así nos conta Óscar Leis adestrador dos lirachos a sua visión deste choque : “Competimos bastante ben ante un rival que está a facer unha grandisima tempada pero en duas accions a balón parado chegarian os dous goles en contra mediada a segunda parte, o primeiro nun remate de cabeza e o 2-0 nun segundo balón. Os rapaces, novamente con 5 xuveniles titulares e 1 mais na convocatoria, fixeron un gran esforzo defensivo para conter a un gran rival e si que ofensivamente nos costou moito ainda que o primer gol marcariamolo nos primeiros minutos, concedido polo arbitro e cando estábamos a celebralo nunha decisión case que historica pois inventou o VAR da costa decidiu anulalo. O resultado e xusto e sin quitarlle ningún mérito o rival si que considero que os meus xogadores sufriron un criterio arbitral totalmente diferente o rival.”
Gonzalo Novo, (Adestrador no SD Oza) :
“Partido complicado nun campo duro e contra un rival que, a pesar de ir abaixo na clasificación, demostrou competir todos os partidos. Empezaríamos querendo xogar o fútbol e tendo o dominio do xogo, pero serían eles quen avisarían primeiro, tanto que nunha das primeiras xogadas do partido anúlanlle un gol por falta ao noso central, que para min é moi clara. Non estabamos encontrándonos cómodos como nos gustaría, posto que o Lira se estaba encerrando atrás e case non nos deixaba chegar arriba, e con este resultado chegaríamos ao túnel de vestiarios.
No descanso metemos o incansable Nacho, que viña dunha lesión no pubis e non queriamos correr riscos meténdoo de inicio e que fose peor o remedio ca a enfermidade, e cambiounos totalmente o partido: primeiro cun cabezazo marca da casa dende case fóra da área que a manda á escuadra, e despois desviando un tiro forte de Iago Lavandeira para despistar ao porteiro e matar un partido que nos custou moito sacar os 3 puntos, pero que conseguimos.
Aproveitando o empate do Coristanco e a derrota do Cee, abrimos aí unha pequena diferenza co segundo posto e unha algo máis grande co terceiro, que sería quen marca os postos de play-off.”
Precisamente o Coristanco cedeu dous puntos no seu empate 1-1 fronte aos Volantes de Baño, un resultado que lle impide seguir o ritmo dun Oza lanzado e que deixa ao líder con 45 puntos, tres máis ca o seu inmediato perseguidor. Nunha liga na que ascenden dous equipos de maneira directa, este tropezo alonxa os da Terra da Pataca do título tras mandar na liga a maioría do tempo desde o inicio.
Na pelexa polos postos de promoción destacou o contundente e sorprendente pola goleada no triunfo do Atlético Pereiriña, no derbi no que goleou por 0-6 ao UC Cee e dá un salto importante na clasificación, pasando da sexta á cuarta praza. O Cee, pola súa banda, mantense terceiro pero perde toda opción de achegarse aos dous primeiros tras unha dura derrota na casa.
Tamén foi unha xornada positiva para o Laxe, o “Doutor Jeckill e mister Hyde” da liga, que venceu por 1-2 no campo do Cerqueda, superando ao seu rival directo e meténdose de cheo na loita polos postos de promoción, aos que acceden do terceiro ao sexto clasificado. O Buño continúa coa súa boa dinámica tras impoñerse por 2-3 ao Muxía B, un resultado que lle permite seguir escalando posicións e consolidarse na zona media-alta.
O Camelle chegou a ir perdendo 3-1.
Na zona media-baixa, o empate espectacular entre o Nantón e o Camelle (4-4) deixou goles e emoción, pero pouca variación na táboa, mentres que o Baíñas sumou unha vitoria importante por 0-3 ante o Inter de Brens, afastándose dos últimos postos e confirmando a súa melloría nas últimas xornadas. O Seaia, que descansou, mantén a quinta posición, aínda que ve como os seus perseguidores se lle achegan perigosamente.
Nunha categoría sen descensos pero cunha promoción moi disputada, a xornada deixa claro que o Oza dá un paso adiante cara ao ascenso directo, mentres que a loita polo segundo posto e polas prazas de promoción promete máxima emoción nas vindeiras semanas, que tamén hai que dicilo, “esto é fútbol”, e senón que llo digan aos laxenses…pode pasar de todo, polo que o que digamos non deixa de ser unha conxetura.
Parón polo Entruido
A vindeira fin de semana esta liga para polo Entruido.
.
CLASIFICACIÓN
1º S.D. Oza : 45 puntos
2º S.D. Coristanco : 41 puntos
3º U.C. Cee : 32 puntos
4º Atlético Pereiriña : 29 puntos
5º Sporting Seaia : 28 puntos
6º U.D. Cerqueda : 26 puntos
7º S.D. Laxe : 26 puntos
8º S.C.D. Buño : 25 puntos
9º C.D. Baiñas : 23 puntos
10º Volantes de Baño F.C. : 20 puntos
11º Camelle S.D. : 19 puntos
12º C.D. Nantón : 15 puntos
13º Lira C.F. : 14 puntos
14º Muxía C.F. B : 9 puntos
15º Inter de Brens : 7 puntos
.
3ª DA COSTA
19ª xornada
Domingo 22/02/2026
Volantes de Baño FC – Inter de Brens, ás 13:00
SD Oza – CF Muxía “B”, ás 16:00
Atlético Pereiriña FC – UD Cerqueda, ás 16:30
SD Laxe – CD Nantón, ás 16:30
Sporting Seaia CF – SD Coristanco, ás 17:00
CD Baiñas – CF Lira, ás 17:00
SCD Buño – UC Cee, ás 18:00
Descansa : SD Camelle
Os horarios non son reais.
.
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Fotos : Roi Búa