CRÓNICAS 31ª XORNADA DA 1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO : “MALA XORNADA EN XERAL PARA OS EQUIPOS COSTEIROS, AGÁS O DUMBRÍA QUE FOI O ÚNICO QUE SUMOU DE 3”.

 

Mala xornada para a maioría dos equipos da costa en especial para os que loitan por afastarse do descenso que perdían os tres, Mazaricos, Baio e Esteirana. Goleada do Dumbría ao descendido Silleda e empate do Xallas que o saca dos postos de promoción por golaveraxe. Unha promoción a que se acerca o Dumbría e que vai a estar moi reñida ata o final da liga, xa que antre os dumbrieses, 7º con 58 e o terceiro, Cordeiro CF, hai tan só 3 puntos, polo que nas 3 xornadas que quedan, loitarán 6 equipos polos 3 postos de promoción. 

Segundo nos vaian chegando os comentarios dos adestradores que faltan poñerémolos nas crónicas, polo que estas están sen pechar ata telos todos completados.

 

 

Xallas FC 0-0 Puebla FC

Adrián Vázquez, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido onde creo que na primeira metade non estivemos todo o fluidos que acostumamos co balón, e nun tempo no que practicamente non houbo ocasións. Nos tivemos unha de Juan e eles un tiro de fora do área. Pero non fomos quen de ter o control. A segunda foi moi distínta, tivemos ocasións de tóddalas cores pero o balón non quixo entrar e hai que seguir, quedan 3 partidos e a ver se somos quen de sacar os 9 puntos e a ver ata onde nos da. Felicitar o equipo, sobre todo pola segunda metade na que se vaciaron e crearon ocasións como para gañar ben, o normal tería sido a vitoria nosa. A seguir que esto está moi apretado e moi bonito”.

Goles : 0-0

 

 

CD Lalín 4-0 Soneira SD

Pedro Gómez, (Adestrador do Soneira SD) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 1-0, Manuel, (40´); 2-0, Jorge, (48´de penalti); 3-0, Denís, (52´); 4-0, David, (desconto).

 

 

SD Negreira 2-0 SCDR Esteirana

Encontro moi trabado na segunda metade con moitos paróns por faltas, tantas que nese tramo final tras facer os dous goles seguidos, o colexiado Pedro Mirazo amosou un total de 6 cartóns amarelos. O equipo esteirán chegou a este encontro con moitas baixas e con só 3 xogadores de recambio.

Goles : 1-0, Juan, (67´); 2-0, Gonzalo, (68´).

 

O Mazaricos sufreu unha nova derrota no “Pedra d´ouro”.

 

CF Mazaricos 0-5 SR Calo

Marcos Rodríguez, (Adestrador do CF Mazaricos) :Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 0-1, Mateo, (4´); 0-2, Denís, (74´); 0-3, Adrián, (75´); 0-4, Denís, (80´); 0-5, Sergio, (88´).

Incidencias : O colexiado, Brais Agüero expulsou o meta dos mazariqeunses, Pablo Pose con vermello direto no67. Amosoulle aos locais 4 cartóns amarelos e os visitantes 2.

 

 

CD Baio 1-4 Cidade de Ribeira CF

Félix Raposo, (Adestrador do CD Baio) : “Partido sen moito tramite no Platas Reinoso ante un rival que viña de proclamarse campión na xornada anterior. Primeira parte onde o Baio non foi capáz de asumir todo o que se xogaba e a necesidade de gañar. O Ribeira con pouco adiantábase no matcador 0-2, a partir de aí, e na segunda parte con máis iniciativa e empuxe do Baio pero sen ser suficiente para poder sacar o partido. O Ribeira sen moito ritmo gaña o partido con 3 accións a balon parado”.

Goles : 0-1, Yago, (14´); 0-2, Aguado, (28´); 0-3, Adao, (54´); 1-3, Bieito, (60´); 1-4, Aday, (65´propia porta).

 

 

CF Dumbría 7-0 CF Silleda

Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 1-0, Darío Capelo, (6´); 2-0, Diego Estévez, (10´); 3-0, Darío Capelo, (15´); 4-0, Diego Estévez, (50´); 5-0, Xabier, (63´); 6-0, Xabier, (73´); 7-0, Mario, (75´).

 

 

RESTO DE RESULTADOS

SD Tordoia 4-0 SD Agolada

CF Vista Alegre 2-4 Cordeiro CF

SD Cruces 3-1 SD Flavia

 

 

CLASIFICACIÓN

 

 

Resultados de tódalas ligas da costa masculinas e femininas e ligas con equipos da costa : PREME AQUÍ.

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, poois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda aberta a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva, e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible…Gracias.

 

-Foto : Jorge Villar “Gorrión”

Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores