CRÓNICAS 2ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “SÓ O OUTES REPITEU VITORIA”.

LIGA DA COSTA

O Muxía non puido sumar de tres.

 

2ª Xornada

Muxía CF 0-0 CD Muros

Atragantouselle o Muros ao Muxía, que viña dunha gran vitoria ante o Cerqueda a pasada semana no inicio da liga, (0-5), pero os muradáns souberon defenderse e romper o encontro na media hora final, con numerosos paróns, facendo que practicamente non se xogase. Suman así os muradáns o seu primeiro punto do curso.

 

Volantes de Baño FC 2-1 UD Cerqueda

Traballada vitoria dos de Baño, ante un Cerqueda que trataba de deixar atrás o mal comezo de liga, pero veu como se adiantaban os muradáns, pasada a media hora de xogo, cun tanto de Damián, (38´), resultado co que se chegaba o descanso. Pasada a hora de xogo, éra Ángel, (63´), o que abría fenda no marcador. O gol que poñía aos cerquedenses no encontro, chegaba no 83, por medio de José Guillamet, con tempo para poder rascar algo. No desconto, quedaban os visitantes cun menos por expulsión de Miguelk, que vía o segundo cartón amarelo.

 

UD Corcubión 1-1 Cabana SD

Non puido resarcirse da dura derrota da pasada semana o Corcubión, pero sí que se amosou firme ante un dos “cocos” da categoría. Adiantábanse os locais, de penalti por medio do incombustible, Iago Lema, (42´), resultado co que se ían a vestiarios. Nada máis comezar o encontro, Raúl Corzón, (47´), empataba o choque para os de Cabana. O resultado xa non se movería, ainda que puido caer de calquer lado.

 

SD Coristanco 0-0 SD Castriz

Mollouselle a pólvora a ambos conxuntos, que viñan de golear na primeira xornada, pero desta volta, as defensas superaron aos ataques, nun choque do que se esperaba moito máis.

 

UD Monte Louro 2-1 Ponteceso SD

Chegaban ambos conxuntos ca premura de acadar unha vitoria, tras caer ambos na primeira xornada. Nun choque xogado de poder a poder, Xián, adiantaba aos do Agra de Filgueira, no 21. Antes do descanso Juan Lois facía o 2-0, (44´), pero a hora de xogo, Martín Puente, (61´), poñía de cheo aos pontecesáns no ecnontro, pero xa non se movería o marcador.

SD Oza 0-2 Outes FC

Encontro tosco o que se veu no anexo das Eiroas, (Carballo), e no que os da Serra souberon nadar e gardar a roupa, nun choque no que os ocenses acabaron o encontro con 4 xogadores expulsados, e o seu adestrador, e os outeses, ca expulsión do delegado. Adiantabanse os visitantes aos 13 minutos de xogo, cun tanto de Sergio, e de penalti, antes de irse a vestiarios, Joao Vitor, facía 0 definitivo, 0-2, (45´). Alejandro, (17´e 34´), Daniel Mato, (50´e 55´), Nicolás, (79´e 79´), David López, (57´vermello direto), así coma o adestrador Sebastián Andrade, (81´), foron os expulsados locais, e Erique Fornís, con vermello direto, por parte dos visitantes, (28´). O Outes é o único equipo que sumou duas vitorias nos dous encontros xogados.

 

Corme CF 2-2 Camariñas FC

O Camariñas foi duas veces por diante no marcador, pero veu como lles empataban das duas veces, nunn choque que se fixo de moito contancto no treito final, cos equipos emborcados a pola vitoria. Djibril, adiantaba aos camariñáns, os 5 minutos de xogo, resultado co que se chegaba ao descanso. Nada máis comezar a segunda metade, chegaba o empate para os cormeláns, por medio de Alejo, que transformaba unha pena máxima, (48´). Cando se cumplía a hora de xogo un novo penalti, desta volta para os camariñáns, era transformado por Djibril, (61´), que xa suma 4 goles en dous encontros, e o empate definitivo, chegaba por medio de Lucas no 86´.

 

UC Cee 0-1 SD San Lorenzo

Un tanto de Diego Varela, aos 19 minutos de xogo, deulle os 3 puntos aos de Verdillo, que suman así a primeira vitoria do curso, tras caer na primeira xornada.

 

CLASIFICACIÓN

 

 

PREME AQUÍ e poderás ver os resultados do fútbol senior da costa.

PREME AQUÍ e poderás ver os resultados do fútbol base da costa.

-Fotos e Texto : piratasdemuxia