CRÓNICAS
CF Lira 2-0 Atlético Pereiriña FC
Segunda vitoria consecutiva dos de Gabriel Formoso, nun choque que se empezou a aclarar para os lirachos cando Jesús González batía a Ismael Antelo dende os once metros, tras penalti decretado por Rai Reborido. O gol da tranquilidade chegaba no desconto por medio de Saúl.
SD Laxe 0-1 CD Baiñas
Vitoria moi traballada dun Baiñas que marcaba a media hora de xogo por medio de Kevin, e que é un dos 5 equipos que suman como vitoria as duas xornadas disputadas.
CD Nantón 3-4 Sporting Zas
Goleou o Sporting Zas e chegou a ir gañando 0-3 con tantos de Dani Mato, (17´), Álvaro, (19´) e Chrístian, (58´), pero a piques estivo de tirar todo pola borda, xa que os nantoneses conseguían poñerse 2-3, con tantos de David Fariña, (75´), e Redondo, (88´), pero tanto puido chegar o empate, como chegou o da sentenza, por medio de novo de Chrístian, xa en tempo de desconto.
SD Ameixenda 2-6 CF Porteño
Apabullante en ataque estase a amosar o Porteño de Javi Baña, que suma 12 goles en dous encontros, e co xove Álan Suárez como estrela, con 4 goles neste encontro e 2 máis no da primeira tirada. Tiveron que remontar os da Ponte do Porto o gol inicial de Crístian Caamaño, (16´), e vaia se o fixeron. O primeiro da tarde para Álan, era o do empate, antes do descanso, (37´). As fortaleza amexeixendesa caeu por completo na segunda metade, e chegaron 5 goles seguidos dos visitantes, por medio de Álan, (51´, de penalti, 68´e 69´). Brais, (77´), e Lucas, (85 de penalti). Yunior, facía o segundo dos locais, no tempo de desconto. No penalti do 1-6, era expulsado con vermello direto o xogador local, Brais Iglesias.
CF Castrelo 3-1 Xallas FC “B”
Primeira vitoria do Castrelo nun choque moi ben xogado e no que xa se ían o descanso coa vitoria parcial de 2-0, con goles de Rodrigo, (20´), e Rubén Blanco, (25´). Na segunda metade chegaba o 3-0 por medio de Fran Guillín, gol que deixaba practicamente resolto o choque, pero un gol de Adrián Balsa no 66 abría un novo horizonte no encontro, para os xalleiros que viñan de empater na primeira xornada por 3-3 co Nantón, pero non se movería o marcador.
Sporting Seaia CF 0-4 SCD Buño
Trunfo con solvencia do equipo da olería, que é xunto con Porteño, Zas, Baiñas e Lira, os que suman duas de duas. O derbi só tivo unha cor e foi a do Buño, que xa o deixou resolto na primeira metade, e finiquitado nada máis reiniciarse a segunda. Abreu o marcador, José Suárez, (23´) e Eloy, (36´), e Elías, (44´), poñían o 0-3 no marcador. Iván no 48 facía o definitivo 0-4.
SD Camelle 4-3 SCD Malpica
Foron mellor as dianteiras que as defensas e os porteiros, e neste órdago goleador, eran os camelláns os que se levaban os primeiros tres puntos do campionato, pois ambos chegaban tras caer derrotados na xornada inaugural.
Adiantábase o equipo camellán aos 13 minutos de xogo, cando Adrián Pasantes trasnformaba un penalti. No 25, Kevin empataba para os da Vila da Vida, e 10 minutos despois Carlos Suárez, poñía de novo en vantaxe aos locais. A reacción malpicana nos se deixaba esperar e remontaban con goles de Jorge Martínez, (38´) e Jorge Parada, (45´), antes do descanso.
Calmáronse as cousas na segunda metade, ata pasada a hora de xogo, cando o incombustible Carlos de Dido conseguía igualar o encontro para os camelláns. Non foi ata o desconto cando Adrián Pasantes, que abrira o marcador, pechaba a contenda e dáballe a vitoria aos seus.
CLASIFICACIÓN
PREME AQUÍ e poderás ver os resultados do fútbol senior da costa e feminino.
PREME AQUÍ e poderás ver os resultados do fútbol base da costa.
-Fotos e Texto : piratasdemuxia