Xa facía tempo que non falábamos dun pleno de vitorias das nosas representantes na 2ª Galega, pero desta vez deuse e valen para que tanto Xallas, como Cee se vaian acercando a loita pola permanenza e que as Miúdas sumen a sua segunda vitoria e manteñan lonxe o feito de non ser colistas.
Xallas FC 1-1 ADC San Roque
José Carlos “Rupper”, (Adestrador do Xallas FC) : “Un punto que sabe a pouco o colleitado polas verdes no seu envite diante do equipo lucense do San Roque. O Xallas dominou o partido, con numerosas chegadas que non foron abortadas pola porteira e nalgúns caso polos postes. Nunha das poucas aproximacións o San Roque púñase por diante na primeira metade. No segundo tempo o Xallas volcouse ata acadar o empate que sería obra de Michelle, nun córner que rematou coa testa, desta forma voltaba a saborear o gol despois da grave lesión que a apartou dos terreos de xogo. Moi bó partido en liñas xerais das feminas xalleiras”.
Xallas FC : Rosio; Paula, Saskia, Ali, Otero; Carla, María, Noelia; Andrea Barbeira, Claudia Facal e Olalla.
Tamén xogaron: Laura, Michelle, Zaira, Yasmina e Valeria.
Goles : 0-1, Míriam, (38´); 1-1, Michellle, (84´).
UC Cee 3-0 ED As Miúdas
Chegaron con moitas baixas as ceenses pero un gol de Paula no primeiro minuto de xogo e outro de Nayara aos 13, fixeron que o encontro xa quedase bastante decantado e con marxe para cando chegase o cansazo, pois o campo ceense polas suas dimensións é dos que fan que aos participantes no xogo se lles faga máis duro o treito final, sexa por defender ou por atacar. Nayara no 61 xa deixaba o encontro sentenzado.
Goles : 1-0, Paula, (1´); 2-0, Nayara, (13´); 3-0, Nayara, (61).
UC Cee : Sharay, Lucía Rodríguez, Lucía Facal, Nerea, Paula, Saray, Nayara, Lucía Martínez, Laura, Sabela e Minerva. Tamén xogou : Lucía Sieira.
ED As Miúdas : Atenea, Elba, Alba, Leire, Ximena, Sabela, Cristina, Adriana, Marta, Paula e Laura. Tamén xogaron : Clara, Adriana, Ana e Carlota.
Goles : 1-0, Paula, (1´); 2-0, Nayara, (13´); 3-0, Nayara, (61).
-Foto : UC Cee
-Texto : Xosé Búa “Pirata”