CRÓNICAS 29ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “TENSIÓN NA PARTE BAIXA POR ESCAPAR DOS POSTOS DE ARRASTRE”.

 

Penúltima xornada da Liga da Costa e o San Lorenzo non baixou o pistón a pesres de gañar a liga a semana pasada, e no enfrontamento estrela da xornada por arriba, o terceiro, Corme, e o segundo, Muxía, tras empatar a uns, (1-1), todo sigue igual, e non saberemos ata a vindeira semana quen acaba subcampión, así coma o posicionamento para a promoción. Por abaixo, Cerqueda, Oza e Corcubión xa son equipos da 3ª da Costa, falla saber os arrastres, que parece que vai a haber moitos, e periga a situación do Volantes, que ainda que venza apara a semana seguirá cuarto pola cola, e ata poderían caer máis, polo que, de abaixo arriba, Monte Louro, Coristanco, Cabana, Muros, Cee e ponteceso, en maior ou menor dúbida, ainda poden levar un susto, segundo os resultados que se den. Lembrade que o ano pasado baixaron 6, e este ano as cousas na 1ª Galicia para Mazaricos, Baio e Esteirana non están moi alagüeñas, cos de Mazaricos xa practicamente descendidos, xa que na Preferente tamén cae o Fisterra.

Noutro ámbito diferente o que foi a xornada, Pablo Mallón, adestrador do ponteceso SD, comunicoulle o clube que o final da tempada, cando acabe a copa, deixará o clube, tras 4 anos no mesmo.

 

CRÓNICAS 29ª XORNADA

Os capitáns, Alejo e Michael, duas lendas activas do fútbol da costa.

 

Corme CF 1-1 Muxía CF

Ángel Pérez, (Adestrador do Corme CF) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 1-0, Borja, (57´); 1-1, Maikel Mouzo, (76´).

 

 

Cabana SD 3-3 SD Castríz

José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabanas SD) : “Comenzou intenso o Cabana que acumulaba chegadas e ocasións e era Miguel por partida doble quen poñía o 2-0. Seguía dominando o Cabana pero nunha man sinalada fora da área o Castriz acurtaba cun bo lanzamento de Iván Facal no primeiro tiro do Castríz. Seguía apretando o Cabana que pedía ata dous penaltis por man que o colexiado non apreciou. Empataba o Castríz nun corner que tocaban o a lemón un defensa e Moreira no seu segundo remate a porta. O Castríz comenzou mellor o segundo tempo pero recuperábamonos e adiantábamonos cun penalti sobre Miguel que transformaba Castro. Puidemos sentencia pero o porteiro do Castríz fixo duas grandes paradas. Xa no desconto nova mano sinalada moi protestada por nós, e Iván Facal fai outro lanzamento que pega no poste e acaba no fondo das maĺlas poñendo o 3-3 definitivo…Xogaron : Víctor (Manuel), Aaron, Naka, Mario (Dani), Cristian (Javi), Fernando, Sergio Antelo, Sergio Ferreiro, Simon (Pablo), Miguel (Gabriel), Castro”.

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castríz) : “Partido no que se notaba que se xogaba máis o Cabana, para escapar das posibles arrastres e chegábamos os dous equipos con moitas baixas. Plantexamos un partido moi diferente ao que acostumamos, tentando defendernos e buscar xogadas por velocidade. Puxémonos repregados esperando, pero o plan saeume rematadamente mal, asumo as culpas, pois xa íamos perdendo por 2-0 aos 10 minutos. trocamos o que nos funcionou todo o ano, e trocamos a dinámica do partido e nivelamos o xogo e estando máis preto do gol, ainda que os nosos goles viñeron a balón parado, tras unha falta sacada por Iván Facal e un saque de canto que rematou Ramón de testa. Chegamos 2-2 o descanso e ca sensación de que podíamos darlle a volta o marcador. Na segunda comezamos ben, os primeiros 20-25 foron nosos e puidemos adiantarnos cunha de Noli e outra de Pastoriza, non chegou o gol e o Cabana en duas accións boas puido marcar, e chegáballes o gol nun dos chamdos “penalti tonto”. e puxéronse 3-2. Parecía que se ía a acabar así, eles trataron de ralentizar o xogo, pero non o conseguiron e noutra falta direta outro golazo de Iván Facal. Creo que o empate foi xusto. Veuse un encontro moi divertido pola proposta alegre dos dous equipos a hora de xogar o balón”.

Goles : 1-0, Miguel, (6´); 2-0, Miguel, (14´); 2-1, Iván Facal, (18´); 2-2, Joser, (41´); 3-2, Diego Castro, (70´); 3-3, Iván Facal, (90´).

 

UD Monte Louro 0-2 SD San Lorenzo

David González “Bibi”, (Adestrador do UD Monte Louro) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Dani Casal, (Adestrador do SD San Lorenzo) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 0-1, Iván Rojo, (42´); 2-0, Iván Rojo, (90´).

 

 

UD Corcubión 2-6 Outes FC

Nito Quintela, (Adestrador do UD Corcubión) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Miguel Ángel Ramos, (Adestrador do SD San Lorenzo) : “Primeira metade na que saimos moi ben, tíñamos o control pero faltábanos lucidez no derradeiro pase. Eles tentaban facernos dano a contra. O primeiro chegou tras varios rexeites e este gol deunos tranquilidade para facer mellor o que estábamos facendo. Conseguímolo segundo e nunha xogada aillada fan eles o 1-2 co que nos fomos o descanso. Na reanudación correximos algunhas cousas e fixémonos dominadores do partido, fixemos 4 goles e puideron ser varios máis. O gol deles chegou de maneira aillada o final”.

Goles : 0-1, Adrián, (32´); 0-2, Roberto, (41´) ; 1-2, César Lojo, (42´); 1-3, Roberto, (51´); 1-4, Roberto, (61´); 1-5, Joao, (70´); 1-6, Roberto, (80´); 2-6, Borja, (85´).

 

 

UC Cee 7-0 UD Cerqueda

UC Cee : Buscamos colaborador

Emilio Uzal, (Adestrador do UD Cerqueda) :“Partido no que en ningún momento tivemos posibilidade algunha como neste último tramo de tempada…Resultado 7-0. Descenso consumado e a remar para a seguinte tempada. Este ano para olvidar, tamén ten cousas positivas como a mellora e evolución de chavales moi novos que no futuro daran que falar e cuestión de paciencia e comezar a traballar na planificación da próxima tempada. Non estaba acostumado a estas situacións cando fichei, pero só pola xente que me encontrei volvería a facelo sen dubidalo, a pesar da mala tempada marcada por todo o que sucedeu no clube. Por moito que fastidie a algúns o Cerqueda ten futuro”.

Goles : Ezequiel, Bruno, (4), Fraga, 4 Gabriel. Acabou a primeira metade con 5-0.

 

 

SD Coristanco 0-2 Camariñas FC

Alejandro Rodríguez “Juni”, (Adestrador do SD Coristanco) : “Primeiros minutos nos que saía mellor o Camariñas, pero logo lle dábamos a volta a situación. Pasando a dominar ata o 35 aproximadamente. Neste tramo 3 ocasións claras en pés de Casti e Rama que non chegaban a contactar ben co balón e Randy que, tras boa xogada persoal, disparaba contra un defensa. A partir de aí, outro arreón deles cun disparo que atallaba Rubén. 0-0 ó descanso.
Xa na segunda, sacaba o porteiro visitante Unha man salvadora a disparo dende fóra de Rama. E Damián unha na nosa portería cando Rubén xa estaba superado. Sería Djibril o que gañaba unha disputa nunha falta lateral para que na sua deixada marcasen o 0-1. Partido de ida e volta entón, onde eles conseguirán facer varias claras, ata conseguir o 0-2 nunha gran xogada colectiva. Desde isto, foi un querer e non poder pola nosa parte, sendo a máis clara un disparo dende fóra da área do debutante, con 15 anos, Rodrigo. Por segunda xornada consecutiva, a nosa falta de contundencia en ataque si a ten o rival. Xogaron os cadetes de 15 anos Rodrigo (debutante) e Benxamín (3° partido)”.

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Partido que se nos presentaba complicado xa que eles precisaban gañar para afastarse dos postos de arrastres e nós para evitar problemas de última hora. De feito o primeiro tempo foi máis igualado, ainda que nós tivemos máis situacións de perigo. eles a balón parado tamén tiveron. No segundo tempo saíron os nosos a polo partido creando ocasións e marcando os goles. Creo que o resultado foi xusto. Tres puntos para meternos na dinámica positiva e acabar o ano ben e que nos sirva de aprendizaxe para o futuro”.

Goles : 0-1, Soule, (60´); 0-2, Djibril, (67´).

 

 

SD Oza 1-2 CD Muros

Miguel Sande, (Adestrador do SD Oza) : “Cando nos chegue o comentario poñerémolo aquí”.

Juan Manuel Luces, (Adestrador do CD Muros) : “Partido importantísimo para nosotros donde lo más importante eran los tres puntos. Un partido jugado más con el corazón que con la cabeza, donde en el inicio de la segunda parte se prondría muy cuesta arriba pero que conseguiríamos en el último suspiro con un gol de Pelos. Cabe destacar la actuación de Xandre que fue decisiva y dar ánimos al jugador del Oza que se golpeo en la barandilla”.

Goles : 1-0, Nico, (36´); 1-1, Bruno, (56´); 1-2, Isaac Fábregas, (65´).

Incidencias : O árbitro do encontro, Alfonso Caamaño expulsou con dobre cartón amarelo a Daniel López, (40´e desconto), do Oza. Tamén desexarlle que se quedara en nada o golpe que se levou un dos xogadores locais, ao chocar cas temidas e perigosas barandillas que dilimitan o campo, tanto neste caso coma en tódolos que as teñen.

 

 

Volantes de Baño FC 2-3 Ponteceso SD

Daniel Suárez “Chicho”, (Adestrador do Volantes de Baño FC) : “Estamos acabando a Liga en cuadro, chegamos con tan só 13 xogadores dispoñibles. Xogamos cun 1-4-2-3-1, en bloque medio-alto. Empezamos ben con chegadas e cunha falta de Pesco a cruceta. Pero eles empezaron a chegar polo lado esquerdo e desde aí nun fallo defensivo noso marcan o 0-1. Sin tempo para a reacción noutro fallo do lateral dereito marcan o 0-2. Na 2ª parte modificamos a 1-4-4-2 abrindo moito o campo e nuns bos minutos Mamadou de cabeza dentro da área, recurta distanzas, e David nun corner fai a igualada. Aí deixamos que o Ponteceso se metese de novo no partido e nun corner o final, no enésimo fallo defensivo, marcan o 2-3.“.

Pablo Mallón, (Adestrador do Ponteceso SD) : “A primeira metade creo que foi a mellor de toda a liga, eles tiveron o principio un par de ocasións pero logo dominámola de cabo a rabo, cun xogo de toque de balón espectacular, con eles sometidos o noso xogo. Moitas ocasions, fixemos un por medio de Mendi e outro de Charro, pero tivemos ocasións de tódalas cores, para ir o descanso cun 0-4 ou 0-5. Adaptámonos perfectamente o campo, e pasounos o de moitos encontros anteriores, non pechamos o partido e logo na segunda metade sufrimos. Triocaron de un a dous dianteiros, e ca calidade de Pesco que a pon onde quer e sí que nos fixeron dano. Puidemos pechar o encontro cunha de Luca que fallou na liña de gol. Empátannos e cun balón parado incluso puideron remontar e quedando 5 minutos para o remate, un saque de curruncho que da nun e vai gol. tres puntos para así acabar a tempada sen sufrimento e co último encontro para disfrutar, nesta tempada con máis pena que groria”.

Pablo Mallón non seguirá a vindeira tempada

“Onte comuniqueille ós xogadores que a final de temporada vou a deixar o club. Con dor e pena pero tras catro anos creo que é o mellor para o club e para mín. Cando remate a nosa participación na copa direi adeus”.

Goles : 0-1, Mendieta, (23´); 0-2, Charro, (26´); 1-2, Mamadou, (59´); 2-2, Pesco, (75´); 2-3 Eloy, (82´).

 

 

CLASIFICACIÓN

 

 

-Foto : Eduardo Cambón

-Texto : Xosé Búa “Pirata”