CRÓNICAS 29ª XORNADA DA 1ª GALICIA G2 : “VITORIAS DE XALLAS E BAIO, MOI IMPORTANTES, EMPATE DA ESTEIRANA E DERROTAS DE DUMBRÍA, BAIO E SONEIRA”.

 

Importante vitoria do Xallas na parte alta, que non afroxa e terá loita ata a xornada final, cun gol do veterano Doro, nun encontro complicado. Non menos importante a vitoria do Baio, neste caso por abaixo, e para seguir soñando, e empate da Esteirana, que sempre é bo puntuar, e que fixo que o Calo non se lle escape na loita pola permanenza, e empate que foi mellor para o Baio, na loita que teñen antre ambos. Pola sua banda o Dumbría e o Soneira caían e dan un paso atrás. Os viminceses xa se descolgan da loita por arriba, e os dumbrieses, seguen vivos, pero como decíamos os de arriba non afroxan.

Segundo nos vaian chegando os comentarios dos adestradores que faltan poñerémolos nas crónicas, polo que estas están sen pechar ata telos todos completados.

 

Doro fixo o seu cuarto gol nesta tempada.

 

Xallas FC 1-0 SD Agolada

Adrián Vázquez, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido no que tivemos unha moi clara de Juan aos 5 minutos de xogo que quitaron baixo paus, pero a verdade é que non foi dos nosos mellores encontros, non estábamos moi fluidos na circulación de balón, e o Agolada si que nos creou moitos problemas co seu dianteiro en todo o partido. Chegamos cero a cero o descanso e na reanudación tivemos o balón pero sen xerar, non estivemos precisos, e eles cada vez que chegaban co balón nos xeraban, pero a verdade é que Couto fixo 2-3 paradas moi, moi boas, que nos mantivo no partido. O final si que fomos quen de metelos no seu campo e de xerar ocasións e aproveitamos unha de Doro, e a partires do gol sufrir ata o final do encontro. O que decía a semana pasada, ca racha de vitorias que levamos é moi difícil e é normal que suframos, xa que non é normal a cantidade de vitorias que levamos na segunda volta e felicitar o equipo polo que está facendo na segunda volta, e os equipos de arriba non afroxan e seguir aí na loita que está todo moi bonito”.

Goles : 1-0, Doro, (72´).

Incidencias : O árbitro Abel González, expulsou con dobre cartón ao xogador xalleiro, Diego, (89´e 90´), e amosoulle amarelas os visitantes, Nicolás, Jacobo e Óliver.

 

 

SD Cruces 1-0 Soneira SD

Pedro Gómez, (Adestrador do Soneira SD) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 1-0, Manuel, (23´).

 

 

SR Calo 1-1 SCDR Esteirana

A Voz da Esteirana : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 1-0, Denís, (42´); 1-1, Raúl, (90´).

 

 

CF Mazaricos 0-3 Cidade de Ribeira CF

Marcos Rodríguez, (Adestrador do CF Mazaricos) :Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 0-1, Adao, (9´); 0-2, Adao, (12´); 0-3, Pablo, (68´).

 

 

CD Baio 3-1 Silleda

Félix Raposo, (Adestrador do CD Baio) : “Partido onde o comezamos moi metidos, impoñendo ritmo e facéndonos co control do xogo, e así adiantámonos no marcador, e collemos a ventaxe de 2-0. A partires de aí pecamos e contaxiamonos do ritmo lento e sen continuidade que quería o Silleda. Ainda así por momentos fomos moi superiores e con moita chegada. Así chegou en acción a balón parado o 3-1 definitivo”.

Goles : 1-0, Pablo, (17´); 2-0, Aitor, (29´de penalti); 2-1, Rubén, (40´); 3-1, Santiso, (81´).

 

 

CF Dumbría 0-1 Flavia SD

Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : “Creo que foi unha primeira parte igualada e bonita de ver. Tivemos 2 ou 3 opcións de marcar pero non as aprobeitamos. Eles acertaron con unha antes do descanso. Eso levou unha segunda parte na que tivemos a posesión, pero o Flavia defendeu moi ordeado. Non tivemos as ideas claras para xerar suficientes cousas para empatar e así acabou o partido”.

Goles : 0-1, Pedro Giménez, (39´).

 

 

RESTO DE RESULTADOS

CD Lalín 4-3 SD Tordoia

CF Vista Alegre 2-3 Puebla FC

SD Negreira 0-1 Cordeiro CF

 

 

CLASIFICACIÓN

 

 

Resultados de tódalas ligas da costa masculinas e femininas e ligas con equipos da costa : PREME AQUÍ.

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, poois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda aberta a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva, e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible…Gracias.

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies