Aquí tedes tódalas crónicas cos comentarios dos adestradores. De antemán agradecer a tódolos colaboradores as suas aportacións para facer estas crónicas tan extensas e con diferentes puntos de vista, así como a aportación de fotos para ilustrar os comentarios. Se falta algún comentario colgarémolo aquí cando nos chegue, polo que as crónicas non están pechadas ata ter todos. Si como nós decides algún/ha que o cabo de toda semana seguimos sen poñer algún comentario, é porque non nos foi enviado.
A Copa desde mañán mércores
Tal e como xa se vía sobre o papel, mañán mércores xógase os Cuartos de Final da Copa da Costa para o martes 19 xogarse a ida de Semifinais, e antre medias o Domingo 19 a liga. Penoso, pero non imos afondar máis no tema. Apurar vale para que algúns collan vacacións antes. Sempre primeiro a saúde e benestar dos deportistas que deberían ser os verdadeiramente importantes.
-CRÓNICAS 29ª XORNADA-
De interese o único que faltaba e sigue a faltar por saber é quen será o segundo e quen o terceiro. Nistes intres todo sigue igual,pois se o segundo, Corme, perdía co campión, Dumbría, o terceiro, Ponteceso, que está a un punto das de Corme, tamén perdía, polo que queda todo a expensas do que pase na derradeira xornada, na que as formelanas descansan e as pontecesanas reciben o Bergantiños B. No resto nada que reseñar que teña que ver ca clasificación. Por dicir algo, antre o 10º, 8Cabana), e ó 13º, (Noia B), hai 2 puntos, e 4 equipos, tres deles, empatados a 25 puntos, polo que pode haber trocos de posicións na derradeira xornada. Máis ca nada por aquelo que non é o meso quedar 10º ca 13º.
CF Dumbría 4-1 Corme CF
Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) : “O equipo tiña ganas de dedicarlle o titulo a súa afición na casa e sacandose esa espiña da única derrota da temporada, polo cal afrontabamos o partido con muitas ganas e ilusión. No partido empezariamos un pouco espesas e desconectadas a nivel competitivo, pero ca traquilidade de saber que o traballo xa estaba feito, intentaríamos ter a posesión pero unha muy boa orden defensiva do corme e as nosas tomas de decisións máis lentas do común non nos deixaban facer o futbol que nos gusta, con todo esto conseguiamos avanzar e poñer en apuros as visitantes que lles costaba ter claridad nos últimos metros, pero que xeraban perigo entontrando os espacios entre liñas que deixabamos no momento de desorganizarnos pero que conseguiamos solventar, hasta que nunha boa xogada abriríamos o marcador, o cal en vez de darnos tranquilidad nos aceleraba na toma de decisions sin saber leer muy ben o que nos pedía o partido. nun roubo na presión chegarialle o balón a Eva e cun bo movemento poría o 2-0 e pouco despois claudia faría o 3-0 tras un golpeo de fora da área.
Trala volta do descanso, o partido cambiaría e tería un ritmo menos intenso, co Corme esperando para lanzar a presión e as nosas mellor posicionadas e sabendo leer o que nos pedía o encntro chegando por varias veces a area visitante pero sin poder convertir as ocasións, o equipo visitante non pararía de intentalo, pero a boa solvencia defensiva e o bo final de temporada de Lis, facían casi imposible qe abríran o marcador Hasta que Carla tras unha recuperación en salida faría un golazo para acortar distancias, nese momento o partido volveríase tosco, sin un xogo fluido, unicamente por momentos que conseguiamos conectar e encontrar espacios e fui nunha desas cando Kelly faría o definitivo 4-1.
Dar a noraboa o Corme, a pesar do resultado e de chegar a este partido sin opcións de gañar a liga, demostraron o porque estiveron tanto tempo na parte alta da clasificación, equipo ben traballado e ordenado coas ideas muy claras, de seguro lles queda muito que decir tanto na fase coma na copa. Pola nosa parte pensa xa no partido do mércoles“.
Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido que cerraba esta Liga tan bonita para nos e na que salvo o último mes, conseguimos exixir o gran favorito e merecido campeón de Liga, o Dumbria. Fomos o Conco a lavar a mala imaxen do Domingo pasado contra o Bergan B, e en canto a eso salin contento, sei que o 4-1 pode parecer o contrario, pero moi orgulloso da personalidad e carácter do meu equipo, sin renunciar o q somos, e con esa idea salir a competirlle o Dumbria de tu a tú, pero cun equipo dese nivel tan alto sempre e un risco e en tres zarpazos de calidad individual, primero Kelly dende fora da área, despois Eva de xogada individual espectacular e para rematar Claudia cun un tiro impresionante dende fora da área de novo, deixarian o partido listo para sentenza na primera parte. Na segunda xa sería mais un partido para darlle minutos a todas por parte dos dous equipos que se cerraría con un gran gol de Carla e outro detalle de Calidad de Kelly. Equipazo éste Dumbria co que da gusto competir, quedanos a espiniña clavada de non haber aguantado o ritmo ata o final para habernos xogado a liga onte, houbese sido algo bonito de vivir.
Noraboa o Campeón”.
CF Dumbría : Lissette, Noa, Paula Carril, María, Sabela, Yoli, Claudia, Serena, María, Eva e Kelly. Tamén xogaron : Lara, Lucía Fdez., Laura, Juliette e Reyes.
Corme CF : Irene (Salomé), Aroa, Vero, Candela (Lucía), Ana, Olalla, Natalia, Cris, Carla, e Nerea (Ana)
Goles : 1-0, Kelly, (10´); 2-0, Eva Lema, (35´); 3-0, Claudia, (44´); 3-1, Carla, (60´); 4-1, Kelly, (desconto).
******
O Bergan B celebrando unha vitoria máis.
Bergantiños FC B 5-2 UD Corcubión
Nacho Boedo, (Adestrador do Bergantiños FC B) : “Partido dominado con balón el cual empezamos perdiendo por una pérdida tonta, remontamos relativamente pronto y ya fuimos ganando al descanso. El Corcubión, que solo pudo venir con 11 jugadoras, tiró 2 veces entre los 3 palos y fueron los 2 goles. Tuvimos muchas llegadas y el resultado pudo ser mayor pero su portera hizo alguna parada de mérito. Continuamos con una gran segunda vuelta pese a tener a varias jugadoras lesionadas“.
Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “A espera do comentario…”.
Goles : 0-1, Alexandra, (14´); 1-1, Carla, (21´); 2-1, Carla, (24´); 3-1, Carla, (49´); 4-1, Sara, (69´); 4-2, Noa, (73´); 5-2, Jimena, (79´).
******
AD Nicrariense 2-1 Ponteceso SD
Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : “Tocaba viaxar ata Negreira para xogar ante un rival difícil para ao Puenteceso xa que non lle conseguiu gañar nunca. As de Curro ían coa intención de romper esa mala xeira, pero as pontecesás non tiveron o seu día no campo do Cepelo nunha xornada marcada tamén pola intensa calor. A pesar de ser as de Ponteceso as que abriron o marcador cun gol de Claudia e dominaran case toda a primeira metade , as locais pronto igualaron o marcador de penalti por unhas mans nun rexeite de un córner. Terían as de Curro opcións para poñerse por diante , pero o longueiro e unha boa actuación da defensa e meta local fixeron que esta primeira metade acabara en táboas.
A segunda metade comezarían as de Ponteceso cunha marcha máis para tratar de poñerse por diante no marcador, pero as cousas non saían e onde a través de un despexe atoparían as locais un contragolpe ben executado para poñer o dous a un ao seu favor.
A partir de ahí intentárono unha e outra vez as Pontecesánas , pero o balón non quixo entrar . Destacar o gran crecemento das locais , onde aproveitan moi ben o seu terreo de xogo.
Agora tan só queda un partido para rematar a liga, contra un Bergantiños B que está tendo moi bos resultados na segunda volta. Antes diso, este mércores, partido da Copa da Costa fronte ao Dumbría. Un partido importante que marcará a progresión no equipo no campionato“.
Ponteceso SD :María (Colores 77′), Noe (Muíño 50′), Berdeal (Laura R 68′), Ainhoa, Myre(Lucivili 77′), Oanes, Silvia, Eva, Noemí (Lara 68′), Andrea, Claudia
Goles : 0-1, Claudia, (13´); 1-1, Noa, (18´ de penalti); 2-1, Daniela, (73´).
******
Outes FC 0-6 CF Noia B
Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “A espera do comentario…”.
Outes FC : Nati, Claudia, Uxía, Xeila, Líz, Paula, Soledad Lago, Sofía, Valeria, Natalia e Marinha. Tamén xogaron : María Molinos, Soledad González, María Romero e Laura.
Goles : María Queiruga, (2), María Hermida, (3), e Aída.
******
SD Dubra 2-1 SD Fisterra
Fran Pequeño, (Adestrador do SD Fisterra) : ” A espera do seu comentario para poñelo aquí…”.
SD Fisterra : Paula, Ana Isabel, Tamara, Andrea, Jenifer, Lucía Fernández, Xaira, Jimena, Aroa, Lucía Marcote e Irene. Tamén xogaron : Aitana, Alexandra, Kayla, Daniela e Alba.
CF Mazaricos : Sílvia, Paula, María, Ánxela, Lúa, Valeria, Claudia, Leire, Iria, Fátima e Mariña. Tamén xogaron : Paula, Antía, Iria, Raquel e Valeria.
Goles : 1-0, Daniela, (6´); 2-0, Sabela, (59´); 2-1, María Elena, (83´).
*****
As mazariquenses animaron a sua compañeira Tamara.
CF Mazaricos 3-1 Cabana SD
Juan Tuñas “Rachón”, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Ultimo partido de liga na casa e que pechabamos xogando no pino. Empezabamos bastante ben e combinando rapido. Un campo ao que nos soubemos adaptar moi ben xa que, xogamos por primeira vez no pino. Marcaba mariña tras un saque de falta de anxela e de aí ao descanso fomos costa abaixo e sen frenos. Empezamos a perder o balón rapidamente e a non saber xestionar esforzos. Ainda que o cabana non nos xenerou moito perigo si que nos arrebatou o balon por momentos e nos fixo correr detras do balon. Tras o paso dos vestiarios empezamos dormidas e fixo que irene nunha contra empatara o partido. Co empate no marcador o equipo sentiuse mellor e empezamos a ter algunha chegada peligrosa e a controlar mais o partido. O cabana buscaba balons a espalda da nosa defensa. Chegou unha falta dende o borde que enchufou claudia e pouco despois outra que enchufou mariña. Mencion especial a tamara que para o mes operase da rodilla“.
José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “A espera do seu comentario para poñelo aquí…“.
Goles : 1-0, Mariña, (9´); 1-1, Irene, (52´); 2-1, Claudia, (73´); 3-1, Mariña, (81´).
Golazo de libre direto de Mariña :
*****
UD Cerqueda 0-2 EFC Camariñas “Juan Cabrejo”
Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : ” A espera do seu comentario para poñelo aquí…”.
Juan Cabrejo, (Adestrador do EFC Camariñas “Juan Cabrejo”) : ” A espera do seu comentario para poñelo aquí…”.
Goles : 0-1, Maira, (35´); 0-2, Paula, (45´).
-CLASIFICACIÓN-
1º Dumbría : 72
2º Corme : 63
3º Ponteceso : 62
4º Muxía : 52
5º Bergantiños : 50
6º Mazaricos : 47
7º Juan Cabrejo : 44
8º Corcubión : 39
9º Nicrariense : 29
10º Cabana : 25
11º Dubra : 25
12º Fisterra : 25
13º Noia B : 23
14º Cerqueda : 18
15º Outes : 3
-Texto : Xosé Búa “Pirata”
-Comentarios : Os adestradores
-Foto e vídeo Mazaricos : Juan “Rachón”
-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”
-Foto Dumbría : Santi Cubelo