CRÓNICAS 28ª XORNADA DA 1ª GALICIA GRUPO 2 : “O XALLAS SEGUE SUMANDO VITORIAS E DESTA VOLTA DERROTA O SONEIRA NO DERBI. O DUMBRÍA NON PASA DO EMPATE E COMPRIME A LOITA POLA PROMOCIÓN, E POR ABAIXO MAZARICOS, BAIO E ESTEIRANA VAN DA MAN NA LOITA POLA PERMENENZA TRAS CAER OS 3 EQUIPOS COSTEIROS”.

 

Cuarta vitoria consecutiva do Xallas tras derrotar no derbi da costa ao Soneira cun solitario gol de Juan de Selia, nada máis comezar o encontro, e que fai que os xalleiros segan enganchados a loita polo ascenso, e alonxa destas lides o equipo vimiancés. Pola sua banda o Dumbría continua na promoción gracias o seu empate en Agolada, (1-1), e ten o Cordeiro xusto por debaixo, fora de promoción, pero cos mesmos puntos cos dumbrieses. Por abaixo as cousas non andan nada ben. O Mazaricos en postos de descenso direto suma a sua oitaba derrota consecutiva, pero as cousas están moi apretadas. Por enriba en posto de arrastre están Baio e Esteirana que tamén caían nos seus choques, antes rivais moi complicados. 

Segundo nos vaian chegando os comentarios dos adestradores que faltan poñerémolos nas crónicas, polo que estas están sen pechar ata telos todos completados.

 

 

Soneira SD 0-1 Xallas FC

Pedro Gómez, (Adestrador do Soneira SD) : “Foi un partido no que non merecemos perder. O Xallas logrou transformar a única ocasión e o único disparo que tivo entre os tres paus. Tivemos ocasións para lograr os tres puntos pero a falta de eficacia na finalización evitou que puidéramos puntuar”.

Adrián Vázquez, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido que a verdade foi moi igualado e no que nós comezamos ben e puxémonos moi pronto por diante, e que antre o campo, ao que nos costou adaptarnos e o Soneira que é un bo equipo, non deixou que nos sentísemos nunca cómodos. Foi destes partidos dos que xa sabíamos que era unha das saidas máis difíciles que nos quedaban. Fomos capaces de aguantar esa ventaxe que títñamos e soubemos xestionala, nun chqoeu moi trabado. Na segunda metade tivemos a fortuna que no 90 que nun corner do Soneira que nos mandou a madeira. Moi contentos pola vitoria pois costounos moitísimo e válenos para seguir aí arriba, 3 puntos para nós moi importantes”.

Goles : 0-1, Juan de Selia, (4´).

Incidencias : O árbitro Iván Morlan, expulsou o adestrador vimiancés e o seu compañeiro utilleiro, e amosoulle aos locais 6 cartóns amarelos, por 2 aos visitantes.

 

 

SCDR Esteirana 1-3 CD Lalín

A Voz da Esteirana : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 1-0, Óliver, (14´); 1-1, Casal, (26´); 1-2, José Luis, (32´); 1-3, Rubén, (82´).

 

 

Cordeiro CF 2-0 CF Mazaricos

Marcos Rodríguez, (Adestrador do CF Mazaricos) :Partido no que cos equipos da zona alta competimos moi ben, tanto co Flavia, coma co Puebla, e agora co Cordeiro, pero cóstanos moito meternos no partido e nos primeiros 20-25 minutos, o rival sae con moito ritmo e cóstanos e cando nos metemos xa temos o resultado en contra e faisenos moi costa arriba. Destacar que xogamos ante un rival moi bo, que ainda que non nos crearon ocasións víaselles que tiñan máis ritmo ca nós. Tras esa primeira media hora na que eles foron superiores, entramos no xogo e tivemos duas ocasións moi boas, con duas moi boas paradas do seu porteiro. Na segunda metade estivemos nós mellor, pero sen crear ocasións de moito perigo. Eles baixaron fisicamente, e nós estivemos mellor, pero ca ventaxe en contra e co que costa marcarlle o Cordeiro. Agora a seguir peleando e acabar a tempada da mellor maneira posible. Mentres hai puntos hai esperanza e só queda seguir competindo“.

Goles : 1-0, Manuel, (5´); 2-0, Jorge, (30´);

 

 

Puebla FC 2-0 CD Baio

Félix Raposo, (Adestrador do CD Baio) : “Oportunidade perdida para poder enganchar unha racha positiva debido o que nos xogamos a estas alturas. Primeira parte onde nos faltou presencia e personalidade para poder facer dano a un Puebla con pouco ritmo e falta de ideas. Foi na segunda parte onde deixamos escapar o partido, sen moito mérito por parte do equipo rival, pero que lle foi suficiente para sacar o 2-0 final”.

Goles : 1-0, Alejandro, (53´); 2-0, Astray, (90´).

 

 

SD Agolada 1-1 CF Dumbría

Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : “Estivemos moi mal na primeira metade. Seguramente os peores minutos en moito tempo en todas as facetas. Na segunda melloramos o rendimento, e dominamos bastante o xogo, pero o rival plantexou un xogo moi trabado e sen ritmo, que non fómos capaces de superar. Aínda así, conseguimos empatar e traer un punto que nos sirve para seguir na pelexa”.

Goles : 1-0, Chrístian, (32´); 1-1, Xabier, (82´).

 

 

RESTO DE RESULTADOS

 SD Tordoia 0-0 SD Cruces

Flavia SD 1-1 CF Vista Alegre

CF Silleda 0-3 SD Negreira

Cidade de Ribeira CF 10-0 SR Calo

 

CLASIFICACIÓN

 

 

Resultados de tódalas ligas da costa masculinas e femininas e ligas con equipos da costa : PREME AQUÍ.

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, poois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda aberta a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva, e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible…Gracias.

 

 

-Foto arquivo : Jorge Villar “Gorrión”

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores