CRÓNICAS 27ª XORNADA DA 1ª GALICIA G2 A COSTA/SANTIAGO : “IMPORTANTE VITORIA DO XALLAS, E DO DUMBRÍA NESTE CASO NO DERBI CO SONEIRA, E VITAL VITORIA DO BAIO…DERROTAS DE ESTEIRANA E MAZARICOS”.

 

Importante vitoria do Xallas para seguir enganchado a todo, ao igual ca o Dumbría, que derrotaba ao Soneira nun final de encontro de vértigo, e que segue optando a todo e aparta aos vimianceses. Por abaixo o Baio acadou unha importantísima vitoria ante un dos fortes da liga, para seguir creendo. Mala xornada para o Mazaricos que caía ante o penúltimo clasificado, e da Esteirana, que lle plantou cara o lider destacado do campionato, o Cidade de Ribeira.

Segundo nos vaian chegando os comentarios dos adestradores que faltan poñerémolos nas crónicas, polo que estas están sen pechar ata telos todos completados.

 

 

Xallas FC 1-0 SD Tordoia

Adrián Vázquez, (Adestrador do Xallas FC) : “Primeira metade na que fomos capaces de xerar bastantes ocasións pero o final non fomos quen de aproveitar ningunha e íamos o descanso sen que se movese o marcador. Na segunda si que eles se repregaron máis e costounos gañar espazos a suas costas, queríamos o balón pero non coseguíamos facernos donos dél, e cando parecía que íamos a acabar con empate un centro de Juan é aproveitado por Doro. Partido difícil xa que agora todo mundo se xoga algo, e máis cando levamos moitos encontros gañando e faise máis difícil gañar e a seguir que esto está moi igualado”.

Goles : 1-0, Doro, (81´).

 

 

SCDR Esteirana 2-3 Cidade de Ribeira CF

A Voz da Esteirana : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 0-1, Adao, (18´); 0-2, Chrístian, (20); 1-2, Rober “Pladur”, (27´); 2-2, Raúl Lestón, (39); 2-3, Adao, (74´).

 

CF Mazaricos 0-1 CF Silleda

Marcos Rodríguez, (Adestrador do CF Mazaricos) :Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí“.

Goles : 0-1, Martín, (40´ de penalti); 1-1, Marcos, (47´); 1-2, Rubén, (67´);

 

 

CD Baio 2-0 Flavia SD

Félix Raposo, (Adestrador do CD Baio) : “Partido onde o baio recibia a un dos mellores equipos da categoria e desta si podemos decir o de FOI A VENCIDA. Partido cunha primeira parte de dominio local e control do xogo en todo momento pero sen chegar a ser efeicaz ante meta rival. Segunda parte na mesma liña e froito diso nunha accion a balon parado en falta lateral adiantase Baio, 1-0. Pesou por momentos o medo a verse ahi e poder perdelo, pero foron valentes os meus xogadores e nunha transicion rapida conseguimos o 2-0 nunha accion maxistral do mago de Malpica AITOR. Gustariame felicitar e destacar a todos os meus “muñecos” que levan traballando, crendo e remando desde xullo…Noraboa e a traballar sobre 3 puntos. Quedan 21 e SI SE PODE”.

Goles : 1-0, Santiso, (67´); 2-0, Aitor, (90´).

 

 

CF Dumbría 4-2 Soneira SD

Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) :Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí“.

Pedro Gómez, (Adestrador do Soneira SD) :Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí“.

Goles : 1-0, Diego Estévez, (17´); 1-1, Javi Souto, (34´); 2-1, Diego Estévez, (58´); 2-2, Aarón, (81´); 3-2, Pablo Paz, (83´); 4-2, Diego Estévez, (87´).

 

 

RESTO DE RESULTADOS

 CD Lalín 2-0 SD Cruces

CF Vista Alegre 1-0 SD Agolada

SD Negreira 0-0 Puebla FC

SR Calo 0-3 Cordeiro CF

 

CLASIFICACIÓN

 

 

Resultados de tódalas ligas da costa masculinas e femininas e ligas con equipos da costa : PREME AQUÍ.

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, poois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda aberta a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva, e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible…Gracias.

 

 

-Foto arquivo : Jorge Villar “Gorrión”

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores