CRÓNICAS 27ª XDA DA LIGA DA COSTA : “POR ARRIBA O OUTES AFIANZASE NO POSTO QUE QUEDA DA PROMOCIÓN, E POR ABAIXO O MUROS SALVA A CATEGORÍA”.

 

Nesta xornada xa se dirimeu que o Camelle é da 3ª da Costa, (a menos que gañe os 3 que quedan e os pèrdan Baiñas e Volantes), o Baiñas segue a 1 punto do Volantes, antepenúltimo, unha posición na que o que quede sexan os de Baño ou os de Baiñas, terá que mirar moito a ver que fai o Baio nos 4 encontros que lle quedan na 1ª Galicia G2, ou que ascenda algún dos da promoción desta liga. O Muros ca sua enorme vitoria en Mazaricos, pola trascendencia dicimos, asegura a permanenza e sigue no ar unha praza de promoción, a que ocupa o Outes e mantén gracias a vitoria pola mínima en Monte Louro. Só lla poden discutir o Corme a 4 puntos, con 9 por disputar, e o Ponteceso, a 5, que daba un paso atrás ca sua derrota ante o Cee, (4-2).

AVISO

Fai uns días “morreume” o teléfono e perdín centos de números. Se a algún adestrador o colaborador, non lle pedín o comentario que me mande unha mensaxe para recuperar o contacto.

Coma sempre as nosas gracias a tódolos colaboradores con fotos, vídeos e comentarios. Os comentarios son propios de cada colaborador, polo que non nos facemos cargo do contido, que é propio e intransferible.

 

-CRÓNICAS 27ª XORNADA-

 

SD Camelle 0-3 SD Castriz

Sergio “Crejo”, (Adestrador do SD Camelle) : “Partido dominado polo Castriz, donde nós intentamos defendernos o mellor que puidemos, pero os desprazamentos en longo e a velocidade por bandas fixéronnos moito dano. O 0-1 chegaría de penalti, tras un agarrón, e ó 0-2 chegaria de remate de cabeza. Nós chegaríamos un par de veces pero sin perigo. Na segunda parte penso que foi un pouquiño máis igualada, tras eles baixar o ritmo, e xa tivemos algunha ocasión que outra, pero como de costume non acertaríamos a marcar, e eles sentenciarían nun contragolpe, tras un mala saida de balón”.

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castriz) : “Partido no que creo que se notou a falta de tensión competitiva dos dous equipos. Na primeira parte fomos superiores e o 0-2 ó descanso probablemente se quedase corto para o visto no campo. Na segunda parte, o Camelle igualou o dominio do encontro, pero ningún dos dous xeraba perigo para o rival. O 0-3 acabaría chegando casi ó final do encontro. Darlle a noraboa ó Camelle, porque a pesar das dificultades, nunca lle perdeu a cara ó partido e competiuno ata o final”.

Goles : 0-1, Sebas, (10´de penalti), 0-2, Sebas, (23´); 0-3, Noly, (86´).

 

CF Porteño 4-0 SD Coristanco

Javi Baña, (Adestrador do CF Porteño) : “A espera do seu comentario.

SD Coristanco : “A espera dun colaborador”.

Goles : 1-0, Sebas, (17´), 2-0, Mayor, (32´); 3-0, Darío, (86´); 4-0, Alan, (53´de penalti).

 

UD Monte Louro 0-1 Outes FC

“Bibi”, (Adestrador do UD Monte Louro) : “A espera do seu comentario”.

“Aliños”, (Adestador do Outes FC) : “Pois penso que nos tivemos un mellor arranque de partido, gañando ben as accións en defensa e chegando de maneira fluida a zonas de remate pero sin acerto. O Louro tivo a súa opción a balón parado. A partir do gol de Keko o encontro igualouse e o Louro xa se presentou con perigo en varias ocasións. Sen embargo, tras o paso polos vestiarios, ao meu entender, voltamos a impoñernos e dominar o encontro, xa que o cadro local tiña moitas dificultades para superar a nosa presión. Non aproveitamos as ocasión xeradas neste segundo período, e o curto do resultado mantivo a incertidume ata o pitido final”.

Goles : 0-1, Keco, (36´).

 

Mauro Romanía fixo 3 dos goles dos muxiáns en Muros.

 

Volantes de Baño FC 1-7 CF Muxía

Volantes de Baño FC : “A espera do comentario”.

Nando Waldomar, (Adestrador do CF Muxía) : “Foi un partido no que poidemos impoñer un ritmo bastante alto, con moito traballo por parte de todo o equipo, dende o dianteiro xuvenil Hugo ata o porteiro xuvenil Ángel, que estivieron moi ben, hai que destacar os tres goles de Mauro, e con balón estivemos bastante acertados, parece que estamos collendo confianza para o que resta de campionato, hai que chegar da mellor maneira ó pla-yoff e á copa”.

Goles : 0-1, Hugo, (4´), 0-2, Mauro Romaní, (16´); 0-3, Víctor Alcaina, (36´); 0-4, Mauro Romaní, (46´); 0-5, Gusa, (58´); 0-6, Fran Moreira, (64´); 1-6, Adrián, (67´); 1-7, Mauro Romaní, (76´).

 

CF Baiñas 1-3 Camariñas FC

CD Baiñas : (A espera dun colaborador).

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Gran partido o que fixemos onte en Vimianzo diante do Baiñas, onde sobre todo na primeira parte fixemos un moi bo fútbol e fomos superiores ao rival, deixando pràcticamente o partido sentenciado ao chegar ó descanso cun marcador de 0-3 Na segunda metade creamos varias ocasións pero non tivemos puntería para conseguir marcar e quen o faría sería o Baiñas nos minutos finais, para deixar ese resultado final de 1-3”.

Goles : 0-1, David, (12´), 0-2, Caamaño (20´); 0-3, Hugo, (35´); 1-3, Anibal, (80´).

 

Corme CF 1-0 Cabana SD

Corme CF : (a espera de colaborador).

Pablo de Neaño, (Adestrador do Cabana SD) : “Partido dos de muitos días en Corme, muito vento e difícil de xogar. Dominamos a primeira parte con muitas ocasións que non definimos en gol, e na segunda a cousa igualase e nunha xogada por banda de Borja sírvelle un centro a Alejo para que faga o gol que a postre sería o definitivo, 1-0.

Goles : 1-0, Alejo, (64´).

 

CF Mazaricos 0-1 CD Muros

CF Mazaricos : “A espera do comentario”.

Vinto Tajes, (Adestrador do CD Muros) : “Salimos moi defensivos polas baixas que tiñamos na primeira parte o Mazaricos tiña a posesión do balón mentras nos intentábamos roubar e salir a contra , a medida que pasaban os minutos o Mazaricos iba desesperandose o ver que non conseguían marcar , xa na segunda parte os poucos minutos marcamos centro de Samu remata xaquin de cabeza é consigue marcar , a partir do gol Noso o Mazaricos intentou chegar a nosa portería creando situacions de peligro , mentras nos seguíamos defendendo sin deixar espacios sacando balón fora e salindo a contra é asi rematou o partido 0-1. O horario para nos foi moi incómodo, faltóunos xente , teño que reconocer o traballo defensivo dos meus xogadores que loitaron todo partido para aguantar o resultado ata o final. Viñemos para Muros moi contentos a verdad porque este resultado nos permite seguir na categoría e coller confianza para o que queda de temporada”.

 

UC Cee 4-2 Ponteceso SD

A espera de comentarios…

Goles : 1-0, Bruno, (4´); 1-1, David Castro, (11´); 2-1, Adam, (37´); 3-1, Adam, (57´); 3-2, Pedro, (82´); 4-2, Bruno, (86´).

 

CLASIFICACIÓN

Castriz : 71 

Mazaricos : 55

 Muxía : 52

 Porteño : 52

Outes : 49

 Corme : 45

Ponteceso : 44

 Camariñas : 38

 Coristanco : 37

10º Cabana : 37

11º Monte Louro : 31

12º Cee : 30

13º Muros : 26

14º Volantes : 16

15º Baiñas : 15

16º Camelle : 11

 

-Foto : Marina Busto

  • -Texto : Xosé Búa “Pirata”