Moi bonita se puxo a liga a falla de 3 xornadas para o final. O Sofán B chegaba a Laxe ca intención de certificar o ascenso direto pero un empate e a vitoria do Corcubión, unido esto a derrota do Soneira ante o lider, (esto axuda aos corcubioneses), fai que Corcubión, (agora 3º), e Soneira se poñan a 3 puntos do Sofán B, que ocupa a segunda praza de ascenso direto, e cun encontro máis os sofanistas ca corcubioneses e vimianceses. O Oza xa asegurou a praza de promoción pero está en “guerra” a derradeira na que se pon o Malpica tras sumar esta semana 6 puntos. Os 3 que revibeu o darlle a razón na aliñación do CF Lira a semana pasada, máis os da vitoria sen historia sobre o SD Ameixenda, polo que sube a posto de promoción con 38 puntos, 1 máis ca Lira e Cerqueda e 2 máis co Zas, que tamén se mete nesta batalla.
AVISO
Iremos poñendo os comentarios dos adestradores segundo nos chegue, polo que estas crónicas están abertas a esa espera. Si algún adestrador ou colaborador non recibeu a petición de comentario é porque fai uns días “morreume” o mobil e perdín centos de números que non tiña gardados, polo que agradecería que aos que non vos mandei a mensaxe polo comentario, me mandedes vos unha por whatsapp, (626 72 00 47)…Gracias.
-CRÓNICAS 27ª XORNADA-
Xallas FC 2-1 Soneira SD
Bruno Prego, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido no que o Soneira tiña que gañar para seguir na loita polo ascenso direto. Teñen un equipazo con boas individualidades en tódalas zonas. Adiantábanse cun penalti que cometía Asier e poñíanos o encontro un pouco costa arriba, ademáis púxose bronco, con moitas disputas porque eles tiñan que dalo todo e nos tamén. Primeira metade con moi poucas chegadas. Sabáimos que estábamos a ter máis posesión de balón e deille entrada a rubén Blanco que foi un dos protagonistas do encontro. Igualamos as escadras e arriscamos un pouco máis no medio e xogando direto para coller segundos balóns e foi no tramo final cando chegaron as ocasións, unha delas o pau. Parecía que ser deses encontros que tes moitas e acabas perdendo. Conseguimos empatar e tivo que ser na derradeira xogada do partido chegou un penalti a favor marcamos e seguimos co obxetivo de ser invictos o final da liga. O equipo a pesaresd e ter a liga gañada xogou como se se estivera xogando o derradeiro encontro de liga e xogándose todo, algo encomiable”.
Goles : 0-1, Alberto “Vía rápida”, (9´ de penalti); 1-1, Rubén Sande, (80´); 2-1, Rubén Blanco, (95´de penalti).
Partido con moito en xogo que se levou o Zas patra entrar na loita pola promoción.
Sporting Zas 2-1 UD Cerqueda
Emilio Uzal, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partido moi disputado q unha vez mais afrontamos con moitas baixas con 4juveniles e contra un rival q non sei como non esta mais arriba. Estuvemos moi serios xogando a contra pero eles faciamos dano con xogadores moi combinativos entre liñas. Fixeron o 1-0 no 25′ e empatamos de penalti no 45′ tras casi empatar un pouco antes nunha accion de joel na q o seu porteiro estuvo moi acertado. Na 2a parte o partido puido caer para calqueira. Nos a contra e eles con boas xogadas combinativas. Tivemos 3 ou 4 claras nas que o seu porteiro volveu a estar fabuloso e eles fixeron o 2-1 cando o empate parecia o resultado final. Despois casi non se xogou. A seguir pelexando”.
Goles : 1-0, Brais, (29´); 1-1, Dani Reixía, (44´de penalti); 2-1, Juan, (88´).
Atlético Pereiriña FC 3-2 Sporting Seaia CF
Dani Calvete, (Adestrador do Sporting Seaia CF) : “Partido sen tension o non xogarnos nada na clasificación. Empezamos regalando un gol no minuto 1. De ahi o minuto 60 fomos moi superiores desaproveitando moitisimas ocasions quizas por precipitación nos últimos metros e un porteiro local moi acertado, empatamos nun corner que Mara remata no segundo pau. Salimos mellor na segunda parte dominando de novo, puxemonos por diante cun remate de Samu a centrode Luis, pero na xogada do gol, Luis sofre unha agresión, que se convirte nunha medio tangana, donde o árbitro expulsa o agresor, e incomprensiblemente a Mara que non fixo máis que separar. Fómonos totalmente do partido nos e incluso o propio árbitro que nos perdonou a expulsion de Anxo o parar un balón fora da área. O Pereiriña seguiu competindo ata o final conseguindo darlle a volta o marcador en duas contras”.
Goles : 1-0, Martín, (1´); 1-1, Martín “Mara”, (40´); 1-2, Samuel, (58´); 2-2, Brais, (63´); 3-2, Brais, (86´).
SD Buño 0-0 SD Oza
A espera de comentarios…
Goles : 0-0
SD Laxe 4-4 SD Sofán
José Barca, (Adestrador do SD Sofán B) : “
Goles : 0-1, Ba, (1´); 0-2, Adrián, (32); 1-2, Carrabete, (41´); 1-3, Moreno, (58´); 1-4, Moreno, (66´); 2-4, Bieito, (76´); 3-4, Bieito, (80´); 4-4, Carrabete, (93´).
UD Corcubión 3-2 CD Nantón
A espera de comentarios…
Goles : 0-1, Redondo, (5´); 1-1, Fuentes, (21´); 1-2, Iván Moreira, (63´); 2-2, Gorka, (84´); 3-2, Mario, (desconto).
SCD Malpica 8-0 SD Ameixenda
A espera de comentarios…
Goles : Diego, Carlos, 82), Jonatan, (2), Ibra e Aday.
CLASIFICACIÓN
1º Xallas : 69
2º Sofán B : 55
3º Corcubión : 52
4º Soneira : 52
5º Oza : 48
6º Malpica : 38
7º Lira : 37
8º Cerqueda : 37
9º Zas : 36
10º Buño : 30
11º Seaia : 27
12º Laxe : 27
13º Pereiriña : 22
14º Nantón : 10
15º Ameixenda : 0
-Foto : Prensa Sporting Zas
-Texto : Xosé Búa “Pirata”