Faltan 3 xornadas para rematar a liga e todo apunta e sen ningún xénero de dúbidas agora mesmo, que o San Lorenzo co poderío que amosa, e cos bandazos que dan Corme e Muxía, é o virtual campión de liga. Cormeláns e muxiáns que tamén gañaron esta pasada xornada son os que irán a promoción, pois xa non hai puntos posibles para que ninguén os colla. Na zona media o Outes tras estar no ceo moitas temporadas, caeu o abismo, e está a ser un dos mellores equipos da segunda volta. Por abaixo si que está a cousa quente, quente, moi quente. Vendo como está a situación nas ligas superiores nas que hai equipos costeiros, a cousa vai facer que haxa arrastres. Na Preferente o Fisterra xa ten os dias máis ca contados, e na 1ª Galicia, Esteirana, e Baio están as portas do descenso direto, e o Mazaricos está nél, polo que cos arrastres poderían baixar 2-3, e esto motivaría unha cadea na Liga da Costa, como xa pasou a pasada tempada, que baixaron 6. Para a vindeira semana non hai actividade nesta liga por mor do parón pola Semana Santa.
Destacar o encontro do Coristanco-Muros, no que se estreou o novo tepe de 1ª xeración no campo “A Rocheira”, unha festa que se mantivo todo o día e que tivo o remate tras este encontro. Comezaon pola mañán con tódalas categorías de base, con pinchos e sorteos de agasallos para os afeccionados, e tralo choque antre coristanqueses e muradáns, churrascada e música cun Dj. “A Rocheira” ademáis de serlle cambiado o tepe, tivo obras nas redes da volta, bancada, cabina e vestiarios, antre outras cousas.
CRÓNICAS 27ª XORNADA
Cabana SD 1-3 Outes FC
José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabanas SD) : “Primeiro tempo no que o Cabana levou o dominio do partido creando ocasións pero sin ser capaz de transformalas. En cambio o Outes en dous ataques aillados aproveitou os regalos da zaga local pa poñerse 0-2. Xa no segundo tempo o Outes replegouse totalmente concedendo o balón o Cabana, que pese a todo non foi capáz de acadar o gol. Si o conseguía de novo o Outes en outra indecisión dos locais ben aproveitada para o 0-3. Sería Sergio Ferreiro cun tiro denďe fora da área quen deixaría o marcador no definitivo 1-3. Xogaron : Víctor (Manuel), Aaron, Sergio Ferreiro, Naka (Javi), Cristian (Mario), Fernando, Sergio Antelo, Moreno, Simon, Miguel, Pablo (David) (Gabriel)”.
Miguel Ángel Ramos, (Adestrador do Outes FC) : “Partido ante un rival que tiña baixas, coma nós, pero que do medio para arriba ten xogadores de bo nivel, e sabíamos que nesa parcela íamos a ter moito traballo, pero os rapaces fixérono ben, con tranquilidade e tratando de combinar para facer perigo, e así foi que nunha xogada na que Capelo manda o balón o longueiro, e o rexeite é aproveitado por Joao para facer o 0-1. Eles apretaban arriba e nós costábanos, e tiveron ocasión para facer o empate e incluso algo máis, pero unhas veces a defensa, outras o porteiro e ourtras desacerto deles, fixo que nos fóramos o descanso co 0-1. Na segunda axustamos e tetamos correxir cousas que non estaban ben, e nesa segunda metade conseguimos ter o control do partido, ainda que non o do balón. Tivemos ocasións para facer algún gol máis e sufríamos pouco. No tempo añadido eles marcaban, pero non temíamos polo resultado. Tres puntos máis, este Domingo descanso e logo a polos 3 puntos ante o Volantes”.
Goles : 0-1, Joao, (21´); 0-2, Roberto, (42´); 0-3, Roberto, (76´); 1-3, Sergio, (87´).
Xan fixo dous goles para os muxiáns.
UD Monte Louro 1-4 Muxía CF
David González “Bibi”, (Adestrador do UD Monte Louro) : “Partido mais igualado do que di o marcador final.
Xogamos ante o equipo que mellor futbol fai da Liga e competimos moi ben hasta o minuto 70,a clave do partido foi que despois de conseguir o empate na seguinte xogada nun corner en contra marcamos en propia meta e hay acabou o partido. Toca seguir e recuperar xente,noraboa o Muxia pola vitoria”.
Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) : “Empezou o partido igualado, costábanos ter o dominio do balón, xa que os locais facían unha boa presión alta. Había poucas ocasións ata que un bo pase de Manu deixa a Iago no man a man pero o remate vaise fora. Pouco despois Fran abre o marcador, e pudemos aumentar a diferencia con varias ocasións, a mellor de Manu tras unha gran xogada de Julián, pero o defensa saca o balón na línea. Tras o descanso, o partido seguía igual, non concedíamos ocasións, ata que nunha contra, catro xogadores locais chegan con ventaxa e empatan o partido. Non tardamos en volver a marcar, Xan fixo un gol olímpico, e Fran marcou tras pase de Manu. Xa no desconto, o xuvenil Eloy asiste a Xan que marca a placer. Debutaron os xuvenís Damián e Isma.”.
Goles : 0-1, Fran Moreira, (29); 1-1, Manuel, (62´); 1-2, Xan, (71´); 1-3, Fran Moreira, (76´); 1-4, Xan, (90´).
UD Corcubión 1-3 SD San Lorenzo
Nito Quintela, (Adestrador do UD Corcubión) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.
Dani Casal, (Adestrador do SD San Lorenzo) : “Cando nos chegue o seu comantario poñerémolo aquí”.
Goles : 0-1, Iván Rojo, (9´); 0-2, Iván Rojo, (25´de penalti) ; 1-2, Iago Lema, (57´); 1-3, Carlos Dutra, (66´).
UD Cerqueda 0-1 Corme CF
Emilio Uzal, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partidazo dun Cerqueda con 14 baixas, xogando con 10 senior, 5 xuvenís, e un cadete, que por enriba se lesiona de fibras a media hora, dun partido no que estábamos sendo mellores…
Erramos duas ocasións e como de costume a primeira deles para dentro, por medio e Alejo, diferencial nesta categoría.. Aí estivo a clave. Na 2ª parte tamén estivemos moi ben podendo empatar nunha clarísima de Crístian, e eles cunha de Alejo o longueiro puideron ampliar a diferencia, na segunda ocasión deles no partido. Partido moi meritorio dun Cerqueda do que me sinto orgulloso, e que mereceu mínimo o empate pero que unha vez máis se vai de baleiro“.
Ángel Pérez, (Adestrador do CF Corme) : “Partido que unha vez mais nos presentamos con moitas baixas e tirando de novo dos xuveniles nunha primeira parte que a pesar de ter algo mais o dominio do balon non fomos quen de crear moitas ocasións nin estar afortunados de cara o gol. Sería Alejo os 20 minutos quen de facer o 0/1 no luminoso co cal chegariamos o tempo de lecer. Na segunda métade baixamos algo o ritmo e o cerqueda aproveitouno pa crearnos certo peligro en balóns a espalda da defensa pero sin moito acerto. Dispuxo dunha moi clara pero foi desbaratada po lo noso porteiro. Po la nosa parte dispuxemos de varias contras pa ampliar o marcador, como nun tiro que repeliu a cruceta, pero non tuvemos acertados de cara a portería rival Final do partido cun 0/1; que nos garantiza estar na promoción”.
Goles : 0-1, Alejo, (22´).
SD Coristanco 1-1 CD Muros
Alejandro Rodríguez “Juni”, (Adestrador do SD Coristanco) : “Primeiros 30 minutos nos que saía mellor o Muros, xogando direto e gañando máis duelos. Xusto neste instante chegaba o 1-0 de Rama, tras centro de Castiñeiras.
Cambiaba entón a dinámica do partido, asentandonos nós máis con balón. Chegaba entón un centro lateral dos visitantes que se envelenaba e cando entraba xa polo segundo pau era empurrado na liña. 1-1.Descanso. Mesma dinámica que nestes últimos minutos en toda a segunda parte, con nós dominando e eles levando perigo á contra. No balance xeral, tivemos máis ocasións pero a falta de acerto privounos de lavar os 3 puntos. Mencionar o gran ambiente ó longo de toda a xornada inaugural da nova Rocheira. Cos máis pequenos pola mañá e unha grada repleta de afeccionados durante o noso partido. Xogaron : Diego, Villa, Randy, Joni, Pazos, Damián, R, Kevin, Hugo, Rama e Casti. Tamén xogaron: Mario, Sergio L, Sergio R e Dani”.
Juan Manuel Luces, (Adestrador do CD Muros) : “Un partido moi disputado por parte dos dous equipos donde o empate pode ser xusto. Quero destacar o comportamento da S.D.CORISTANCO hacia nós. Con gran deportividade que os honra”.
Goles : 1-0, Rama, (19´); 1-1, Ramón, (33´).
SD Oza 1-2 UC Cee
Miguel Sande, (Adestrador do SD Oza) : “Cando nos chegue o comentario poñerémolo aquí”.
Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) : “Cando nos chegue o comentario poñerémolo aquí”.
Goles : 1-0, Nico, (36´); 1-1, Bruno, (56´); 1-2, Isaac Fábregas, (65´).
Incidencias : O árbitro do encontro, Jonathan Pardiñas expulsou con dobre cartón amarelo no 90 a Diego Casais do Oza.
Volantes de Baño FC 3-1 Camariñas FC
Daniel Suárez “Chicho”, (Adestrador do Volantes de Baño FC) : “Partido no que dende o minuto 1 salimos enchufados. Púxose moi pronto de cara cun balón en profundidade o que Rachón chega antes que o porteiro e hai penalti que Miguel transforma no 1-0. O Camariñas queda “groggy” e cun Pesco espectacular, tivemos 3 para deixar o partido moi ben encarrilado. Un disparo de Pesco a cruceta, e un remate de Borja o longueiro. Pero o que falla acaba pagando…e o Camariñas dou un paso adiante e cun Moro as manixas foinos chegando. Modificamos esquema e o partido igualase. E no remate da 1° nun erro defensivo Mario, (xunto con Moriño os mellores do Camariñas) fai o 1-1. Pero este equipo dende a chegada de Rachón e Piti e outro, sabemos sufrir e competir. Na segunda co partido igualado, o mago sacou a variña, e nunha recuperación de Piti, Pesco recibe dentro da área e para o tempo para driblar porteiro e defensa e meter o 2-1. Dende aí o partido volvese máis bronco pero de novo Pesco, co equipo trabanllando a reo para conservar a vantaxe, recibe cerca da frontal amaga e chanta o 3° gol. Unha magoa que o equipo sea competitivo e fiable a éstas alturas. Con máis xornadas por diante seguro nos zafaríamos, pero pagamos o peaxe de unha moi mala planificación, e agora xa só nos queda o ser competitivos e honestos connosco, e esperar que haxa un miragre. Semana de descanso e próxima parada O CONCHIDO”.
Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Partido no que xa saimos de vestiario perdendo, pois ainda non ía un minuto e cometemos un penalti nun erro grarrafal noso, o equipo repúxose e tivemos ocasións dabondo para empatar pero fallámola. Eles tiveron unha o longueiro, e antes do descanso conseguimos empatar. Na volta de vestiarios puidemos poñernos por diante pero cóstanos facer gol e noutro erro antre o noso porteiro e o noso mediocentro, róubannos o balón, e de novo gol, e ise si que foi un mazazo do que nos recuperamos, costounos moito, tentamos empatar e nunha contra caeunos o terceiro e acabouse o partido. Partido o que chegamos con moitas baixas e eso tamén influeu”.
Goles : 1-0, Pesco, (1´de penalti); 1-1, Mario, (44´); 2-1, Pesco, (62´); 3-1, Pesco, (84´).
SD Castríz 1-3 Ponteceso SD
Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castríz) : “Duas ideas moi claras, o Ponteceso foi merecedor do partido, e a segunda que o castriz tal e como está a situación das lesións, non é capaz de competir na Liga da Costa. Xuntamos con sorte 5 xogadores sanos e o resto están a facer todo o que poden para xogar. Os derradeiros encontros a rutina é a mesma, entran os partidos co medo de agravar as suas lesións, e cando o outro equipo se pon por diante as cousas xa se poñen moi costa arriba. Despois éntrache a vergoña de que estamos facendo un malm partido e os rapaces dano todo para igualar as cousas e eso o que provoca que se mermen máis as forzas. Un desastre total nese senso, non se lle pode pedir máis a estes xogadores, entendo que non estamos en situación de esixir nada, senón que arrimar o hombro, sabedores de que vai a ser moi difícil de aquí o final”.
Pablo Mallón, (Adestrador do Ponteceso SD) : “O partido foi antre dous equipos que levan duas rachas totalmente diferentes, e con moitas baixas. No noso caso chegamos con 5 xuvenís e eles tamén levaban moitas, Nós tivemos unha racha negativa na que non marcabamos gol, e agora estamos na onda boa. Fomos a por eles sabedores da racha positiva e tivemos o control con oportunidades e marcamos de corner e Charro de penalti na primeira metade, e quizais tivemos outras 5 ou 6 para machacar o encontro. Na primeira fomos tan superiores, pero non conseguimos matar o partido. Na segunda ainda que fomos mellores, eles marcaban e tiñan opcións a balón parado, probando a madeira. Fomos mellores non matamos o partido e creáronnos incertidume. Pedro fixo o terceiro, e deu un pouco máis de tranquilidade. En liñas xerais somos merecedores da vitoria”.
Goles : 0-1, Abel, (30´); 0-2, Fran, (35´de penalti); 1-2, Adrián García, (49´); 1-3, Pedro, (61´).
CLASIFICACIÓN
-Fotos e Texto : Xosé Búa “Pirata”