CRÓNICAS 26ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “O SAN LORENZO A RITMO DE CRUCEIRO HACIA O TÍTULO TRALO PINCHAZO DO MUXÍA QUE SE VE SUPERADO POLO CORME…POR ABAIXO PARECE QUE VAI ARDER A LIGA NAS 4 XORNADAS QUE RESTAN”.

 

Crónicas 26ª Xornada

O lider San Lorenzo xa enfila o título e ascenso direto, tras pinchar o Muxía ante o Coristanco, e ampliar a renda co segundo a 6 puntos, que pasa a ser o Corme, que sufría para derrotar a un Oza, que plantou cara e mereceu máis no “Cairo”. A falla de 12 puntos por disputarse xa está máis claron que o San Lorenzo, salvpo debacle, non se lle escapa o primeiro posto, a promoción xa é para Corme e Muxía, que lle levan o cuarto, Castríz, 10-11 puntos respectivamente.

A loita por onde está fermosa é por abaixo. Cerqueda, Oza e Corcubión parecen carne de 3ª, pois estando como están as cousas na 1ª Galicia, co Mazaricos, Baio e Esteirana, na mesma loita ca eles, e co Fisterra xa descendido a efectos morais, a cousa vai a estar que arde ata o final, pois por arriba dos ceruqdenses, ocenses e corcubioneses, hai moitos equipos en 3-4 puntos. Antre todos eles o Volantes, en perigo de encadear dous descensos consecutivos.

As crónicas irémolas completando segundo nos cheguen os comenrtarios dos adestradores, polo que non están pechadas ata completar todos.

 

Os muxiáns deixaron escapar unha ventaxe de 3-1.

 

Muxía CF 3-3 SD Coristanco

Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) : “Empezou mellor o Coristanco, sin ter ocasións pero sí o dominio. Co paso si tempo fomos collendo nos o mando, pero o primeiro en golpear foi o Coristanco con un bo gol de Mario dende lonxe. O gol despertounos e pronto empatamos por medio de Congui. Antes do descanso facemos dous goles máis, un en propia porta e outro de Julián. No segundo tempo, creamos moitas ocasións e moi claras, remates que se foron por pouco, e ata tres paus, pero si perdonas… Rama marca de falta e Casti empata o partido. Seguimos intentando e puidemos gañar pero non acertamos en boca de gol”.

Alejandro Rodríguez “Juni”, (Adestrador do SD Coristanco) : “Primeiros 15 minutos nos que estivemos moi ben con balón. Ata o gol de Mario dende 30 metros. Pero a partir de aí adiantou liñas o Muxía, que nos metía no noso campo sen darnos demasiada opción de chegar á súa portería. Poñerían o 3-1 antes do descanso. A volta de vestiarios arriscábamos, facendo 3 cambios ofensivos e pasando a xogar con 3 atrás. Rompía o partido, e chegaban moito os locais, que desperdiciaban varias ocasións en liña de gol. Acerto que si tivemos nós, a pesar de crear menos, a través de Rama de falta, e Casti nun rexeite. Punto moi traballado. Non merecido polo xogo de ambos equipos, pero si pola capacidade de sacrificio e sufrimento dos meus”.

Goles : 0-1, Mario, (25´); 1-1, Jose “Congui”, (28´); 2-1, Hugo Fraga, (42´ en propia porta); 3-1, Julián, (45´); 3-2, Rama, (62´); 3-3, Casti, (78´).

 

 

Corme CF 2-1 SD Oza

Ángel Pérez, (Adestrador Corme CF) : “Partido complicado díante dun gran Oza, que se xogaba tamen moito e que nos puxo as cousas moi complicadas. Seguimos con moitas baixas e tocou como case sempre de tirar de xuveniles que tan a facer un esforzo moi grande. Primeira parte na que tubemos moi imprecisos, sin controlar o partido e sin apenas crear ocasions debido tamen o gran presión do equipo rival. E os 20 minutos, no saque do corruncho poñeríanse por díante no luminoso. Seguimos na mesma tónica, sin apenas crear peligro e cando taba pa terminar a primeira parte, unha falta o borde da área sacada por Alejo conseguiríamos o empate sin tempo para mais. Na segunda parte tubemos algo mellor, levando algo mais o peso do partido e creando algunhas ocasions pa poñernos por díante no marcador pero sin moito acerto e o rival seguía facendo contras moi peligrosas. E cando estábamos no desconto, penalti claro sobre Alejo, aunque o balón acabou en gol, que o árbitro non dudaria en señalar, sería o propio Alejo quen de poñer o 2-1 no luminoso. Final do partido donde o Oza mereceu algo máis pero a fortuna estivo no noso lado. Toca xa pensar no próximo rival e intentar recuperar algún xogador”.

Miguel Sande, (Adestrador do SD Oza) : “Partido condicionado polas numerosas baixas que levamos con só 12 xogadores de campo. Con todo eso se alguen mereceu a vitoria onte foi o Oza que nunha primeira parte que fomos a buscar o Corme arriba, e non deixando que sairan co balón desde atrás. Nun corner poñíamonos por diante cun gran gol de Nacho. Cumplido case o descanso unha falta o frontal da area Alejo facía o empate. Na segunda parte o noso equipo saeu a buscar a vitoria e dispuxo de catro ocasións clarisimas para levarse o encontro, pero non acertamos.
Cumplido o minuto 90 o Corme nunha xogada clarísima de fora de xogo un dos nosos defensores facia penalti que transformaría de novo Alejo. Outra xornada máis a sorte non acopañou o equipo, que creo que merecía algún punto máis. Queda pelear estas catro últimas xornadas porque ainda que está moi difícil este equipo non vai a baixar os brazos
“. 

Goles : 0-1, Nacho, (17´); 1-1, Alejo, (13´); 2-1, Alejo, (90´de penalti).

Incidencias : No minuto 80 saeu lesionado o xogador do corme, Manu Bermúdez, ao cal lle desexamos unha pronta e satisfactoria recuperación.

 

 

UC Cee 3-0 UD Monte Louro

Rafa Suárez, (Adestrador do UC Cee) : “Cando nos chegue o comentario poñerémolo aquí”.

David González “Bibi”, (Adestrador do UD Monte Louro) : “Antes de nada darlle a noraboa pola vitoria. Despois do partido non vou falar xa que a xente que foi o campo veu o que pasou. O que non se pode mandar e un chaval que a monta en alevíns, e que pite a seniors sin estar preparado. Os xogadores meus de 10 e voume contento onde só sufrimos duas expulsións a miña e a do central Bolo. O único que pedimos e respeto sabemos que somos un club humilde pero o de onte non se pode permitir“.

Goles : 1-0, Adrián, (19´ ); 2-0, Isaac Fábregas, (50´); 3-0, Isaac Fábregas, (59´).

Incidencias : O colexiado do encontro, Alberto Pombo, expulsou con vermello direto a Bibi, no desconto final, e ao xogador Bolo, por dobre cartón, (18´e 49´), ambos do UD Monte Louro. Amosoulle 6 cartóns os de Louro e 1 aos ceenses.

 

 

CD Muros 3-1 UD Corcubión

Juan Manuel Luces, (Adestrador do CD Muros) :  “rimeiro destacar o comportamento deportivo do Corcubión e do seu entrenador. Partido que pronto se poñería costa arriba co gol de penalti do equipo visitante incluso terían o 0-2 que por sorte para nos non acadarían, e a partir dese momento demos un paso para adiante con máis intensidade e chegarían varias ocasións de gol que entre Bruno e os paus non conseguiriamos hasta que nun balón parado poñeríamos a tablas no marcador. Na segunda parte poñeríase pronto de cara co penalti transformado por Iván e buscamos a sentencia con moitas chegadas a sua portería, pero o equipo visitante tamén tería as suas, co 3-1 creo que se terminaría o partido. 3 puntos moi importates para nós, agora quedan catro finais e vamos ir con todo para acadar o noso obxetivo”. 

Nito Quintela, (Adestrador do UD Corcubión) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 1-0, Iago Lema, (8´ de penalti ); 1-1, Miguel, (29´); 2-1, Iván Caamaño, (68´de penalti); 3-1, Mario, (72´).

 

 

SD San Lorenzo 3-2 Volantes de Baño FC

Dani Casal, (Adestrador do SD San Lorenzo) : Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí“.

Daniel Suárez “Chicho”, (Adestrador do Volantes de Baño FC) :Partido agridoce. Competimos moi ben e fomos capaces de empatar por 2 veces…pero no desconto escapasenos un punto. Condicionados polo tempo : choiva e vento .E nun campo de natural. Salimos en bloque medio baixo con Rachón e Borja arriba para abusar do xogo directo. Hoxe foi era fundamental o balón parado: 3 goles do partido veñen deste xeito. Salimos ben o campo sendo presionanantes e recuperando moitos balóns en campo rival…Pero cometemos un error no medio e na 1° chegada deles …pau e no rechace da xogada facemos unha falta na frontal no que fan o 1-0. O equipo lonxe de acobardarse da un paso e temos 2 ocasións…1 de Rachón que non atina indo en profundidad e outra de Pablo a remate de cabeza un balón posto por Pesco. Nunha falta lateral a favor , David caza un rechace e transforma o empate. Sin tempo para a reacción o partido volvese de idas e voltas e eles noutra pérdida nosa na medular meten en profundidad e fan o 2-1. Na xogada seguinte nun corner empatamos e chegamos o descanso.

Na 2 parte co vento en contra eles son máis protagonistas pero sin crear peligro salvo centros e balón parado. Estábamos cómodos a contra…e temos 1 gol anulado moi xusto de David. O partido empeza a pararse en exceso con faltas e trifulcas… E xa acabando nun corner tonto…eles colgan o rechace e cóllennos no 2° poste e marcan o gol da victoria… Soupemos competir moi ben na casa do líder…Pero salimos sin ése punto que falta nos fai. Toca armarse de moral para as 4 finales que quedan“.

Goles : 1-0, Iván Rojo, (25´); 1-1, David, (40´); 2-1, Eloy, (43´); 2-2, Rachón, (45´); 3-2, Eloy, (90´).

Incidencias : O árbitro do encontro, Alfonso Caamaño, expulsou con vermello direto a Manuel Fernández do Volantes, no tempo de desconto final.

 

 

Camariñas FC 4-3 Cabana SD

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Partido que se nos puxo de cara moi pronto con dous goles en 7 minutos. Tíñamos o encontro controlado, dominando de cabo a rabo e nunha acción de despiste nosa conseguiron conseguíronnos empatar. Resultado axustado para o que se veu no campo. Puxemos o 3-1 antes do descanso, unha ventaxe boa e con bo xogo. Na reanudación as cousas seguiron igual, nos dominando e conseguimos facer o cuarto, e con él relaxámonos moito e acercáronse de penalti, e un minuto despois poñíanse 4-3 e parece que este ano é a tónica que temos, non podemos ter un encontro tranquilo. Un encontro que tíñamos controlado e acabar sufrindo. O mellor de todo, tres puntiños que nos sirven xa para acabar con boas sensacións este ano, que agora é o que queremos facer”.

José Manuel Vázquez, (Adestrador do Camariñas FC) : “Comenzou o partido cun Cabana un pouco despistado debido a cantidade de baixas, e o Camariñas golpeou duas veces ueq o adiantaban claramente 2-0. Pouco a pouco nós fómonos asentando no campo e Castro acurtaba distancias. Equilibrouse algo o xogo ainda que os locais rondaban máis a nosa porta, e no último minuto deste primeiro tempo perda no medio campo, e boa xogada do Camariñas que poñía o 3-1. A volta de vestiarios novo gol do Camariñas que parecía cerrar o partido pero os nosos con 5 xuvenís no campo non se rendían, e un penalti transformado por Castro, e un gol do xuvenil Julián, apretaba o marcador 4-3. Ata o final o Cabana tentou o empate e tívoo nos pés de Castro, pero a ocasión foi ben resolta polo porteiro. Diego (Manuel), Aaron, Sergio Ferreiro, David (Ismael), Javi (Cristian), Sergio Antelo, Gabriel, Miguel, Simon (Julian), Pablo (Mario), Castro“.

Goles : 1-0, Soule, (4´ ); 2-0, Yuyo, (7´); 2-1, Castro, (13´´); 3-1, Yuyo, (45´); 4-1, Yuyo, (49´); 4-2, Castro, (74´de penalti); 4-3, Julián, (75´).

Incidencias : O árbitro do encontro, Iván Vilanova, expulsou con vermello direto ao xogador cabanés, Isma Pazos, no tempo de desconto final.

 

 

Quinto encontro en positivo dos derradeiros 6 para os outeses.

 

Outes FC 1-1 SD Castríz

Miguel Ángel Ramos, (Adestrador do Outes FC) :“Partido no que saimos moi ben rexando ocasións as cales non aproveitamos. Unha primeira metade claramente a favor nosa. Fómonos con 1-0 no marcador o descanso, pero penso que tíñamos que ir cun resultado moito maior. Na segunda metade o partido igualase, e ainda podo dicir que quizais un pouco mellor eles, pero nós seguimos creando ocasións que non concretábamos. Eles empátannos nunha falta, unhas mans inexistentes e despois si que teñen unha moi boa cun balón o poste. Polo demáis, tiros lonaxanos pero sen perigo. Nóstivemos varios achegamentos perigosos, pero faltounos definición, e acabamos deixando escapar 2 puntos. A seguir traballando e pensar xa no Domingo en Cabana“.

Miguel Chouza, (Adestrador do SD Castríz) : “Creo que foi un encontro de empate, ningún dos dous equipos fixo máis co outro, creo que xusto o empate final. Nós plantexamos o encontro tendo en conta as baixas que tíñamos e o nivel físico de varios xogadores, como xa dixen, a semana pasada o equipo está collido con pinzas. Demos un paso atrás, non coma o que ofrcemos normalmente. Nese contexto estivo mellor o Outes, pero sen crear ocasións ningún dos dous equipos, daban máis sensación de perigo eles. O gol deles chegou nun despiste en defensa que non se despexou ben , nen chegou o porteiro e o dianteiro deles non tivo máis que desviar de cabeza. Na segunda metade démoslle unha volta o equipo, ainda que supoñía un risco moi grande a tódolos niveis, tanto físico polas lesións e que íamos deixar ocos atrás. Máis con corazón ca con cabeza, os rapaces, téñolles que dar todo o mérito, foron quen de darlle a volta o encontro. Se na primeira metade foron mais dominadores os outeses, na segunda fómolo nós. A segunda metade foi máis aberta. Nos marcamos de falta direta e eles tiveron un par de boas ocasións que pasaron por liña de gol. A nós anúlannos un gol legal de Alvarito e tivemos tamén unha moi clara o pau de Braulio e outra de Samuel que só contra o porteiro mandouna por enriba. Os puntos creo que na segunda fomos nós mellores e na primeira eles. Darlle a noraboa aos meus rapaces que fixeron un esforzo enorme, Martín Gemelo, por dar un exemplo, tivo que xogar lesionado, e fíxonos o favor de seguir xogando para non quedar cun menos. A falta de bo xogo, o equipo botoulle o orgullo que lle tiña que botar”.

Goles : 1-0, Roberto Piñeiro, (28´); 1-1, Iván Facal, (56´).

Incidencias : O árbitro do encontro, Jesús Piñeiro, expulsou con vermello direto ao xogador muradán, Manuel, cando levaba un par de minutos no campo, e xa en tempo de desconto.

 

 

Ponteceso SD 5-0 UD Cerqueda

Pablo Mallón, (Adestrador do Ponteceso SD) : As circuntancias durante a tempada non nos foron favorables pero a verdade e que neste encontro si. Xogábamos co colista e a parte tiñan 4 baixas importantes, e a ninguén lle sobran xogadores. O partido foi competido 15-20 minutos, nos que estivo igualado e nos que eles tiveron algunha ocasión importante, casi un man a man, e un balón parado que se foi por pouco e nas que se puideron poñer por diante. Nós tivemos algunha pero a raiz do gol de Charro o partido xa se decantou de cara nosa. Tivemos en todo tempo o balón, o control do xogo e os goles foron caendo pouco a pouco. O segundo un golazo de tacón de Mendieta, e así fomos o descanso. Na segunda falamos que non se confiaran e ir a polo encontro, e aos poucos da reanudación facíamos o terceiro e xa tivéramos outras antes. O gol ven por medio de Isaac que facía unha parede con Charro e aí xa tiraron a toalla. Nós non queríamos facer sangue e chegou cuarto por medio de falta, de Puente e o quinto por medio de Iván. O encontro morreu xa a partires do terceiro, eles cáseque sen xente e sen poder dar opción ninguha. A seguir, estamos nun grupo de 6-7 equipos en 3-4 puntos, estámonos xogando unha praza de descenso e agora quedan 4 xornadas que van a ser intensas “.

Emilio Uzal, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Partíamos coas baixas de :
Dani, Sergio, e Samuel por sanción, e ademáis : Michi, Eloy Boedo, Méndez, Julián, e Atu. Tamén tíñamos tocados a Manu e Andrés que puideron vir renqueantes. Empezamos moi ben con duas ocasións clarísimas de Lorenzo e Manu. No 25′ márcannos na primeira ocasión que teñen, e o segundo nunha boa acción que finalizan de tacón. Chegando o descanso nunha acción fortuita Mario lesionase e queda coxo para o resto do partido, pois non viñemos con segundo porteiro. Na segunda parte lesionanse Manu e Hugo e acabase o partido. Vitoria merecida do Ponteceso
“.

Goles : 1-0, Charro, (25´); 2-0, Mendieta, (32´); 3-0, Charro, (60´); 4-0, Puente, (63´); 5-0, Iván, (82´).

Incidencias : Lesionáronse no Cerqueda os xogadores Manu e Hugo, aos que lles desexamos unha pronta recuperación.

 

 

CLASIFICACIÓN

 

Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, pois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda abertan a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible pois este é un traballo de todos…Gracias.

 

 

-Resultados de todo o Fútbol senior masculino e feminino da Costa : PREME AQUÍ

 

-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”