CRÓNICAS 26ª XDA DA 3ª DIVISIÓN FEMININA G2 : “O DUMBRÍA XA É LIDER GRACIAS A DERROTA DO CORME EN PONTECESO”.

 

Aquí tedes tódalas crónicas cos comentarios dos adestradores. De antemán agradecer a tódolos colaboradores as suas aportacións para facer estas crónicas tan extensas e con diferentes puntos de vista, así como a aportación de fotos para ilustrar os comentarios. Se falta algún comentario colgarémolo aquí cando nos chegue, polo que as crónicas non están pechadas ata ter todos.Si como nós decides algún/ha que o cabo de toda semana seguimos sen poñer algún comentario, é porque non nos foi enviado. 

 

-CRÓNICAS 26ª XORNADA-

O Ponteceso afiánzase no podio da liga derrotando o veciño Corme a domicilio, o que fai que o Dumbría ca sua vitoria sobre o Fisterra se coloque no máis alto da competición, cun punto máis e un encontro menos cas cormelanas, o que lles deixa o título de cara, con 4 xornadas por disputar. Na penúltima hai un Dumbría-Corme e na derradeira descansan as de Corme, que no derbi desta pasada xornada gardaron un emotivo minuto de silencio na memoria de Alejandro Torrado, (D.E.P.), que foi acompañado por todo o Cairo que gozaba dunha excelente entrada de afeccionados de ambos equipos.

 

Gardouse un minuto de silencio por Alejandro Torrado, (D.E.P.).

 

Corme CF 0-3 Ponteceso SD

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Chegou a primeira derrota do ano e posiblemente no partido que menos queríamos que chegara, nun derbi en casa, pero non houbo opción en ningún momento de competir o partido. Darlle a Noraboa o Ponteceso, victoria xusta e sin marxen de dudas , moito mais serenas que nos e con un ou dous puntiños mais de intensidad que facia que ganaran todos os duelos. Encontrámonos cun gol en contra demasiado pronto que nos fixo moito daño e a partir de ahí nunca fomos capaces de meternos no partido. Moi mal nós en salida de balón, e eso permitía o Ponteceso roubarnos Unha e outra vez e non deixar que collesemos ritmo e pudesemos impoñer o noso xogo. Mismo o xoves falaba de Claudia e Noemí nunha entrevista, fichaxes do Ponteceso de este ano que fixeron un auténtico partidazo as duas e foron claves en esa presión tan boa. Ainda que sin duda a xogadora diferencial do partido foi Ainhoa cos seus saques de banda, que nos tuvo defendendo “corners” todo o partido sin deixarnos coller ritmo de xogo en ningún momento, Ainda que tamén e certo que cando o intentabanos, elas con esa intensidad que antes falabamos, tamen nos superaban nos duelos.

Meritazo de Marcos ser capáz de convencer a éste auténtico equipazo de atacar a partir de saques de banda e segundas xogadas, non o digo con sarcasmo, ter a xogadoras como Eva, Muiño ou Oanes e que se poñan o servicio da proposta do entrenador ainda que non lles favorezca nada demostra un liderazgo increíble que penso que tamén hai que reconocer. Un Ponteceso superior e xusto vencedor do derbi.

Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) : Esta xornada tocaba un partido importante e difícil fronte ao outro equipo do concello, o Corme, líder da liga. As xogadoras do Puenteceso cumpriron cos que se lles pedía deixando de lado os medos e o nerviosismo neste intenso derbi. Fíxeron un auténtico partidazo as de Curro que entraron no campo con forzas e aproveitando as oportunidades que lle daba a vantaxe de ter o vento a favor. Sería no minuto tres cando dende o córner Oanes poñería o balón directo na portería abrindo o marcador de gol olímpico. As xogadoras do Puenteceso estaban seguras no campo, buscando insistentemente novas ocasións frenadas polas rivais. Mentres, as do Corme, tamén loitaban por avanzar cara a portería de María sen chegar a facer demasiado dano debido ao gran papel defensivo durante o día de onte e onde conseguiron unha e outra vez frear as locais. No minuto 22, Noe, nunha anticipación defensiva, colgaría un balón que supera a liña defensiva das locais chegando Claudia soa a portería rival, man a man coa gardameta cormelá, poñendo o 0-2 co que se chegaría o tempo de lecer .

A volta do descanso as xogadoras do Corme comezaron con moita intensidade xa que o marcador non lle servía ,pero as de Ponteceso non baixaron os brazos. Incluso cando o cansancio debido a intensidade do partido xa se lles notaba seguiron loitando ata o final sendo plenamente conscientes de que xogaban co vento en contra e fronte a un gran rival como é o Corme. O plantel de Rubén Souto seguíao intentando sin descanso pero serían de novo as de Curro as que marcarían no minuto 68 para sentenciar. Sacaba de esquina de Oanes colocándoa no primeiro pau onde a collía Myre para, coa cabeza, anotar o 0-3. Partido que deixou moi boas sensacións no plantel. O equipo logrou superarse a si mesmo demostrando no Cairo o bo xogo que saben facer e mostrándose que son un dos planteis máis fortes da categoría. Para a próxima semana tocará enfrontarse ao Corcubión, partido no que hai que seguir na mesma liña para manter a terceira posición“.

 

 

Corme CF : Belén, Laura (Ana), Irene (Salomé), Aroa, María, Nerea (Candela), Olalla (Lucía), Ana (Vero), Natalia, Carla, e Cris.

Ponteceso SD : María, Noe (Silvia 55′) ,Ainhoa, Myre, Berdeal (Saray 85′) Eva, Muíño, Andrea (Laura R 79′), Noemí (Lara 79′), Oanes, Claudia (Lucivili 85′).

Goles : 0-1, Oanes, (2´); 0-2, Claudia, (23´); 0-3, Myrella, (68´).

Árbitro : Miguel Pérez. Amosoulle a Verónica e Carla do Corme.

 

Próximos encontros

AD Nicrariense-Corme CF

Ponteceso SD-UD Corcubión

 

******

 

Cabana SD.

 

Cabana SD 1-3 Bergantiños FC B

José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabana SD) : “Comenzou mui intenso o Cabana e puxo en apretos a meta do Bergantiños que respondiu cunha gran parada a tiro de Irene. Adriana e Inma dixpuxeron de ocasións pa adiantar as locais pero foi o Bergantiños quen por medio de Carla poñia o 0-1. Xa no segundo tempo as carballesas igualaron o partido e con rapidas contras sentenciaron con dous goles mais de Carla. Iria acortou as distancias e os puntos foron pa Carballo”.

Nacho Boedo, (Adestrador do Bergantiños FC B) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Cabana SD : Miriam, Saray (Nuria), Antia, Aroa, Valeria (Begoña), Inma, Alejandra, Iria (Jessi Pose), Isabel (Aitana), Irene, Adriana.

Bergantiños FC B : Sofía, Aroa Varela, María, Amelia, Ainhoa, Clara, Jimena, Erika; Aroa García, Arancha, Antía. Tamén xogaron : Carla, Aïsha e Sara.

Goles : 0-1, Carla, (44´); 0-2, Carla, (58´); 0-3, Carla, (66´); 1-3, Iria, (78´).

Árbitro : David Cancela. Non amosou ningún cartón.

 

Próximos encontros

CF Dumbría-Cabana SD

Bergantiños FC B-CF Muxía

 

******

 

UD Corcubión 0-2 EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”

Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “Novamente, baixa de ultima hora, de Claudia, sumada a que a capi Carla estaba enferma e non puido xogar coma de costume, o que non nos permite despegar. Sabíamos que o Camariñas propón un xogo direto, con moito balón aéreo e transicións. Ademáis de ser fortes a balón parado, quizais das mellores da liga en este aspecto, así foron os goles de falta (a segunda para min non o era). Pola nosa parte intentamos manter a posesión e chegar combinando. Na primeira parte aínda que buscamos esa posesión se non igualas en intensidade ao Camariñas de pouco vale. Na segunda fomos máis fortes neste aspecto e logramos ser dominadoras, sen embargo non fomos quen de marcar gol, entre as baixas que temos na dianteira e que Noa tivo que sair do campo varias veces para ser atendida por mareos por un golpe na cabeza, non damos feito. Sensación de que estamos a atopar un bo nivel de xogo e combinando como nos gusta pero que nos falta un pouco arriba”.

Juan Cabrejo, (Adestrador do Camariñas FC) : “Nova victoria das nosas nun partido no que ambos conxuntos tiveron que sufrir un calor tremendo, e dende aquí quero agradecerlle novamente as nosas xogadoras o esforzo tan brutal que fixeron. Partido no que penso que foron merecedoras da vitoria, traballando como sempre moi ben a nivel defensivo e no que os goles de María serviron para levarnos os tres puntos, diante dun bo equipo que sobre todo no seu campo é moi forte. Salientar o segundo gol de María, que si o chega a marcar calquera xogador de clase mundial estaría en tódalas televisións“.

UD Corcubión : Alexia, Elisa, Alexandra Lojo, Marta Lavandeira, Cris, Helena López, Elena Atán, Ana Sierra, Noa, Daniela e Paula Trinidad. Tamén xogaron : Carla, Claudia e Andrea.

EFC Camariñas “Juan Cabrejo” : Desiré (Karen), Laura Garrote, Rosana, Rocío, Uxía (Natty), María, Laura Pose, Nuria. Elena (Leti), Paula Mouzo (Lola) e Maira (Saray).

Goles : 0-1, María, (10´); 0-2, María, (79´).

Árbitro : Álex Areosa. Amonestou a Laura do Camariñas.

 

Próximos encontros

Ponteceso SD-UD Corcubión

EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”-Outes FC

 

******

 

O Mazaricos levouse os 3 puntos de Buño.

 

UD Cerqueda 0-3 CF Mazaricos

Dani García, (Adestrador do UD Cerqueda) : “O Mazaricos foi xusto vencedor do partido. Tuvemos o partido controlado sen ocasións ata o primeiro gol. A partir dese momento mostrouse o Mazaricos moi intenso, ordeado defensivamente, e contundente atrás.
Xusto vencedor e gran equipo”.

Juan Tuñas “Rachón”, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido no que nos costou entrar debido as dimensions do campo xa que estamos acostumbradas a xogar en campo moito mais pequeno. Con aire a favor tivemos o control de toda a primeira parte donde o cerqueda solo tivo un bo acercamento tras unha falta sacada e unha indecision da nosa defensa. Nos aproveitamos unha de Claudia de vaselina a porteira e unha xogada a balon parado de Buján. Si que perdonamos en exceso no balón parado xa que tivemos 2 moi claras para ir con mais ventaxa o descanso. Tras o paso polos vestiarios o guión foi o mesmo e tivemos o control do partido en todo momento. Mariña fixo o definitivo 3-0 e incluso puidemos meter algún máis pero a falta de acerto impediuno. Partido defensivamente serio pero con moitos aspectos a mellorar de cara a finalización en portería rival”.

 

UD Cerqueda.

 

UD Cerqueda :  Mariña, Jimena, Tania, Tatiana, Inés, Uxía, Vanesa, Raquel, Lorena, Irene e Sara. Tamén xogaron : Sonia e Carla.

CF Mazaricos :  Valeria, Silvia, Paula Maneiro, Mariña, Fátima, Buján, Antía, Leire, Claudia, María Senra e Ánxela. Tamén xogaron : Paula Rod., María Antelo, Iria Hermida, Raquel e Saray.

Goles : 1-0, Claudia, (25´); 0-2, Buján, (35´); 0-3, Mariña, (66´).

Árbitro : Óscar Rey. Amosou un cartón amarelo por equipo.

 

Próximo encontro

SD Dubra-UD Cerqueda

CF Mazaricos-CF Noia B

 

******

 

Outes FC 0-2 SD Dubra

Dani Salgueiro, (Adestrador do Outes FC) : “Empezou o partido e saimos moi fora de tono, costounos 15 minutos meternos o partido, e Sabela non perdonou eses descoidos, primeiro con un pouco de suerte tras a parada da nosa porteira Lia, que non puido evitar que entrara chorando o lado do poste. E o segundo gol con un man a man entre elas duas. A partir de aí collemos ritmo e paramos o ataque do dubra. Avanzaba asi o reloxo pero temos unha falta de gol, que non nos permite materializar as ocasions que si xeramos na segunda parte. Ademáis de que a defensa do Dubra, moi física, bloqueaba as carreiras das nosas dianteiras. Temos que seguir traballando en busca do gol para este domingo“.

Outes FC : Lía, Clauda, Alicia, Uxía, Natalia, Valeria, Sole, Carmen, Carla Vidal, Mirian e Molinos. Tamén xogaron : Lara, Xeila, Nati e Sofía.

AD Nicrariense : Luz María, Alicia, Sofía, Noa, Carla, Candela, Laura, Paula, Aldara, Myriam, e Mecía. Tamén xogaron : Aitana, Alexandra, Kayla, Daniela e Alba.

Goles : 0-1, Sabela, (1´); 0-2, Sabela, (12´).

Árbitro : Óscar Carou. Non amosou ningún cartón.

 

Próximo encontro

EFC Camariñas “Juan Cabrejo”-Outes FC

SD Dubra-UD Cerqueda

 

*****

 

SD Fisterra 1-7 CF Dumbría

Fran Pequeño, (Adestrador do SD Fisterra) : “Comentario en espera…“.

Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) : “Na primeira parte o partido non tería un clado dominador do xogo, con transicións muy rápidas, xogo trabado, respeto mutuo entre equipos que facía non asumir demasiados riesgos e buscar levar o balón o máis lonxe posible canto antes. Seríamos quen de adiantarnos tras unha boa xogada individual de Eva, na que a porteira pararía o primeiro man a man pero iria con todo o rechace e non perdonaría, pola nosa parte seguiríamos intentado chegar a área rival pero de forma pouco clara ou sendo pouco precisas nos metros finales a hora de centrar ou definir, mentras o fisterra intentaba meternos o medo no corpo con boas salida a contra e sacando bandas e saques de esquina peligrosos, no cal nun deles tras unha mala defensa das nosas porían o 1-1, si o partido estaba un pouco roto os seguintes minutos empezaron os nervios e a descontrolarse un pouco a nosa idea de xogo, ainda que conseguirón calmar a situación e sin facer o noso mellor fútbol facernos un pouco co dominio do balón, ainda que seguiamos inprecisas, o 1-2 poríamos tras unha xogada de pillería de Kelly deixando sola a María nun saque de banda rápido a cal ganaría línea de fondo e asistiría para que Eva nos adiantase antes do descanso.

Na segúnda parte tras pasar polo vestuario saldríamos coas ideas un pouco máis claras e conseguiríamos ter o dominio do balón e plantar a nosa idea de xogo, o cal sumado o cansancio das locales nos generaría os espacios necesarios para poder aumentar a ventaxa e facernos co partido, solventando ben en defensa as contras que seguía lanzando o equipo local incluso chegando a protestar un posible penalti co 1-3 no marcador. Seguímos con boas sensacións neste tramo final, darlle a noraboa o fisterra xa que o resultado non reflexa realmente o partido que fixeron sendo competitivas desde principio a fin”.

SD Fisterra : Lucía, Paula Liñeiro, Ana, Lidia, Tamara, Irene, Lucía Marcote, Aroa, Jimena, Xaina, e Andrea. Tamén xogaron : Antía, Jenifer, Rosa e Tati.

CF Dumbría : Lissette, Noa, Paula Carril, Lucía, María das Carisas, Claudia, Sabela, Yoli, María, Eva e Kelly. Tamén xogaron : Adriana, Icía, Juliette, Laura e Lara.

Goles : 1-0, Eva Lema, (10´); 1-1, Aroa, (17´); 1-2, Eva Lema, (34´); 1-3, Lucía, (52´); 1-4, Yoli, (70´); 1-5, Juliette, (76´); 1-6, Paula Carril, (83´de penalti); 1-7, Eva lema, (89´).

Árbitro : Iván Guerra. Non amosou ningún cartón.

 

Próximo encontro

CF Dumbría-Cabana SD

SD Fisterra : Descansa

 

******

 

Bo partido o que se puido ver na Arliña.

 

CF Muxía 4-2 AD Nicrariense

José Sar “Congui”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido contra Nicrariense no que na 1ª parte controlamos o partido e xa no minuto 14 marcamos o primeiro por medio de Pauliña, despois tivemos máis ocasións pero non querían entrar, e xusto antes do descanso Piroja marcaba o segundo. Na segunda metade a “pichichi”, Patri Romaní, facía o terceiro na nosa conta, pero a raiz de aí confiámonos moito e as nicrarienses fóronse achegando a nosa portería e facían o 3-1, no 70, e ó 3-2 no 80, para meter o medo no corpo. Pero no 85 volvía aparecer Patri para facer o definitivo, 4-2″.

CF Muxía : Sheila, Andrea Piroja, Marcela, Andrea Insua, Nuria, Sara Haz, Denise, Paula, Raquel, Nerea Pazos e Patri Romaní. Tamén xogaron : Claudia, Irene Alcaina, Xeila, Nerea Barrientos, Sara Domínguez.

AD Nicrariense : Luz, Alicia, Sofía, Aya, Carla, Candela, Laur, Aldara, Alba, Myryam e Mencia. Tamén xogaron : Aitana, Kayla e Xiana.

Goles : 1-0, Paula Rey, (14´); 2-0, Andrea Piroja, (44´); 3-0, Patri Romaní, (60´); 3-1, Xiana, (72´); 3-2, Aldara, (80´); 4-2, Patri Romaní, (85´).

Árbitro : Alberto Pombo. Non amosou cartóns.

 

Próximos encontros

Bergantiños FC B-CF Muxía

AD Nicrariense-Corme CF

 

Descansou : SD Fisterra

 

*****

 

-CLASIFICACIÓN-

*****

 

-Comentarios : Os adestradores

-Foto Mazaricos : Juan Tuñas “Rachón”

-Montaxe e texto : Xosé Búa “Pirata”

-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”

-Foto Cerqueda : Dani García

-Foto Cabana : José Manuel Vázquez

– Foto Muxía : Marina Busto

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies