Tan só o UC Cee foi quen de sumar un punto e fíxoo merecendo máis ante un Sporting Meicende que marca as posicións dos equipos que loitarán por permanencer na categoría. O Xallas caía ante o Atlético San Pedro e desaproveitaba unha boa ocasión para colarse nos postos que dan opción a seguir nesta liga. Arrebatoulle o Meicende co punto acadado en Ce e por golaveraxe. Pola sua banda o ED As Miúdas sufría unha dolorosa derrota no seu feudo.
Atlético San Pedro 2-0 Xallas FC
Rupper, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido moi trabado e con moitas perdidas na primeira metade onde foi moi dificil ter o dominio do xogo, pero o San Pedro estivo máis atinado e un pouco máis intensos sabendo o que se xogaban. O primeiro gol ven dunha perdida no medio campo xalleiro e que recibe a máxima goleadora da competición dentro da área e cun bo tiro cruzado bate a Rosio.
Na segunda metade buscamos facer daño o rival coa entrada de Michelle e xogamos con dúas puntas pero costounos a transición defensa ataque para chegar con máis soltura e vantaxe a portería rival. Nunha xogada de saque de curruncho facía o segundo gol o equipo local e fíxose costa arriba puntuar nesta ocasión”.
Xallas FC : Rosio; Carla, Saskia, Ali, Andrea Otero; María, Noelia, Andrea Barbeira; Olalla, Claudia e Paula Barcia.
Tamén xogaron: Michelle, Zaira, Inés, Laura e Daniela.
Goles : 1-0, Alba, (32´); 2-0, Alba, (64´).
Árbitro : Manuel Iglesias. Amonestou a Noe e Michelle polo Xallas.
ED As Miúdas 0-7 Cultural Maniños
Encontro sen historia o das de Ferrolterra que foron donas do encontro ante un Miúdas con moitas baixas. A primeira metade rematou co resultado de 0-5, para na segunda completar as visitantes a goleada.
ED as Miúdas : Adriana, Atenea, Elba, Alba, Leire, Ximena, Saray, Marta, Paula, Laura e Ana. Tamén xogaron : Pati, María e Adriana.
Goles : Cristina, Lorena, (4), Hortensia, e Nora.
Árbitro : José Ramón Fernández. Non amosou ningún cartón.
UC Cee 1-1 Sporting Meicende
O equipo ceense topouse cun deses días que non sae nada e se xa se adiantaban moi pronto as visitantes cun tanto de Sara aos 8 minutos de xogo, tiñan as de Rafa Suárez ocasións como para darlle a volta o marcador. A segunda metade foi dun corte similar e non foi ata os instantes finais cando lucía Martínez igualaba. Ata io pitido final buscaron o gol da vitoria pero unhas veces a porteira e outras a falla de definición acabaron nun inxusto empate.
UC Cee : Valeria, Lucía Rodríguez, Facal, Nerea, Laura, Sabela, Paula, Saray Duarte, Lucía Martínez, Nayara e Sharay. Tamén xogaron : Sieira e Antía.
Goles : 1-0, Sara, (8´); 1-1, Lucía Martínez, (90´).
Árbitro : Manuel Trillo. Amonestou as visitantes, Andrea e Nerea.
CLASIFICACIÓN
O empate do Meicende en Cee fai que o Xallas siga na loita polos postos de loita pola permanenza na categoría cos mesmos 42 punstos das meicendesas, que están dentro por golaveraxe. O UC Cee está a 5 puntos da loita pola permanenza con 37 puntos e o Miúdas continúa na penúltima posición.
-Foto arquivo : Final Copa da Costa
-Texto : Xosé Búa “Pirata”