CRÓNICAS 25ª XORNADA DA LIGA DA COSTA : “O EMPATE DO LIDER SÓ É APROVEITADO POLO MUXÍA ANTE A DERROTA DO CORME, E POR ABAIXO SÓ O VOLANTES SUMA DE 3”.

 

Aquí vos traemos unhas crónicas máis escuetas do normal, dado que esta semana por asuntos persoais a dinámica habitual vise tocada e non puidemos traérvolas o luns coma de costume. Analizamos, igualmente e da man dos adestradores os encontros que para nós tiveron maior relevancia na xornada, así como que xa vos traemos a previa da seguinte, que se xogará este sábado e Domingo.

O lider, San Lorenzo empataba en Cabana nun encontro que os cabaneses calificaron de moi polémico, xa que pediron nos primeiros coletazos do mesmo un penalti que debería conlevar expulsión, Noutra xogada pediron falta de derradeiro home que tiña que ser expulsión, e logo sufriron eles o mesmo no trasncurso do encpontro e si conlevou expulsión. O choque acabaría 3-3, cun penalti a favor do lider no derradeiro suspiro do mesmo. Pola sua banda o Corme que podía acercarse perigosamente o lider caía ante un Monte Louor, moi satisfeito do fútbol desenrolado ante os cormeláns, (4-1). O Muxía, terceiro, e agora segundo, xogaba un choque no que había as duas loitas, a do Corcubión por evitar o descenso, e a dos muxiáns, por todo en canto a parte alta. O tresultado final de 2-5 foi abultado en favor dos da Vila da Barca, pero o choque en si non foi para tanto, pois vise un choque moi igualado no que primou a igualdade no terreo de xogo. Se o Corcubión fallaba, o choque estela da poapa xogábano Cerqueda e Oza, cos cerquedeneses coa necesidade imperiosa de deixar o “Faroliño vermello”, pero nada, empate a ceros, nun choque non exento de polémica, e todo segue igual. Un punto máis preto do Corcubión, pero alonxábase o Volantes de Baño, que derrotaba o veciño Muros no derbi, (3-2), sendo o único que gañaba dos de abaixo, ainda que segue en posto de posible arrastre.

 

ENCONTROS DE MAIOR RELEVANCIA DA XORNADA 25ª

 

Cabana SD 3-3 SD San Lorenzo

José Manuel Vázquez, (Adestrador do Cabanas SD) : “Comenzóu o partido con moita presión dos dous equipos que non deixaban manobrar o contrario. Había moita disputa pero xogo pouco fluido. Os 15 minutos balón largo a Castro que levanta por encima do porteiro e este arrollao dentro da área. Debería ser penalti e expulsión que o árbitro non apreciou. Adiantábase o San Lorenzo por medio de Taibo o recolller un pase de Iván Rojo. Pronto empataba o Cabana por medio de Miguel. Despois Aarón poñía o 2-1 de penalti, cometido sobre Miguel. Protestas locais o entender que era vermello xa que o xogador do San Lorenzo agarrou a Miguel sendo o último home. Simón facía o 3-1. Acortaba distancias Carlos para o San Lorenzo cun acrobático remate. No minuto 70 producese a expulsión de Fernando por doble amarela, e a continuación Simon dispón dun man a man que para Benjamin e na contra Moreno faille falta a un xogador do San Lorenzo que encaraba a portería, e o colexiado sinala falta e expulsión por ser o último home. O Cabana con 9 defendiuse como puido, e un penalti sinalado por man de Javi facía que Iván Rojo empatara o partido. Ata o final acoso do San Lorenzo que tivo un último remate de Ivan Rojo que se foi fora, e un remate que sacou Víctor cunha gran parada…Xogaron : Víctor, Aarón, Sergio Ferreiro, Naka, Cristian (Javi), Fernando, Sergio Antelo, Moreno, Simón (David), Miguel (Pablo)”.

Dani Casal, (Adestrador do SD San Lorenzo) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 0-1, Taibo, (34´); 1-1, Miguel, (40´); 2-1, Aarón, (42´de penalti); 3-1, Simón, (52´); 3-2, Carlos, (58´); 3-3, Iván Rojo, (88´de penalti).

Incidencias : O árbitro do encontro Manuel Espasandín, expulsou con dorobre cartón a Nando, (51´e 72´), e con vermello direto a Diego Méndez, (72´), do Cabana, no que tamén amonestou a Diego Castro e Javier. No san Lorenzo amonestou a Eloy, Luciano, Jairo, Iván Rojo e Diego.

 

 

UD Monte Louro 4-1 Corme CF

David González “Bibi”, (Adestrador do UD Monte Louro) : “Bo partido do noso equipo en todalas liñas. Empezamos moi forte e xa nos adiantamos cun gol en propio meta deles.De aí o descanso o mellor deles foi o porteiro e só conseguiríamos marcar o segundo nun corner sacado por Iker que remataría Xian de cabeza. Na segunda parte seguíamos dominando pero nun erro cometemos un penalti, que metería o Corme no partido uns 10 minutos. Conseguimos marcar o terceiro nunha acción individual de Iker. E xa contra o final o cuarto por medio de Peski tras asistencia de Iker. Para acabar, esta é a liña que temos que seguir, e xogue quen xogue dan o callo, incluso hoxe cas baixas dos capitans e Abel Rey, o equipo compite e gaña. De feito nestes seis partidos que levamos sin perder nunca puidemos repetir un once. Creo que este e o camiño, e temos un moi bo grupo, diretiva e afición, e eso influe para ben no xogo e nos resultados”.

Ángel Pérez, (Adestrador do Corme CF) : “Saida complicada a nosa, non só polo rival que se xogaba moito sinón tamén por motivos extradeportivos, e sobre todo polas moitas baixas con que contábamos, (Samu, Eloy, Lucas, Aitor, Alejo, Laik), e cun Manu que xogou moi mermado por problemas físicos, e non quedou outra que tirar de xuvenís, que viñan doutro partido en Esteiro na tarde do sábado. E por si fora pouco, nada mais empezar o Louro poñeríase por díante no luminoso despois dun gol en propia meta, e a media hora nun despiste de marca conseguirían o 2-0 no marcador co cal chegaríamos o descanso. Segunda métade donde empezamos mellor, tendo 20 minutos con algo de dominio, ainda que sin crear ocasións claras de perigo, pronto conseguiríamos meternos no partido despois dun penalti por mans que transformaría Hugo. Pero de novo noutra contra do rival, colleríanos moi descolocados e farían o 3-1 que deixaba sentenciado o partido. Xa nos minutos finais meteríannos o cuarto gol sin tempo para máis. Resultado xusto e pensar xa no próximo partido intentar recuperar xogadores e levantar o ánimo dos rapaces que están a facer un traballo enorme, a pesar de que os últimos resultados non nos acompañen”.

Goles : 1-0, Gabriel, (2´ en propia porta); 2-0, Xian, (32´); 2-1, Hugo, (47´de penalti); 3-1, Iker, (67´); 4-1, Manuel, (69´).

 

 

 

UD Corcubión 2-5 Muxía CF

Nito Quintela, (Adestrador do UD Corcubión) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Diego Lobelos, (Adestrador do Muxía CF) : “Saíu ben o Corcubión, con moita intensidade, e os poucos minutos, Iago Lema abre o marcador definindo ben. Intentamos facer o noso fútbol pero non fomos capaces ata que co paso dos minutos atopámonos máis cómodos. Mauro fai un golazo en xogada individual, pero César Lojo de novo adianta os locais. Antes do descanso Manu Nogueirafai o empate dende os once metros. Tras o descanso, fomos claros dominadores, Joselu salvounos nunha clara de Iago Lema, e Manu volve a adiantarnos. Creamos moitas ocasións, e Fran Moreira fai o cuarto e o quinto”.

Goles : 1-0, Iago Lema, (5´); 1-1, Mauro, (16´); 2-1, César Lojo, (33´); 2-2, Manu Nogueira, (44´de penalti) ; 2-3, Manue Nogueira, (58´de penalti); 2-4, Fran Moreira, (64´); 2-5, Fran Moreira, (83´).

 

 

UD Cerqueda 0-0 SD Oza

Emilio Uzal, (Adestrador do UD Cerqueda) : “Hai un partido antes do minuto 35 e outro despois …Ata ó 35 o Cerqueda foi moi superior tendo ata 4 ocasións claras de gol. No minuto 35 o numero 14 deles propínalle un cobadazo a Atu e rompelle a naríz con toda a intención, e o árbitro non pita nin falta, ata que ve que Atu sangra abundantemente e simplemente saca tarxeta o infractor. A partir de aí o equipo equilibrado que tiñamos pasa a ser outro porque estamos moi xustos. Anulase un gol o Oza por fora de xogo, pero que xa pitara o árbitro con anterioridade. Na 2ª parte o Oza comeza a ter posesión pero só nos crea perigo con tiros desde fora, pero sen outras ocasións. No minuto 78 hai un penalti clarísimo a Manu Guillamet, que me recoñece o final o árbitro que podía haber pitado, pero que non o fixo. Pegamos un arreón o final e puidemos gañar con un par de tiros de Manu que saen desviados Creo que polas moitas ocasións que tivemos o principio, merecemos gañar a un equipo que está na nosa situación. Pero que che lesionen o teu mellor home, que eles non se queden con 10, e enriba che non piten un penalti de libro, e moito castigo”.

Miguel Sande, (Adestrador do SD Oza) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Goles : 0-0

 

 

PRÓXIMA XORNADA

 

-Fotos e Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso.

ACEPTAR
Aviso de cookies