Xornada antre lusco e fusco para os equipos costeiros, o Baio e o Soneira empataban no derbi costeiro, punto que ainda que sexa sumar válelles de pouco a ambos para o que loitan. Os baieses pola permanenza e están en posto de descenso, e aos vimianceses para a promoción da que quedan agora a 4 puntos. O Dumbría gañou con solvencia nun choque que arruinou os 4 expulsados que houbo, pero deixa aos dumbrieses as portas da promoción, cos mesmos 47 puntos que ten o CD Lalín, que marca o derradeiro chanzo promocionable. Cos mesmos puntos e detrás de Lalineses e dumbrieses está o Xallas, que empataba concretamente co lalín. Importante trunfo do Esteirana ante un rival direto pola salvación, e que alonxa aos das Salinas a 6 puntos do descenso direto, que marca o Baio. Brotes verdes no Mazaricos que deu unha boa imaxe ante o Flavia, segundo clasificado. Perdeu pola mínima, pero a imaxe dada da opcións ao optimismo. Os mazariquenses están por enriba do Baio, con 2 puntos máis, pero en posto de arrastre practicamente seguro.
Segundo nos vaian chegando os comentarios dos adestradores que faltan poñerémolos nas crónicas, polo que estas están sen pechar ata telos todos completados.
CD Lalín 2-2 Xallas FC
Adrián Vázquez, (Adestrador do Xallas FC) : “Partido que controlamos na primeira metade na que só nos crearon un par de situacións de perigo, unha dun erro en saida, e outra nun balón parado. Chegamos ao descanso sen pasar complicacións. Na segunda si que nun erra nunha saida de balón penalizáronnos co 1-0 e a partires de aí si que o partido se volve máis tolo, máis de ida e volta e conseguimos nun minuto darlle a volta o marcador. Contábamos logo con controlar máis o balón pero nun centro por banda métennos o 2-2 e os derradeiros 10 minutos puido pasar calquer cousas. Nos tivémolas e eles tamén, e para eles en especial un man a man que para ben Couto, e o final un punto. En resumen, primeira metade cómoda e segunda na que puido pasar calquer cousa. Estamos todos aí apretados arriba e a pensar no seguinte partido”.
Goles : 1-0, Casal, (57´); 1-1, Brais, (69´); 1-2, Stefan, (70´); 2-2, Borja, (79´).
Incidencias : No minuto 40 tivo que abandoar o terreo de xogo lesionado, o xogador do Xallas, Diego García, ao que desexamos unha pronta recuperación.
SCDR Esteirana 1-0
A Voz da Esteirana : “Monopolio da Esteirana todo encontro, con ocasións de todo tipo, incluso un penalti errado. Non se notou a importante baixa de Pachi. Rober anotou de penalti tras fallar un, mostrando moita personalidade. Numerosas chegadas pola banda dereita que faíia estragos a defensa do Silleda”.
Goles : 1-0, Rober “Pladur”, (57´de penalti).
Incidencias : Debutou na Esteirana o xuvenil, Brais, que segundo nos contand dende o clube esteirán fixo un gran encontro. O colexiado Rodrigo Nieto expulsou con vermello direto ao xogador do Silleda Pablo Fontao, (81´), estando no banco.
O Mazaricos plantoulle cara o Flavia.
CF Mazaricos 0-1 Flavia SD
Marcos Rodríguez, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido moi competido por ambos equipos. eles adiántanse moi rápido, a raiz dun saque de curruncho, no que nós non estamos moi atentod. Nós pouco despois co encontro igualado temos unha moi boa por parte de Pereiro que de feito cae co porteiro e nós creemos que é penalti, ademáis de ocasión clarísima de gol. O encontro sigueu sendo moi competido, e eles teñen unha ocasión moi boa, froito da calidade dos seus xogadores e Brais fai unha boa parada. Na segunda metade moito xogo direto e segundas xogadas e a verdade é que estábamos bastante ben e tivemos unha ocasión de Marcos e outra de Kevin. O final o resultado máis xusto sería un empate, ante un equipo que loita polo ascenso, e nada que ver co da semana pasada, demos moi boa imaxe e creo que así van a chegar os resultados”.
Goles : 0-1, David, (4´).
CD Baio 2-1 Soneira SD
Félix Raposo, (Adestrador do CD Baio) : “Partido onde o CD Baio na primeira parte puido sacar unha renta superior, cun órde defensivo e sen apenas conceder espacios o rival, pero faltou a definición no área rival. Segunda parte igualada e sen apenas transcurrir cousas importantes, gol do Soneira nunha acción aillada dentro de área, e sen oposición defensiva. Puido sentenciar MC no treito final nun man a man, pero non puido definir ante O porteiro rival”.
Pedro Gómez, (Adestrador do Soneira SD) : “Partido ante un Baio moi replegado que buscou en todo o momento o contraataque como arma. Cedeunos o balón e buscaban roubar para profundizar con MC e Manu Santiso. Na primeira metade non estivemos ben con e sen balón,con poucas ideas e pouca intensidade. Na segunda metade penso que fomos moi superiores, logramos empatar e dispuxemos de ocasións para levarnos o partido. Estivemos máis equilibrados e só concedemos unha ocasión moi clara na que MC se planta ante Javi e lle saca o disparo no man a man. Unha parte para cada equipo, e penso que por ocasións, resultado xusto”.
Goles : 1-0, Martín MC, (9´de penalti); 1-1, Adrián Lema, (58´).
CF Dumbría 3-0 SD Cruces
Pablo Conde, (Adestrador do CF Dumbría) : “Foi un partido no que empezamos ben, aínda que se puideron adiantar eles nunha contra. A media hora marcaba Xabi, pero 5 minutos despois quedábamos con 10 pola expulsión de Baba. A partir de aí non tiñamos o balón tanto cómo queríamos, pero non sufrimos moito. Mediada a segunda parte eles quedaron con 10 e 5 minutos despois expulsábanlle a outros 2 xogadores na mesma xogada. De aí ao final pouca historia, salvo 2 goles máis de Diego”.
Goles : 1-0, Xabier, (23´); 2-0, Diego Estévez, (69´); 3-0, Diego Estévez, (82´).
Incidencias : O colexiado do encontro Alejandro Luis Verissimo, expulsou con vermello direto o dumbries, Baba, (27´), e aos xogadores do Cruces, con dobre cartón, Brais, (52´e 73´), Moises, (64´e 66´), e con vermello direto, Xabier, 872´).
RESTO DE RESULTADOS
CF Vista Alegre 0-2 SD Tordoia
SD Negreira 4-0 SD Agolada
SR Calo 0-2 Puebla FC
Cidade de Ribeira FC 1-1 Cordeiro CF
CLASIFICACIÓN
Resultados de tódalas ligas da costa masculinas e femininas e ligas con equipos da costa : PREME AQUÍ.
Piratasdemuxia.es non se responsabiliza dos comentarios vertidos polos protagonistas, que són únicos, propios e intrasferentes. Só pedimos coherencia nos comentarios e corrección. Todos aqueles comentarios que nos cheguen con insultos non serán publicados. As críticas a terceiros, (árbitros, público, etc), só as emitiremos baixo a corrección e o respecto. As críticas sobre arbitraxes que poida haber, son propiedade do que as di, poois no mundo do fútbol en tódalas ligas, as críticas arbitrais son totalmente normais. Tamén queda aberta a nosa porta a todo aquel do colectivo arbitral que queira amosar a sua disconformidade con calquer comentario, no dereito a respota, así coma outra clase de persoas nomeadas, (delegados, adestradores, xogadores, aficións, etc…). Por último agradecer a tódolos que colaboran nestas crónicas, que son ás máis completas da nosa prensa deportiva, e que amosa dous puntos de vista sobre un mesmo encontro. Sen eles non sería posible…Gracias.
-Foto Mazaricos-Flavia : Jorge Villar “Gorrión”
-Foto e Texto : Xosé Búa “Pirata”/Adestradores