CRÓNICAS 25ª Xda DA PREFERENTE NORTE : “VITORIAS CON REMONTADA DO FISTERRA SOBRE O XALLAS, (3-2), E DO SOFÁN, (3-2), E DERROTA DO LARACHA NO DERBI NORTEÑO, (3-1), ANTE O ARTEIXO.

PREFERENTE NORTE

25ª Xornada

01/03/2020

(Equipos “Zona Pirata”)

Atlético Arteixo 3–1 Laracha CF

SD Fisterra 3–2 Xallas FC 

SD Sofán 3–2 SD Residencia

 

 

CRÓNICAS

SD Sofán 

 

SD SOFÁN  3-2 SD RESIDENCIA

Marco López, (2º Adestrador do SD Sofán) : “Tocou tarde de remontada no Carral. E son desas que gustan a afección. Nun mal partido dos dous equipos sobre todo na primeira parte, onde o centrocampismo e os balóns aéreos foron a tónica dominante dominante do primeiro tempo e onde apenas houbo achegamentos as áreas. As mais claras foron nunha acción de Fabián dentro da área onde se reclamou un posible penalti por mans dun rival, un gol anulado a Fita que toca en Raúl en posición de fora de xogo deste último e antes do descanso, no 44′ un balón en largo de Añón na que a defensa da Residencia se confia, Fabián rouba o balón e cede a Alexandre que non falla e bate por baixo a Diego Bravos. Gol dos chamados “psicolóxicos” antes do descanso e partido floxo. Pero na segunda parte os dous equipos animaronse mais e o Sofán intentou chegar a área rival co balón máis controlado e empezou a xerar mais ocasións, xa con Luis no campo e que surtiu de varios balóns con perigo sobre Raúl, Alexandre e Canedo. No 61′ unha boa prolongación de Raúl sobre Alexandre e este dispara fora. No 66′ intercambiaronse os papeis e Alexandre convirtese de novo asistente para que Raúl remate a gol e obligue a facer unha boa intervención a Diego Bravos cando xa se cantaba o segundo da tarde. Nese corner o que cabecea alto e Canedo. Pero a mala sorte encontrouna o Sofán nun salto entre Fabián e Becerra onde o peor parado e o defensa, que ten que sair momentaneamente do campo, situación que aproveitaria a Residencia para nun desaxuste defensivo dos locais poñer o empate no marcador Lucas no 70′ rematando a gol no segundo pau. E tres minutos mais tarde a Residencia daríalle a volta o marcador nunha boa definición de Veloso, que tras superar o seu marcador fai unha vaselina que supera a Brais e poñer o 1-2. O Sofán tiña 15 minutos por diante e necesitaba remontar. Alberto Rodriguez deu entrada a Martín e Paulo para ter mais referencias ofensivas e o interior tivo un par de boas ocasións, nun tiro que desvia o meta rival e nun remate de cabeza que sae alto. Foi no 83′ cando un bo centro de Luis cabeceao o fondo das mallas Raúl para poñer o empate. “Locura” no Carral e varios minutos para conseguir a remontada e así foi, porque no tempo de desconto e despois de varios corners, no último do partido pon o 3-2 Paulo logo dun bo remate ante o que nada pode facer Bravos e conseguindo a remontada cando o tempo esmorecia. Tres puntos sufridos e traballados dun equipo que mantivo a fé ata o derradeiro minuto”.

 

SD Sofán : Brais, Rubén, Becerra, Diego, Raúl Añón, Canedo, Juanjo, Fabian, Alexandre, Raúl, Parafita
Cambios: 60: Luis x Fita; 66: Paulo x Juanjo; 75: Martin x Rubén; 78: David Castro x Becerra

Goles : 1-0, Alexandre, (44´); 1-1, Lucas, (70´); 1-2, Jorge, (73´); 2-2, Raúl, (82´); 3-2, Paulo, (90´).

Árbitro : Daniel Rodríguez, con Óscar Martínez e Mario Sanin nas bandas.

 

Aarón López fixo o gol da vitoria fisterrana.

 

SD FISTERRA  3-2 XALLAS FC

Ángel López, (Adestrador do SD Fisterra) : “Partido moi difícil, contra un Xallas moi recuperado, con intensidade e gol. Na primeira parte a favor de vento, adiantámonos moi pronto, no minuto 5 cun tanto de Juan de Dora de cabeza. O Xallas no minuto 20 empatou, na única oportunidade que tivo. Makaay, en duas ocasións e Juan de Dora puideron marcar, pero o porteiro rival estivo moi acertado. A primeira parte estivo moi igualada, ainda que as ocasións foron nosas. O Xallas mostrou traballo e intensidade. Na segunda parte en contra do vento, fui un “toma e daca” constante de ambos equipos. Marcou no 60 o Xallas nun rexeite dunha falta. O partido non tiña dono, ata o minuto 71, donde Makaay empataba de tiro cruzado. Esto dounos enerxías, e cos trocos o equipo renovouse, e puidemos facer o 3-2, obra de Aarón con asistencia de Lobelos. Partido de poder a poder entre dous equipos moi bos e intensos. Seguimos aí arriba cunha xornada menos”.

David González, (Adestrador do Laracha CF) : “El Fisterra empezó mucho mejor, llegando mucho y creando peligro con Makaay y Juan como delanteros y Capelo en la mediapunta. Así empezó marcando de cabeza Juan de Dora. A partir del minuto 20 el Xallas se asentó, consiguiendo el empate e igualando poderes hasta el descanso. El 1-2 llegó tras un rechace de una falta y hasta el 2-2 del Fisterra eran los mejores momentos del Xallas, en los que no pasó ningún apuro. El final acabo siendo para el Fisterra, aunque el Xallas tuvo 2 ocasiones claras para poder empatar”.

SD Fisterra : Albor, Pablo, Aarón López, Adrián “Makaay”, Juan de Dora, Javier, Daniel Marcote, Jesús, Julián, Aarón Fernández, e Capelo. Tamén xogaron : Christopher, Lobelos, Pablo e Daniel Martínez.

Xallas FC : Álvaro, Crístian Caamaño, Jacobo, Santiago, Marcos Mouro, Adrián, Carlos Riero, Borja, Álex Blanco, Loic, e Marcos. Tamén xogaron :   Doro, Pablo Mato, Pablo Grille e Juan de Celia.

Goles : 1-0, Juan de Dora, (3´); 1-1, Carlos Riero, (16´); 1-2, Carlos Riero, (41´); 2-2, Adrián “Makaay”, (71´); 3-2, Aarón, (77´).

Árbitros : Gonzalo Belmonte con Ángel Acuña e Héctor Pérez nas bandas.

 

 

 

ATLÉTICO ARTEIXO 3-1 LARACHA CF

Héctor Pena, (Adestrador do Laracha CF) : “Encontro no que na primeira metade non estivemos nada ben e tivemos duas baixas en defensa de última hora e eles foron moi superiores. Tralo descanso axustamos catro cousiñas e estivemos máis centrados no partido e tivemos boas ocasións para meternos no partido e meterlles o medo no corpo, pero unhas veces o porteiro e outras nós memsos non conseguimos concretar. Derrota xusta e só queda seguir

Atlético Arteixo : Hevia, Isaac, Antonio, Rubén, Jesús, Taibo, Pablo, Rai, FranciscoSergio e Pablo. Tamén xogaron : Alejandro, David, Santiago, e Daniel.

Laracha CF : Gabriel, Álvaro, Héctor, Miguel, Pablo, Diego, Antonio, Alejandro, Andrés, Iago e Iván. Tamén xogaron : Oladapo, Denís e Diego.

Goles : 1-0, Sergio, (17´); 2-0, Jesús, (32´); 2-1, Antonio, (37´); 3-1, Jesús, (42´).

Árbitros : Gonzalo Belmonte con Ángel Acuña e Héctor Pérez nas bandas.

 

 

CLASIFICACIÓN

SD Fisterra : 2º con 51 puntos a 8 do lider Viveiro CF

Atlético Arteixo : 6º con 42

SD Sofán : 8º con 38

Xallas FC : 18º con 19

Laracha CF : 19 con 16

 

26ª Xornada

(Equipos “Zona Pirata”)

SD Sofán – Atlético Arteixo : 08/03 

Boimorto CF  – Laracha CF : 08/03 

SD Sarriana – SD Fisterra : 08/03  

Xallas FC – SDC Galicia de Mugardos : 08/03 

 

 

Darlle as gracias aos nosos colaboradores e adestradores pola sua colaboración na confección das crónicas, fotos, vídeos e todo que nos aportan en beneficio da información.

www.piratasdemuxia.es non se responsabiliza polas opinións vertidas polos colaboradores, sendo suas e intransferibles.

-Foto SD Sofán : Marco López
-Foto Aarón : Ángel López
-Texto : colaboradores/piratasdemuxia.es

++++

Informarche de que se nos estás seguindo polo móbil, que para ordenadores temos outro formato moito completo ca o que che pode ofrecer un móbil polas súas dimensións de pantalla.

Tamén informar que trocamos de email: admin@piratasdemuxia.es

Contrata a tua publicidade connosco e chegarás cada día a milleiros de persoas.