CRÓNICAS 25ª XDA DA 2ª GALEGA FEMININA G1 : “VITORIA DO XALLAS, EMPATE DO CEE E DERROTA DO MIÚDAS”.

O Miúdas plantoulle cara o Meicende a pesares da derrota.

 

Xallas FC 2-0 SD As Antas

Rupper, (Adestrador do Xallas FC) : “O Xallas femenino voltou a senda da victoria no municipal de Fontenla onde se escaparon poucos puntos. Adiantouse nos primeiros minutos o equipo local despois de comezar moi metidas en co dominio da pelota. Sería Andrea Otero á saída dun saque de curruncho quen nos puña por diante. O calor, a viaxe e as dimensións do noso terreo de xogo influenciaron a capacidade de reacción do equipo de Antas de Ulla que o intentouno antes do descanso pero atopouse cunha Rosio moi ben colocada e que non lles dou ningunha opcion. Na saída de vestiarios ós poucos minutos Claudia Facal faría o segundo da tarde nunha gran acción de Olalla que lle dou o gol en bandexa. Coa ventaxa no marcador e os cambios o ritmo decaeu pero non pasamos apuros e sumamos tres novos puntos, que llos dedicamos a nosa capi, Luchy que ven de pasar por quirófano e que a botamos de menos”.

Xallas FC : Rosio; Carla, Saskia, Ali, Andrea Otero; María, Noelia, Andrea Barbeira; Olalla, Claudia e Paula Barcia.
Tamén xogaron: Michelle, Zaira, Inés, Laura e Yaiza.

Goles : 1-0, Andrea, (4´); 2-0, Claudia, (47´).

Árbitro : Alejandro Tato. Expulsou a Eva do equipo visitante o 86 por segundo cartíon amarelo e amonestou a Inés das locais.

 

Sporting Meicende 4-0 ED As Miúdas

Aguantaron moi ben as muradanas ata pasada a hora de xogo cando se adiantaban as locais. Un segundo gol en 3 minutos xa decantou o choque no que prevaleceu a forma física das locais no treito final.

UC Cee : Sharay, Lucía Rodríguez, Lucía Facal, Nerea, Paula, Saray, Nayara, Lucía Martínez, Laura, Minerva, e Sabela. Tamén xogaron : Noemi e Lucía Sieira.

Goles : 1-0, Andrea, (65´); 2-0, Paula, (68´); 3-0, María Isabel, (79´); 4-0, Blanca, (89´).

Árbitro : JJ Gallardo. Amonestou polas muradanas a Leire.

 

UC Cee 1-3 Atlético San Pedro

Asiantábanse as locais nos primeiros minutos do encontro, resultado co que se chegaba ao descanso. Xa na segunda metade, pasada a hora de xogo, Paula Veiga facía o definitivo 1-1.

Seguimos a espera de algún colaborador/a para os comentarios do equipo ceense. 

UC Cee : Sharay, Lucía Rodríguez, Lucía Facal, Nerea, Paula, Saray, Nayara, Lucía Martínez, Laura, Minerva, e Sabela. Tamén xogaron : Noemi e Lucía Sieira.

Goles : 1-0, Elia, (12´); 1-1, Paula Veiga, (65´).

Árbitro : Manuel Jesús González. Amonestou a Paula e Nerea polas ceenses.

 

CLASIFICACIÓN

O Xallas mantén a 6ª praza con 42 puntos e sigue en posto de loita por non descender, con 1 puntos sobre o Meicende a 1 punto e 3 sobre o Brexo Lema, que son os que lle disputan esta praza. O Cee co punto desta xornada mantén a 10ª praza, con 36 a 6 da loita pola promoción de permanenza. O Miúdas continúa a penúltima praza con 10 puntos.

 

 

 

 

-Foto : Fran Figueroa

-Texto : Xosé Búa “Pirata”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies