CRÓNICAS 25ª XDA 3ª GALEGA FEMININA G2 : “CORME E DUMBRÍA SIGUEN O SEU PULSO POLO TÍTULO E O PONTECESO ASÉNTASE NO PODIO DA LIGA”.

 

Aquí tedes tódalas crónicas cos comentarios dos adestradores. De antemán agradecer a tódolos colaboradores as suas aportacións para facer estas crónicas tan extensas e con diferentes puntos de vista, así como a aportación de fotos para ilustrar os comentarios. Se falta algún comentario colgarémolo aquí cando nos chegue, polo que as crónicas non están pechadas ata ter todos.Si como nós decides algún/ha que o cabo de toda semana seguimos sen poñer algún comentario, é porque non nos foi enviado. 

 

-CRÓNICAS 25ª XORNADA-

Corme e Dumbría siguen o se pulso particular na loita polo título de liga coas cormelás no máis alto con 2 puntos sobre o Dumbría, pero cun encontro máis. Na loita pola outra praza que da opción o Play-Off o duelo estelar era o que enfrontaba ao Ponteceso e ao Muxía, encontro que caeu da banda das pontecesanas que aumentan a ventaxe na terceira posición. 

 

O Ponteceso ponse na promoción.

 

Ponteceso SD 3-1 CF Muxía

Marcos “Curro”, (Adestrador do Ponteceso SD) :Bo partido das de Ponteceso no Pinguel, tocaba un rival forte, o cuarto da liga, o Muxía. As locais dominaron o partido en todo momento e souberon frenar ben os perigos que ten o Muxía.Foi Claudia a que abriu o marcador no minuto 3. Oanes entrou na área para intentar anotar, o balón sería rexeitado pola porteira, que nada puido facer no segundo tiro de Claudia Pérez. Non pararon de loitar ningún dos dous equipos en ningún momento, nun partido onde tamén xogou a calor. Tiveron varias ocasións nas súas botas as de Curro durante a primeira parte pero tan só irían 1-0 ao descanso. Tras repoñer forzas, antes de chegar ao primer cuarto da segunda parte, Noemí aumentaría a distancia tras un fallo da defensa na saída de balón. Pouco duraría o 2-0, cando no minuto 58 Patri Romaní aproveita unha falta para colocar o balón na escadra dereita. Cerraría o partido a capitá do Puenteceso. Lara correu co balón nos pés pola banda para centrala e deixarlla a Claudia que cae tras un choque e Eva aproveita que o balón quedou pola área para facela súa e enchufala na portería. Unha victoria importante para as pontecesás que lles fai reafirmar a terceira praza. Para a semana toca derbi. Partido importante fronte o Corme, que actualmente vai primeiro e segue invicto.

José Sar “Congui”, (Adestrador do CF Muxía) : “Partido moi dificil na casa do Ponteceso, con moita calor, onde a primeira parte apenas houbo ocasións aparte do gol, e na 2ª parte subimos un pouco as liñas, pero o Ponteceso ten xogadoras moi rápidas nas bandas que nos empezaron a crear máis perigo. Nun erro noso na saída de balón aproveitaríano para marcar o 2-0, e  minutos despois nunha falta dende lonxe Patri faría outro golazo dos dela para meternos outra vez no partido, e seguimos ca misma dinámica no que quedaba de partido con varias ocasións para os dous, e xa no 85 co equipo volcado para buscar o gol do empate no rexeite dun corner fannos unha contra que acabaría no definitivo 3-1“.

 

De esquerda a dereita : Eva Carril, Óscar Santos e Patri Romaní.

 

Ponteceso SD : María, Noe (Laura R 73′) , Ainhoa, Myre, Berdeal, Eva, Muíño (Lucivili 90′) Andrea (Saray 90′), Noemí (Lara 73′), Oanes, Claudia. Tamén xogaron : Colores.

CF Muxía : Sheila, Andrea Dom., Paula Vilela, Marta Caamaño, Irene, Marcela, Andrea Insua, Patri Romaní, Denise, Nerea Barrientos e Raquel. Tamén xogaron : Paula Rey, Sara Haz, Nuria, Xeila.

Goles : 1-0, Claudia, (3´); 2-0, Noemi, (57´); 2-1, Patri Romaní, (58´); 3-1, Eva, (84´).

Árbitro : Óscar Santos. Amosoulle 4 amarelos as pontecesanas e un as muxianas.

 

Próximos encontros

Corme CF-Ponteceso SD

CF Muxía-AD Nicrariense

 

******

 

Bergantiños FC B 8-0 SD Fisterra

Nacho Boedo, (Adestrador do Bergantiños FC B) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Fran Pequeño, (Adestrador do SD Fisterra) : “Cando nos chegue o seu comentario poñerémolo aquí”.

Bergantiños FC B : Sofía; Aroa V, María, Amelia, Carla; Clara, Jimena; Erika; Antía, Arancha, Aroa G. Tamén xogaron : Ainhoa, Aïsha e Iria.

SD Fisterra : Lucia, Paula, Ana, Ludia, Tamara, Irene, Aroa, Jimena, Xaira, Rosa e Andrea. Tamén xogaron : Adela, Antía, Jenifer, Tatiana, e Marcote.

Goles : Arancha, (2), Erika, (2), Carla, (2), Aroa e Clara.

Árbitro : Tomás Garrido.Non amosou ningún cartón.

 

Próximos encontros

Cabana SD-Bergantiños FC B

SD Fisterra-CF Dumbría

 

******

 

UD Corcubión 0-1 Corme CF

Rubén Castillo, (Adestrador do UD Corcubión) : “Estase a facer larga a temporada, perdendo xogadoras en cada xornada por diferentes motivos. Aínda así penso que lle plantamos cara a un Corme que da gusto ver como intenta xogar combinado. Non llo puxemos facil, sobre todo na segunda parte onde tivemos máis ocasións, aínda que ningún equipo tivo moitas ocasións claras. O gol encaixado foi debido a un corner que tras varios rexeites non fomos capaces de defender, chegando a marcar gol en propia por mala fortuna. Aínda así merecida victoria do Corme as que lle desexo a maior das sortes e moi orgulloso do meu equipo de como está a competir a pesar de non sairnos as cousas”.

Rubén Souto, (Adestrador do Corme CF) : “Partido condicionado polo calor, atípico neste ano de vento e auga cada Domingo, un sol que penalizaria moito os dous equipos en canto o esforzo, entramos con moitas imprecisións que non nos permitían darlle fluidez o xogo hasta a parada de hidratación, a partir de ahí tuvemos moi bos minutos de xogo e control de partido. Salíamos do descanso coa intención de darlle continuidad a ese xogo pero non fomos capaces, Ainda así competimos ben como sempre facemos e fomos quen de facer bo o 0-1. +3 puntos, portería a cero e minutos para todas, así que moi contento co meu equipo, Ainda que sempre queremos máis!!.

Darlle a Noraboa o Corcubión polo temporadón que están facendo neste primer ano de Fútbol 11, que adaptarse o cambio nunca e fácil, e desde o Corme queremos desearlle Unha pronta recuperación a xogadora do Corcubión, María, queremoste ver SEMPRE no verde!!“.

UD Corcubión :  Alexia, Alexandra Loo, Marta Lavandeira, Carla, Cristina, Helena López, Paula Trinidad, Daniela, Noa, Elena Atán e Ana Sierra. Tamén xogaron : Elisa e Andrea.

Corme CF : Belén, Lucía, Laura (Aroa), Ana (Vero), Nerea (Candela), Olalla, Ana, Natalia, Cris (Aurora), Carla e María (Mónica)

Goles : 0-1, (35´en propia porta).

Árbitro : Luis Mourelle. Non amosou ningún cartón.

 

Próximos encontros

UD Corcubión-EF C. Camariñas “Juan Cabrejo”

Corme CF-Ponteceso SD

 

******

 

O Mazaricos que derrotou o Outes.

 

CF Mazaricos 3-0 Outes FC

Juan Tuñas “Rachón”, (Adestrador do CF Mazaricos) : “Partido moi malo o que fixemos frente o Outes e donde en ningún momento estivemos acertadas de cara a porta e comentendo moitos erros atrás. Empezabamos a primeira parte moi durmidas e con un partido con moi pouco ritmo pero en dous rexeites Claudia e Ánxela poñían terra de por medio. Na segunda parte máis do mesmo, imprecisións, pouco ritmo e sobre todo moi débiles nos balóns divididos. Chegaría o terceiro por medio de Mariña e de aí o final pouco que contar”.

Dani Salgueiros, (Adestrador do Outes FC) : “Empezamos o partido moi dormidas, intentando sen conseguilo establecernos ben no campo, non estabamos comodas e o mazaricos estaba mais do querido no noso campo. De todas formas ata o minuto 20 non houbo ocasions claras para ningun dos dous equipos. Chegou o gol en contra nun rexeite que lle cae no pe a rapaza do Mazaricos. Tras o paron de hidratacion, moi necesario, tiramos de coraxe e subimos un pouco as liñas, o que nos permiteu acadar algo de tranquilidade. E a o piques do descanso, outro rexeite con moi mala sorte, volve a poñernos outro gol en contra. Na segunda parte, houbo varios golpes que nos obrigou a cambiar en demais o debuxo, pero ainda asi puxemos unha mellor cara o partido. Ahora toca seguir traballando e ir a por todas o seguinte domingo”.

CF Mazaricos : Valeria, Silva, Paula Maneiro, Saray, Iria Buján, Raquel Antelo, Antía Lado, Claudia, Lúa, Anxela e Paula Rodríguez. Tamén xogaron : María, Leire, Iria Hermida, Mariña e Valeria Cerbán.

Outes FC : Uxía, Sheila, Erika, Míriam, Lía, Carla, Carmen, Paula, María, Valeria, e Natalia. Tamén xogaron : Lara, María Molinos, Natividad, María Romero e Sofía.

Goles : 1-0, Claudia, (23´); 2-0, Ánxela, (38´); 3-0, Mariña, (76´).

Árbitro : Manuel Trillo. Amosou un cartón amarelo por equipo.

 

Próximo encontro

UD Cerqueda-CF Mazaricos

Outes FC-SD Dubra

 

******

 

AD Nicrariense 1-0 Cabana SD

José Manuel Vázquez, (Adestrador do CF Dumbría) : “Partido no que os dous equipos se contrarrestaron e non dispuxeron de moitas ocasións de gol. Non oubo un dominador claro e as defensas estuveron por encima dos ataques. Resolviuse cunha indecisión das cabanesas que nunha xogada sin perigo deixaron que a dianteira do Negreira se anticipara e lle dera a victoria as locais. Ningún dos equipos fixo demasiados meritos e o empate parecia o máis xusto“.

Cabana SD : Miriam, Antia (Nuria), Sheila, Aroa, Valeria (Begoña), Inma, Alejandra (Aitana), Iria, Saray (Natalie), Irene, Adriana (Jessi Pose).

AD Nicrariense : Luz María, Alicia, Sofía, Noa, Carla, Candela, Laura, Paula, Aldara, Myriam, e Mecía. Tamén xogaron : Aitana, Alexandra, Kayla, Daniela e Alba.

Goles : 1-0, Myriam, (16´).

Árbitro : Andrés Ferro. Non amosou ningún cartón.

 

Próximo encontro

CF Muxía-AD Nicrariense

Cabana SD-Bergantiños FC B

 

*****

 

CF Dumbría 5-0 CF Noia B

Santi Cubelo, (Adestrador do CF Dumbría) :Estamos chegando a recta final con muy boas sensacions, recibiamos o Noia B no conco. O partido empezada sin un dominador claro, coas nosas intentando enviar balons demadiado directos, polo que nos era dificil finalizar as xogadas polo bo posicionamento da porteira visitante e o noia intentando combinar pero encontrandose coa nosa boa proposta defensiva, hasta que nunha boa xogada colectiva encontraríamos espacios por banda e tras un centro faríamos o 1-0 antes da pausa de hidratación, esto daríanos a tranquilidade necesaria para saber leer o partido e facernos ca posesión de balón logrando encontrar máis espacios e aumentar a ventaxa no marcador. Na segunda parte notaríase o cansancio en ambos equipos debido o sol matador que nos tocou sufrir, e seguiría o mismo guión do final da primeira parte. Bo partido de ambos equipos e seguimos con muy boas sensacións para afrontar o que queda de tempada“.

CF Dumbría :  Lissette, Noa, Paula Carril, Lucía, María, Sabela, Yoli, Eva Lema, Claudia, Paula Fandiño, Kelly. Tamén xogaron : Laura Montero, Juliette, Serena, Lara e Reyes.

Goles : 1-0, Eva Lema, (22´); 2-0, Claudia, (30´); 3-0, Eva Lema, (32´); 4-0, Paula Fandiño, (34´); 5-0, Claudia, (47´).

Árbitro : Carlos Señarís. Non amosou ningún cartón.

 

Próximo encontro

SD Fisterra-CF Dumbría

CF Noia B : Descansa

 

******

 

EF C. Camariñas “Juan Cabrejo” 8-0 SD Dubra

Juan Cabrejo, (Adestrador do EF Concello de Camariñas) : “Partido moi completo o que fixemos tanto en ataque como en defensa, no que desde o pitido inicial fomos en busca do gol que chegaría moi pronto e que nos dou seguridade para controlar o partido por completo de principio a fin, onde se puideron ver auténticos golazos. Moi contento pola aportación de todas que estàn a demostrar unha mellora espectacular”.

EF C de Camariñas “Juan Cabrejo” : Desiré; Laura Garrote, Rosana, Rocío, (Ana Pana), Uxía, (Daniela), Laura Pose, Nuria, María, Elena, (Ainoa), Maira, (Saray), e Paula (Lara).

Goles : Paula (3), María, (de penalti), Elena, Nuria, Maura, e Saray.

Árbitro : Óscar Rey. Non amosou cartóns.

 

Próximos encontros

UD Corcubión-EF C de Camariñas “Juan Cabrejo”

Outes FC-SD Dubra

 

Descansou : UD Cerqueda

 

*****

 

-CLASIFICACIÓN-

*****

 

-Comentarios : Os adestradores

-Foto Mazaricos : Juan Tuñas “Rachón”

-Foto Muxía, montaxes e texto : Xosé Búa “Pirata”

-Fotos Ponteceso : Marcos “Curro”

Utilizamos cookies propias e de terceiros para o correcto funcionamiento da web. Se continúa navegando, acepta o seu uso. Pode obter máis información AQUI

ACEPTAR
Aviso de cookies